Chegou aos nosos oídos

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: Xesús Fraga, comisario da exposición «As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido».

20/11/2023 21:01
Europe/Andorra
   Mañá martes 21 de novembro será inaugurada no Kiosco Alfonso da Coruña a mostra As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido
   A exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG), coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, conta co escritor e xornalista Xesús Fraga como comisario deste proxecto, que relata, a través de obxectos e outros documentos, as historias dos seus protagonistas.
   O Montserrat e o seu xemelgo Begoña foron dous barcos da compañía transatlántica que fixeron as travesías entre Galicia e o Reino Unido. Entre 1960 e 1974 viaxaron, seguindo este traxecto, uns 240.000 galegos e galegas. 
 
   O primeiro dos barcos dálle nome á exposición, que traza, desde outro punto de vista, un dos fluxos migratorios menos visibilizados da emigración galega. 
   Fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, e outros materiais, permiten  contar as peripecias vitais dos viaxeiros que arribaron, as veces en travesías de ida e volta, en portos galegos e británicos.
   É a memoria emocional de varias xeracións que cambiaron o rumbo das súas vidas e, con elas, tamén o do seu país. 
 
   A mostra estará aberta ata o día 14 de xaneiro.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: Samuel Román Vara, Director de fotografía e de postproducción de Toxos

14/07/2023 09:53
Europe/Andorra

O noso exalumno Samuel Román Vara forma parte do equipo técnico (director de fotografía e posproducción que está a rodar a curtametraxe Toxos, "un versión gallega actualizada de Los cinco", dirixido por Jaqueline Reimúndez Rey. 

 

 Rocío Ramos, La Voz de Galicia, 13 de julio de 2023.

Parabéns, Samuel!

MELLORES EXPEDIENTES USC 2023

02/07/2023 12:18
Europe/Andorra

Sete alumnos do IES Francisco Aguiar, por ter obtido unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU, mereceron a consideración de Mellores Expedientes USC

Manuela Grela López, Sara Simoes Filgueiras, Jaime Carro Figueroa, Daniel Pérez Rey, Inés Ulloa Rilo, Roberto Gestal Sanmartín e Cristina Vázquez Varela. Manuela, procedente del IES de Viós, estudiará enfermería; Sara, que cursou ESO no CPI Castro Baxoi, Matemáticas; Jaime, ADE; Daniel, procedente do CPI Cruz do Sar, Biotecnoloxía; Inés, Enfermería; Roberto, Relaciones Internacionais e Economía; e Cristina, que cursou secundaria no CPI Virxe da Cela, Informática.

Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: o éxito deportivo de Sara García, María Lata e Sabela Rivera

20/06/2023 11:05
Europe/Andorra
María Lata Cagiao, Sabela Rivera González, Sara García García, alumnas de 4º ESO, posan no despacho de dirección coas medallas obtidas na categoría Mujer Cadete K4 500 na Copa de España Jóvenes Promesas Cadete celebrada no Embalse de Pontillón de Castro o 22 e 23 de abril.
Na foto inferior aparecen xunto á súa compañeira Aroa Rodríguez Ferreiro.
Parabéns ao Club Ría de Betanzos e a estas magníficas deportistas.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Alumnas de 4º D, campioas de España en K-4

 

Soubemos que varias das nosas alumnas de 4ºD quedaron campioas de España en K-4 hai unhas semanas.

 

Estamos moi orgullosas de vós, rapazas!!

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Lucía Mosquera Suárez, Premiada doblemente no Facom Fest

19/12/2022 11:39
Europe/Andorra

 

 

 

   Chegou aos nosos oídos que a nosa [ex] alumna Lucía Mosquera Suárez ven de merecer o Premio á mellor obra de non ficción e a Mención a mellor dirección no Facom Fest pola película documental Onde fomos xuntas, traballo de fin de grao de Lucía e a súa compañeira Marta Alborés Prejigueiro. 

   Onde fomos xuntas consegue transmitir ao espectador un relato sobre a sensibilidade das persoas que pertencen á xeneración destas novas creadoras: as expectativas, a comprensión do mundo, os diferentes medos, aspiracións e visións da vida deste grupo nado a cabalo entre o século XX e o XXI. 

   Cinco capítulos para compoñer, a modo de colaxe, un díario íntimo, mediante a xustaposición de vivencias concretas, caracterizan esta obra na que destaca a experimentación visual, patente na súa montaxe.

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores».

15/11/2022 20:07
Europe/Andorra

 

 

JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores», AGAL, Santiago, 2022, 112 páxinas.

Esta semana recibimos con xúbilo a visita de Javier Vázquez Costa, [ex] alumno do noso IES, que veu a agasallar á nosa biblioteca cun exemplar do seu primeiro libro. 

 

A súa titora do Traballo de Fin de Master, Teresa Moure, ante a excelencia do texto de Javier, Graduado en Ciencias Políticas pola USC, recomendou á editorial a publicación deste ensaio subtitulado As masculinidades nos videojogos.

Dúas observacións finais: 

Primeira: nestes momentos Javier está a traballar na empresa NorQuality no Departamento adicado ao deseño de plans de igualdade.

Segunda: a adicatoria (Para el IES Francisco Aguiar por enseñarme tantas cosas permitirme conocer a compas y profes increíbles y por ser la inagotable fuente de sueños y fantasías de tanta gente), non foi obtida a punta de pistola.

Parabéns, Javier!

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Raquel Vázquez obtivo unha Beca Leonardo

27/10/2022 13:02
Europe/Andorra

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Raquel Vázquez obtivo unha Beca Leonardo

A nosa [ex] Raquel Vázquez foi seleccionada na categoría de Creación Literaria y Artes escénicas co proxecto narrativo titulado Esta vida iba a ser otra

Nesta categoría de Creación Literaria coincide con outras autoras e autores emerxentes como Noemí Sabugal, Sabina Urraca, María do Cebreiro, Lucía Carballal, Estefanía de la Chica ou Manuel Astur González-Álvarez.

As Becas Leonardo a Investigadores y Creadores Culturales de la convocatoria de 2022, teñen unha dotación global de 2.200.000 euros. Na ligazón pódese ver a composición dos distintos xurados e os beneficiciarios: Ciencias Básicas; Matemáticas; Biología y Biomedicina; Ciencias del Medio Ambiente y de la Tierra; Ingenierías y Tecnologías de la Información; Economía, Ciencias Sociales y Jurídicas; Humanidades; Música y Ópera; Creación Literaria y Artes Escénicas.

Parabéns...

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS (E ÁS NOSAS PANTALLAS): Alberto Fraga na sala de interrogatorios

17/10/2022 16:18
Europe/Andorra


O noso ex alumno Alberto Fraga, no capítulo 5 (Pretéritos imperfectos) da terceira tempada de Desaparecidos, interpreta a un mimo que recupera unha voz, ben nítida, na sala de interrogatorios: Alberto confesa que el limítase a informar; que el nunca «le dio el palo a nadie». 

 
Damos fe de que Alberto está a dicir a verdade e sentimos moita satisfacción por ver como, nese mundo tan difícil, vai sumando participacións en proxectos audivisuais (Vivir sin permisoSerramoura, A Estiba...) cada vez máis importantes para unha traxectoria, a súa, ascendente.




 

 

MELLORES EXPEDIENTES USC: Brais Cano Fariñas, Daniela Marcos Otero e Sofía Veiga García

01/07/2022 16:57
Europe/Andorra
Os alumnos de 2º BAC, Daniela Marcos Otero, Brais Cano Fariñas e Sofía Veiga García veñen de recibir o recoñecemento de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU. 
Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e, por que non decilo, para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato: Daniela e Brais, no CPI Cruz do Sar de Bergondo, e Sofía, no IES Francisco Aguiar.
 
Brais desexa estudar Enxeñaría Aeronáutica e do espazo en Ourense.
Daniela, Traducción e Interpretación na Universidade de Salamanca. E a Sofía a esperan na UDC para cursar un doble grao: Simultaneidad: Grado en Inglés y Grado en Español. 
Parabéns para todos eles e o noso desexo de que consigan os mellores logros nos seus estudos universitarios que comezarán o próximo curso.
Distribuir contido