Inglés
Premios para un fin de trimestre.
Co remate de trimestre, e no festival que se celebrará no Salón de Actos do noso instituto o xoves 21 de decembro, entréganse tamén varios premios.
É a pequena recompensa polo traballo creativo ou investigador realiazo polo alumnado no primeiro trimestre.
Xa demos conta dos premios relativos aos "haikus contra a violencia de xénero"(enlace) e a Carta a un maltratador(enlace). Hoxe recibirán o merecido galardón
Tamén terán a súa recompensa no citado festival
- Nerea Viqueira Pena. Como gañadora do concurso de Ciencia na biblioteca do mes de novembro recibirá como premio unha película de tema científico.
- Asemade farase entrega dos premios aos Christmas Cards gañadores:
- 1º premio para Tomás Mahía Vázquez ("from Betanzos to the world... merry Christmas")
- 2º premio para Alba Roca Maceira ( flores de papel de nadal)
- 3º Premio para Etienne Sánchez Porta ( co seu reno cantor)
Portadas. 2º ESO. Curso 2015-2016
Con moito retraso... Vai esta reportaxe sobre o estupendo labor dos alumnos e alumnas de Teresa Herguedas(curso 2015-2016) decorando, con moito sentido, as súas libretas de traballo de inglés
Segundo día...still alive!
Trafalgar Square
St Peter & St Paul
Un "lixeiro" refrixerio para seguir camiñando.
Xa en Londres. O primeiro día dos nosos enviados
Chegada e primeira noite sen ningún percance. Agardamos máis noticias e máis imaxes
Viaxe de estudos London 2017
Londres, coa súa sociedade multicultural, o tipismo e encanto de mercados como o de Candem ou as vistas dende o "Eye";
as visitas á Tate ,o British ou a National Gallery;
a asistencia a unha obra de teatro ( este ano Rei Lear) no mesmo teatro de Shakespeare....
e unha convivencia que inclúe unhas risas en Trafalgar Square,
un anaquiño en Picadilly e unhas fotos no London Bridge,
ou o gusto de pasar de hemisferio cun só paso en Greenwich.
Un ano máis no Aguiar a Sección Bilingüe de matemáticas e o Departamento de Inglés ofrecen ao noso alumnado de 4º da ESO a posibilidade de realizar unha, máis que proveitosa, viaxe de estudos. Un ano máis que agradecer ao profesorado que a organiza e préstase viaxar co alumnado, neste caso Cheché Varela, Chus Suárez e Elvira Charlín.
Entre o 5 e o 11 deste mes de outubro o Aguiar conta con embaixadores de nivel na capital do Imperio Británico.
Viaxes de estudos a París e Londres
Na derradeira semana diste trimestre(1-7 abril, 2017) máis de 100 dos nosos alumnos e alumnas atópanse embarcados en senllas viaxes culturais promocionados polos Departamentos de Francés e Inglés.
O alumnado de 3º da ESO ( cunha pequena representación de 4º) viaxan cara a París cun programa que inclúe polo camiño outras visitas interesantes ( véxase neste enlace o plan de viaxe): Bourdeaux, la duna de Pilat, un percorrido pola historia de Francia en París, Eurodisney.... Guiados e dirixidos polas profesoras Beatriz Vázquez Agilda, Melanie Pintos e Carmen Suárez Moledo.
O alumnado de 4º da ESO, acompañado polas profesoras Chus Suárez, Mª José Pereira, Elvira Charlín e Amparo Mejuto, cursan visita á cidade de Londres. Todo un clásico nas viaxes culturais do Aguiar que inclúe: o London Eye, The Globe Theatre, Picadilly, Camden, British Museum, National Gallery e Victoria&Albert, entre outros.
Agardamos poder dar conta dos pormenores distas viaxes, se os nosos reporteiros cumplen o seu compromiso.
Charlas sobre cultura inglesa
Grazas á colaboración dunha coñecida empresa de libros de texto e coa xestión dos profesores do Departamento de lingua Inglesa, o vindeiro mércores 8 de febreiro terá lugar no Salón de Actos do instituto unha serie de tres charlas sobre cultura inglesa.
Ocasión inmellorable para que os nosos alumnos de 3º e 4º poidan prácticar a lingua e coñecer dun xeito divertido curiosidades dista cultura.
ESO3º A,B,C................................ 1ªh
ESO 4ºC, D(16 alumnos)3º D........ 2ªh
ESO4ºA,B, D (9 alumnos).............. 3ª h
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
