Consello Escolar

PROCLAMACIÓN DOS CANDIDATOS AO CONSELLO ESCOLAR

16/11/2021 19:11
Europe/Andorra

 


 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 16 DE NOVEMBRO DE 2021

 

    Sendo as 18.15 horas do 16 de novembre de 2021, reúnese a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. A orde do día foi a seguinte:

 

  1. Constitucións das distintas mesas para o día da elección de representantes ao Consello Escolar.

  2. Proclamación dos candidatos.

  3. Rogos e preguntas.

 

    Tras o anuncio dos membros de cada mesa e o sorteo das mesas de representantes de alumnos, e titores legais, nais e pais, proclámanse aos seguintes candidatos:

 

 

Titores, nais, pais

 

Bordón Bárquez, Anabelle

Núñez Otero, Mª Belén

Vázquez Gómez, Patricia

Conchado Castro, Noelia

Souto Seijo, Mónica

Personal de administración e servizos

 

Yáñez Villaverde, José Luis

Profesorado

 

Alonso Álvarez, Alba

Dapena Puentes, Patricia

Lorenzo González, Mª del Mar

Pardo Fandiño, Mª José

Castro Otero, Mª Elvira

López Igrexas, Macías

Neira Fernández, Juan

Alumnado

 

Caamaño Seijo, Julia

Côrrea, Sofía María

Faraldo Núñez, Alfredo

García Gómez, Carmen

Pena Sabín, Diego

Pinzón Burgos, Juan Diego

Valeiro García, Xoel

Campos Cupeiro, Rodrigo

Dans Pena, María

Feal Souto, Inés

García Regueiro, Aida

Pena Vázquez, Artai

Román Vara, Aldara

 

 

Resulta desestimada a candidatura dunha alumna, pois sendoentregada na secretaría do IES hoxe, martes 16 de novembro, foi presentada fóra de prazo.

 

   Pablo Gilsanz Pérez          José Luis Yáñez Villaverde          Xosé Manuel Montero Gómez          Xesús Fraga Sánchez          Francisco Rodríguez Coloma

 

En Betanzos a 16 de novembro de 2021

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL E CALENDARIO ELECTORAL

05/11/2021 15:31
Europe/Andorra

 

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 5 DE NOVEMBRO DE 2021 

 

   Ás 11:30 horas do 5 de novembro de 2021, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día: 

  1. Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. 
  2. Aprobación dos censos electorais. 
  3. Aprobación do calendario electoral. 
  4. Rogos e preguntas. 

   Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:

  • Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores. 
  • Aprobar o seguinte calendario electoral:

Prazo de presentación de candidaturas: Do 8 ao 15 de novembro, ambos incluidos. [Nesta entrada están os modelos para a presentación das candidaturas ben na secretaría do IES ou ben vía correo electrónico solictando rexistro de entrada]

Proclamación provisional de candidaturas: 16 de novembro.
Prazo de reclamacións: 17 - 18 de novembro.
Proclamación definitiva de candidaturas: 19 de novembro 
Votación alumnado: 23 de novembro 
Votación profesorado: 23 de novembro [apertura de mesa:10:20 / peche da mesa: 11:30]
Votación pais/nais: 23 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
Votación do PAS: 23 de novembro de 16:30 ás 18:30 
Proclamación de candidatos electos: 29 de novemembro
 
 
Pablo Gilsanz Pérez [representante do alumnado]
José Luis Yáñez Villaverde [representante do PAS]
 
Xosé Manuel Montero Gómez [representante do profesorado]
 
Xesús Fraga Sánchez [representante de nais, pais, titopres legais]
 
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]
 
 
En Betanzos a 05 de novembro de 2021

ACTA DO SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

04/11/2021 15:46
Europe/Andorra

 

 



 

ACTA DO SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

   Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o xoves día 4 de novembro ás 11:45 horas, coa presenza de Rosalía Fraga Barral (en representación dos alumnos), Jessica Álvarez Caamaño (en representación do persoal de administración e servizos) e Jorge Blanco Aller (en representación do profesorado), celebrouse, mediante o emprego dunha aplicación informática, o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado: 

 

REPRESENTANTES DO ALUMNADO: 

 

Pablo Gilsanz Pérez [Titular], 

Daniel Sánchez Gómez [Suplente] 

 

REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS: 

Xesús Fraga Sánchez [Titular], 

Francisco Manuel Barallobre García [Suplente] 

 

REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: 

José Luis Yáñez Villaverde [Titular], 

Manuela Lourido Formoso [Suplente] 

 

REPRESENTANTES DO PROFESORADO: 

Ana Vicos Lemos [Titular], 

José Manuel Montero Gómez [Suplente] 

  

   Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de un representante do alumnado, tres representantes do profesorado, un representante de pais ou nais e un representante do persoal de administración e servizos, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes. 

Francisco Rodríguez Coloma 
Director do IES Francisco Aguiar

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

03/11/2021 10:07
Europe/Andorra

 

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

   A publicación da Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021], determina que neste mes de novembro serán convocadas eleccións para a renovación do Consello Escolar. 

    No IES Francisco Aguiar corresponde renovar, por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes, as seguintes vacantes: 

  1. Cinco representantes do profesorado. 
  2. Unha alumna ou alumno.
  3. Un representante de nais, pais ou titores legais.
  4. Un representante do persoal de administración e servizos.
   Mañá xoves 4 de novembro, no salón de actos, ás 11:45 horas, terá lugar o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral. 
   Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, aprobar os censos e o calendario electoral. 
   Ao devandito sorteo poderá asistir calquera persoa da comunidade educativa (tras expresar ese desexo vía correo electrónico ao centro), que se celebrará ante a presenza das seguintes persoas: o director, a secretaria do instituto (presidente e secretario do proceso), un membro do profesorado, e dous membros do alumnado. 
   Para determinar titular e suplente de cada un dos estamentos que conforman a comunidade educativa, será empregada unha aplicación informática que proxectará nos canóns do salón os números atribuídos a cada persoa. 
   Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario do procedemento nunha reunión que terá lugar no despacho de Dirección o venres 5 de novembro de 2021. 
 
Francisco Rodríguez Coloma 
Director do IES Francisco Aguiar

...................

  REPRESENTANTES DO PROFESORADO:

 

ELVIRA CASTRO OTERO

 

JULIÁN FERRER GARCÍA

 

MIGUEL OROSA  GARCÍA

 

JUAN MANUEL NEIRA FERNÁNDEZ

 

ANA VICOS LEMOS

  

  REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS DO ALUMNADO:

 

PATRICIA VÁZQUEZ GÓMEZ

MARÍA CORTÉS CABEZA

 

 

  REPRESENTANTE DA ANPA:

 

JOSÉ ÁNGEL VEIGA DOPICO

 

  REPRESENTANTE DO CONCELLO:

 

DIEGO FERNÁNDEZ LÓPEZ

  

REPRESENTANTES DO ALUMNADO:

 

SIRA BOUZAS BAUTISTA

 

DANIEL FRAGA COUCEIRO

 

ROSALÍA FRAGA BARRAL

 

 

  REPRESENTANTE DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS:

 

 

Distribuir contido