Os nosos blogs
Blogues activos
Noticias da historia |
El oso de las cañerías |
Tics Aguiar |
![]() |
![]() |
![]() |
Blogue dos alumnos de 2º de Bacharelato. | BLOG DE PRENSA ESCUELA DE LOS ALUMNOS Y ALUMNAS DE 1º DE ESO | Blogue dos alumnos de Tics de 1º de Bacharelato |
Larpeirando palabras |
El pupitre rojo |
|
![]() |
![]() |
|
Blogue colaborativo de 1º da ESO temática poesía galega. |
Blogue de lingua castelá dos alumnos de 1º e 2º de ESO |
Crónica "cega" do día dos namorados no Aguiar

ROMANCE DE CEGO
Eu sonlles un pobre cego
que perdín a miña vista,
mais manteño o meu enxeño
que permite a miña vida.
Veñan señores e escoiten,
farei que lles entren ganas;
que eu sei os cantos mellores,
e as historias máis estrañas.
O día dos namorados
moitas cartas se mandaron
a rapaces e rapazas,
na biblioteca acabaron.
Todos coma tolos ían
correndo a buscar as súas
para ver cantas persoas
lles deixaran a eles unha.
Algúns recolleron moitas,
outros poucas cartas tiñan,
a un neno que eu ben coñezo
non houbo quen lle escribira.
Coa vergonza que lle deu
correndo fuxiu axiña,
non volveron velo máis
ata á hora da saída.
Aos amigos comentaba
que iso todo eran parvadas,
que el era moito máis listo,
non quería trapalladas.
Todos che saben ben que iso
é porque ninguén o quere,
pois se non é bon amigo
ben pouco amor nos merece.
Pouco a pouco vou chegando
ao final deste cantar
feito polo voso cego
que xa vos ten que deixar.
Paula Sánchez Regueiro, Nº 26, 1º C
Do noso blog "Larpeirando Palabras. Blog de Aula de literatura e Lingua galega"
¿Chove?. Larpeirando palabras o blogue cooperativo de Galego
Así ven os nosos compañeiros/as de Galego a actualidade climatolóxica destes días no seu blogue, "Larpeirando palabras"
É inevitable, temos que falar da chuvia, porque mira que chove...En todos os lugares, a todas horas, con quen sexa... sae o tema...porque mira que chove...
Si, xa sabedes que temos moito léxico chuviñento, pero nesta necesidade sociolóxica de comentar este fenómeno meteorolóxico pode pasar que non atopemos a palabra axeitada, esa que nos di como foi a chuvia ese día. E é neste contexto de melancolía chuviñenta que nos chega unha entrada do blogue de Román Landín que fala, como non, da chuvia. Porque mira que chove...
Ollade o vídeo non vaia ser que quededes sen palabras...
BLOG DE PRENSA ESCUELA DOS ALUMNOS DE 2º BAC
"Noticias da Historia" é un blogue dos alumnos de 2º de Bacharelato.
