ANPA

Contacto e Inscripción Curso 2023-2024

Contacta coa Anpa:

Facebook: Anpa "o Carregal"- ies Francisco Aguiar 

Teléfono: 604039867 (Preferiblemente Whatsapp)

E-mail: info@anpaocarregal.org 

Web: anpaocarregal.org

COMO SER SOCIA DA ANPA O CARREGAL

•Atoparás a ficha de inscrición no seguinte enlace Asóciate | Anpa O Carregal (wixsite.com)
Debes cubrila na propia pantalla. 
• A cota anual por familia é de 12 euros.
Existe a opción de cota reducida de 6 euros, se a túa familia tamén é socia da Anpa Brigantium durante o curso 2023-24. Neste caso, debes achegar os xustificantes de pago de ambas Anpas. 
• O número de conta da Anpa O Carregal en Abanca é ES78 2080 3101 0430 4005 3602
Recomendámosche que fagas o pago por transferencia ou en efectivo a través do caixeiro para evitar que o banco che cobre comisión. 
• Unha vez cuberta a ficha de inscripción e feito o pago, tes que enviarnos ambas cousas ó correo electrónico info@anpaocarregal.org 
• O prazo para facerse socia da Anpa O Carregal, remata o 30 de outubro. 
IMPORTANTE: Se queres participar no noso Banco de libros para o próximo curso, é imprescindible que a túa familia fose socia dunha Anpa este curso 2022/23 e formalizar a inscripción como socia da nosa Anpa, antes do 9 de xullo
 
Cartel Anpa

 

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023

O sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.



Convocatoria de AXUDAS municipais para a adquisición de equipos informáticos

 

 

O Concello de Betanzos ofrece unha liña de axudas para alumnos/as empadronadas na localidade para a adquisición de equipos informáticos.

O prazo de presentación é de 30 días hábiles a contar desde o día da publicación da axuda (6 de setembro de 2021).

Para descargar a solicitude, premer aquí.

Axudas para a adquisición de material escolar

Foi publicada a convocatoria para a solicitude de axudas públicas para a adquisición de material escolar.

O prazo para a presentación remata o mércores 22 de xuño de 2021.

No caso do alumnado que repita 4º de ESO poderá ser presentada a solicitude no prazo de 1 mes dende a formalización da matrícula.

O alumnado que se incorpore ao centro docente procedente de fóra de Galiciaou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Tamén se poden presentar presencialmente no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para máis información, ver documento anexo.

 

Convenio ANPAS y ACEBE CCA

Se a túa familia é socia da Anpa O Carregal, poderás disfrutar de descontos nalgúns comercios de Betanzos. 
Consulta o listado de comercios e os descontos que ofrecen, no enlace da foto do convenio firmado entre Acebe e as Anpas de Betanzos.

Distribuir contido