Bioloxía e Xeoloxía
"SON AGUIAR" Hoxe no recreo falamos de... ECOLOXÍA con Celtia
13 de febreiro. Celebramos.... o DÍA DA RADIO.
Que mellor maneira que botando de novo a andar a nosa radio, "SON AGUIAR" !!
Para este retorno radiofónico contamos con tres
espilidas
esperanzadoras
especiais
espumantes
reporteiras:
emma,sofia,paula
Lorena Boquete, científica - Semana da Muller e a Nena na Ciencia
Enviado por carlos o Xov, 11/02/2021 - 13:30Onte mércores, día 10 de febreiro, a científica Lorena Boquete falou ao alumnado do noso centro sobre a "Tecnoloxía CRISPR".
Lorena Boquete é unha investigadora galega en cancro no proxecto Astra - Zeneca do Laboratorio de Bioloxía Molecular asociado á Universidade de Cambridge.
Charlas na Semana da Muller e a Nena na Ciencia
O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, e concretamente a profesora María Jesús Santamariña, está a organizar unha serie de charlas telemáticas sobre ciencia que teñen como obxectivo espertar vocacións científicas nas nenas e rapazas do noso instituto.
Entre o 10 e o 18 de febreiro celebraremos, pois, a "Semana da Muller e a Ciencia", co fin de promover a cultura científica en feminino e dar recoñecemento ao traballo de mozas científicas galegas, que están a realizar brillantes investigacións no campo das Ciencias Biomédicas e as Ciencias Sociais.
Clase práctica de Anatomía. Disección dunha pata de polo
O alumnado de Anatomía de 1º de Bach atreveuse coa disección dunha pata de polo nas súas casas, levando así á práctica a teoría vista na aula.
Aquí tedes o vídeo feito por Lourdes Nieto Mantiñán, no que se identifican perfectamente os diferentes tecidos que compoñen a patiña do polo.
Noraboa polo traballo feito a toda a clase!
CLUB DE CIENCIAS NOVEMBRO 2020
Enviado por FRC o Lun, 30/11/2020 - 11:24CLUB DE CIENCIAS
XOVES 26 DE NOVEMBRO
Descubrindo un mundo invisible
Laboratorio de Bioloxía Xeoloxía
16:30
Aforo limitado condicionado polo protocolo
Club de Ciencia Aguiar de Outubro. As cores do Outono.
Enviado por Pitusa o Xov, 24/10/2019 - 13:58Estrenamos este curso o 'Club de Ciencia Aguiar' facendo experiencias de cromatografía cas follas que caen dos árbores en outono.
O alumnado con intrépidas/os científicas/os extraeu os pigmentos que tinxen as árbores e o chan da paleta de cores otoñal.
Organizou o obradoiro o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía con Laura Álvarez, Miguel Orosa e Chus Santamariña.
Galería fotográfica do club de ciencia de marzo 'Somos o que comemos'
Enviado por Anónimo o Ven, 12/04/2019 - 17:51