Documentos do centro e impresos do Alumnado
Documentos do Centro
Preme nos diferentes textos para acceder ás informacións ou servizos.
Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023
O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.
Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.
O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.
A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.
Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.
Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.
Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html
A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.
Axudas para a adquisición de material escolar
Foi publicada a convocatoria para a solicitude de axudas públicas para a adquisición de material escolar.
O prazo para a presentación remata o mércores 22 de xuño de 2021.
No caso do alumnado que repita 4º de ESO poderá ser presentada a solicitude no prazo de 1 mes dende a formalización da matrícula.
O alumnado que se incorpore ao centro docente procedente de fóra de Galiciaou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Tamén se poden presentar presencialmente no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para máis información, ver documento anexo.
Alumnado admitido para o curso 2021/22
Transcorrido o prazo marcado ao efecto, informamos que todas as solicitudes de admisión para o próximo ano académico 2021/2022, tanto para cursar ESO como Bacharelato, foron admitidas
Alumnado admitido para o curso 2021/2022
Todas as solicitudes de admisión para o próximo ano académico 2021/2022 presentadas neste centro, tanto para cursar ESO como Bacharelato, están admitidas provisionalmente.
O 14 de maio publicarase a lista definitiva de alumnado admitido.
Aberto o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2022/2023
No vindeiro martes, día 1 de marzo, ábrese o prazo para solicitar a admisión do novo alumnado para o próximo curso.
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de marzo e remata o 21 de marzo.
Queda ao dispor das persoas interesadas o modelo de solicitude de admisión e mais as instrucións (ver anexos).
Plan de Continxencia do IES Francisco Aguiar
Poñemos ao dispor da comunidade educativa o noso Plan de Continxencia (ver anexo), onde se establecen as medidas en caso de suspensión da actividade lectiva, as medidas para facer efectivo o ensino a distancia e os supostos de reactivación da actividade lectiva presencial, de conformidade coas instrucións da autoridade sanitaria.
ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS COVID-19
Ciclo Superior de Xestión de Vendas e Espazos Comerciais
Educación Plástica e Visual
Tecnoloxía
- Programación 1º ESO
- Tecnoloxía 2º e 3º ESO
- Tecnoloxía Industrial 1º e 2º Bac
- TIC 4º ESO, 1º e 2º Bac
Transporte Escolar. Autorización especial para uso de transporte e rutas.
Solicitude de autorización especial para o alumnado da ESO que desexa empregar o transporte escolar cando a distancia entre o domicilio familiar e o IES sexa maior de 1 Km e menor de 2 Km e para alumnado de BAC.
Rutas para o Transporte escolar
