Meteoescolas

Obradoiro de Iniciación á Astronomía

23/01/2024
Etc/GMT+1

O pasado 23 de xaneiro tivo lugar o Obradoiro de Iniciación á Astronomía, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas.

O alumnado recibiu unha charla acerca da evolución do concepto de gravidade ao longo da historia e dos principais movementos da Terra, aclarando cales causan as estacións e por que estas dependen do hemisferio no que se estea. Ademais, traballáronse nocións básicas de orientación, constelacións, eclipses e mitoloxía.

Non se puido levar a cabo a observación posterior ao non se teren dado as condicións meteorolóxicas adecuadas.

METEOESCOLAS: CLIMOGRAMAS


O alumnado de 1ºESO fixo os climogramas asociados ás recollidas de datos feitas na estación meteorolóxica do centro, dende o 6 de febreiro ó 19 de marzo. Os climogramas recollen os datos semanais das precipitacións, das temperatúras máximas e mínimas de cada día de cada unha das semanas das que se recolleron os datos.


A continuación podemos ver tres exemplos dos climogramas feitos polo alumnado.

 

METEOESCOLAS: PAPAVENTOS



O alumnado de proxecto competencial está a indagar sobre a construción dos papaventos. Como resultado do seu proxecto, fixeron os seguintes podcast na radio do IES Francisco Aguiar onde poñen en relación a construción dos papaventos e a meteoroloxía, e que podemos escoitar a continuación: 


Podcast 1: https://www.ivoox.com/cometas-audios-mp3_rf_110306535_1.html

O alumnado de 3ºESO ofrécevos unha alternativa para esta finde... voar un papaventos. Pero como se manteñen no aire?
Eles explícannolo.



Podcast 2: https://www.ivoox.com/segundo-podcast-sobre-cometas-audios-mp3_rf_110306762_1.html

Despois de teren traballado todo o curso cos papaventos chegou o momento, temos que voalas... pero onde?
O alumnado de 1ºB fixo ese traballo de investigación por vos.

 

Podcast 3: https://www.ivoox.com/cometas-3-audios-mp3_rf_110306931_1.html

Os nosos compañeiros/as de 1A tentaron saír a volar os seus papaventos feitos en proxecto competencial.
Ainda que tiñan o lugar, grazas ao noso segundo podcast sucedeu o inimaxinable...
As condicións metereolóxicas non nos acompañaron. Isto fíxolles reflexionar sobre o tempo e as catástrofes que este provoca co que decidiron facer este último podcast.

The weather in As Mariñas


The Wheather in As mariñas: esta actividade foi realizada por alumnado de 1°ESO na materia de Inglés.

Aproveitando a introdución do futuro will/won't característico, entre outras cousas, das prediccións, e o vocabulario relacionado co tempo (weather), realizamos por grupos unha investigación do tempo na comarca de As Mariñas.

Primeiro adicámonos a coñecer os diferentes concellos pertencentes a dita comarca e a investigar sobre as temperaturas medias, as precipitacións, etc.

Unha vez tivemos esta información puxémonos a sintentizar a información e a elaborar os posters.

 

Visita ao BAM de Betanzos

 

Os grupos de 2º ESO participaron da actividade “Achegámonos ó BAM” os días 24 de abril, 8 de maio, 15 de maio e 30 de maio dentro das actividades do proxecto Meteoescolas e coordinada xunto co Equipo de Dinamización da Lingua Galega. As saídas consistiron nunha visita guiada por Ángel Arcay, director da Biblioteca, Arquivo e Museo de Betanzos. Xa na saída o guía fíxonos entrega dun documento onde se podía observar fotos antigas de Betanzos, que fumos comparando coa actualidade, e onde tamén se podía observar os relieves do calendario medieval que están esculpidos nun capitel da Iglesia de Santa María do Azogue, que pasamos a visitar. Alí o guía fíxonos coñecer os distintos meses alí representados, así como os distintos motivos e a importancia do mesmo.

De seguido subimos á praza da Constitución onde observamos a torre do Concello, que se atopa pegada á Igrexa de Santiago, e onde observamos as indiciacións dos  Catro Ventos que nela se atopan e que nos dan unha idea da importancia que tiña a meteoroloxía na época da súa construción.

Seguimos o roteiro, e na Praza dos Irmáns García Naveira vimos o indicador da altura á que se atopa Betanzos, para a continuación achegarnos ás instalación da Biblioteca, Arquivo e Museo de Betanzos, onde puidemos observar as súas instalacións e adentrarnos no museo. Alí puidemos observar documentos do betanceiro Francisco Javier Martínez Santiso (1868 - 1934), onde recollía datos das mareas, eclipses, dos reloxos da época… E o guía fíxonos saber da importancia que ten para os estudos actuáis de meteoroloxía os datos recollidos por Francisco Javier naquela época. 

A visita rematou coa volta para o instituto. 

 

 

  

 

 

Actividade de Meteoescolas . 2º ESO A

O alumnado de 2°ESO A fixo unha tarefa de búsqueda de información sobre magnitudes relacionadas coa Meteoroloxía. O resultado final foi a creación de carteis informativos de Meteoescolas que están colgados no corredor da entrada do IES Francisco Aguiar. 

 

 

 

Roteiro Literario por Guitiriz (2)

25/05/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de E2B/C visita hoxe Guitiriz, onde realizará un roteiro literario.

Visita ao BAM de Betanzos (Biblioteca, Arquivo e Museo) - 4

30/05/2023 10:35
30/05/2023 12:15
Etc/GMT+2

O grupo de 2D visita a Biblioteca, o Arquivo e o Museo das marñas, nunha actividade conxunta de dinamización e meteoescolas.

Visita ao BAM de Betanzos (Biblioteca, Arquivo e Museo) - 3

15/05/2023 10:35
15/05/2023 12:15
Etc/GMT+2

O grupo de 2C visita a Biblioteca, o Arquivo e o Museo das marñas, nunha actividade conxunta de dinamización e meteoescolas.

Visita ao BAM de Betanzos (Biblioteca, Arquivo, Museo) - 2

08/05/2023 09:30
08/05/2023 11:25
Etc/GMT+2

O grupo de 2B visita a Biblioteca, o Arquivo e o Museo das marñas, nunha actividade conxunta de dinamización e meteoescolas.

Distribuir contido