Inglés

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2023-24_Dpto. Inglés

 

 

1º ESO

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BAC

2º BAC

Ing

Ing

Ing

Ing

Ing

Ing

Sentences from a Book

Rematado o prazo de presentación, estes son os mellores traballos do alumnado de 2º da ESO.

Clica na imaxe para acceder ao álbum

Recordamos que debían escoller unha frase dun libro en inglés, facer un debuxo alusivo e incluír un código QR que dirixise a unha música inspirada en todo o anterior.

Parabéns aos seleccionados! Os gañadores (e os premios) coñeceranse na Festa de Nadal.

Digital Week

12/11/2023
18/11/2023
Etc/GMT+1

Vintecinco alumnos de 2º da ESO participan na Digital Week, unha iniciativa da consellería na que, durante unha semana, gozarán de actividades relacionadas co mundo dixital nunha contorna de inmersión en inglés.

Viaxe cultural a Londres

27/09/2023
02/10/2023
Etc/GMT+1

Viaxe cultural na que alumnado de 4º da ESO visitou os lugares máis emblemáticos de Londres: British Museum, Covent Garden, King’s Cross, Camdem Town, Mamma Mia!, Westminster Abbey, London Eye, Globe Theatre, St. Paul’s Cathedral, National Gallery, Buckingham Palace, Science Museum, Natural History Museum, Hyde Park, Harrods, Oxford Street, Greenwich…

Tamén houbo tempo de percorrer brevemente Oxford: Oxford Museum, Bodleian Library…

Proxecto eTwinning

 

Dez estudantes de 3º da ESO do IES Francisco Aguiar participaron ao longo deste curso, e xunto con outros 118 rapaces e rapazas de Alemaña, Turquía e España (Andalucía), nun proxecto europeo eTwinning chamado “A Collection of Short Stories in English”.


Dirixidos pola súa profesora de inglés, Laura Rodríguez Manso, escribiron pequenos contos en inglés de xeito colaborativo en grupos mixtos internacionais.


O resultado foron 21 historias que foron publicadas nun eBook As tres mellores, votadas por todo o profesorado participante, tamén se poden desfrutar en audio.

 

Teatro en inglés.

O martes 21, alumnado de 2º da ESO, 4º da ESO e 1º do Ciclo Superior asistiron a unha representación de teatro en inglés por parte da compañía Moving On. A participación do alumnado foi moi importante e descubríronse grandes futuros e futuras artistas!

Teatro en inglés

21/03/2023 09:30
21/03/2023 12:15
Etc/GMT+2

O Departamento de Inglés trae ao centro un espectáculo teatral en inglés, programado para os niveis de 2º de ESO e 4º de ESO.

Saint Valentine's Cards

English project. Saint Valentine’s Postcards.

 

2nd ESO students created postcards for Saint Valentine's Day. They chose a love song and created a QR code for them.

English project.

International Women's Day challenge

Ao longo desta semana o alumnado de 1º de ESO aprendeu, na materia de Inglés, sobre a historia do 8M: Día Internacional das Mulleres, a igualdade, e a equidade de xénero. Por iso, decidimos participar no reto deste ano 2023 proposto pola comunidade de International Women's Day.

 

 

 

 

Cine en inglés, no teatro Alfonsetti

20/12/2022 07:00
20/12/2022 10:00
Etc/GMT+2

Os grupos de 3° e 4° de ESO asisten ao teatro Alfonsetti para ver unha película en inglés. 

Distribuir contido