*

IES Francisco Aguiar

IES Francisco Aguiar curso 2022-23

Teléfono: 881 960 165

Correo: ies.francisco.aguiar@edu.xunta.gal

 

 

bibliotecas escolares libros de texto calendario escolar sixa familias sixa profesorado xade orientacion
portal educativo sem correo edixgal aula virtual agueiro galeria fotografica web antiga

 

RECEPCIÓN FAMILIAS CURSO 23-24

 

 

CALENDARIO SOLIDARIO 2024

22/09/2023 14:49
Europe/Andorra

 

 

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, por cuarto ano consecutivo, o concurso artístico-literario que permitirá a edición do Calendario Aguiar. 

 

Todos os alumnos que desexen participar, farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. 

As ilustracións deberán adoptar unha disposición horizontal. 

Acompañará á ilustración unha frase curta en galego, referida ao mes elexido. Esa frase, irá no reverso da lámina ou nun papel anexo. 

Os traballos, orixinais, serán entregados aos profesores de Educación Plástica e Visual ou na Secretaría.

A data límite será será o venres 27 de outubro.

Os doce mellores traballos conformarán o calendario Aguiar para o próximo 2024.

 

 


 


 

 

Eco-regata 23

O sábado 16 de setembro, alumnado de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2° BAC participaron na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma.

Álbum: Sen categoría -> Eco-regata 23

Surf en Bastiagueiro

O alumnado de 4º da ESO estreou as actividades complementarias deste curso cunha saída á praia de Bastiagueiro martes, 19 de setembro. A actividade principal foi a iniciación ao surf, unha experiencia única para todo o alumnado participante, que puido gozar dun día solleiro cunhas ondas ideais para comezar a mergullarse neste deporte tan de moda.

Damos as grazas á escola "After Surf" por todos os bos consellos que nos deron ao longo da mañá.

Máis fotos no Instagram e no Facebook do instituto!

XOVES 21/09/2023: REUNIÓN COS FAMILIARES DO ALUMNADO DE 1º DE ESO, 1º E 2º DE BAC

18/09/2023 16:40
Europe/Andorra

Este próximo luns 25 de setembro será a xornada de acollida ás familas dos grupos de 2º, 3º e 4º de ESO nestas secuencias horarias:

17:30h - 2º ESO
18:00h - 3º ESO
19:00h - 4º ESO

 

Á recepción do equipo directivo no salón de actos do centro, sucederá a reunión cos/as respectivos/as titores/as na aula de referencia do/a seu/súa fillo/a, na que aproveitarán para lles facilitar as claves SIXA Familias ao alumnado novo no centro.

HORA DE LER

15/09/2023 16:53
Europe/Andorra

 

 

Basta pechar os ollos

para que o ulido do iodo e das algas

rolde o nariz.

Aínda recorda a bronceada pel o tacto da area,

pero outros tempos,

 

os da nostalxia?,

 

son chegados...

 

 

COMEZO DAS CLASES

09/09/2023 09:57
Europe/Andorra

 

 

 

Luns 11 de setembro, ás 8:45h.
 
ALUMNADO DE 1º DE ESO
 
   O alumnado de 1º ESO achegarase directamente á súa aula onde, durante o primeiro período de clase, o/a titor/a tratará temas máis concretos para a posta en marcha do curso. Durante o resto da xornada, cumprirase con normalidade o horario lectivo. 
 
RESTO DOS NIVEIS ESO, BACHARELATO E CICLO SUPERIOR 
 
 
 
   O alumnado de 2º ESO, 3º ESO, 4º da ESO e de 1º BAC, 2º BAC e Ciclo Superior deberá estar no punto de encontro que lles corresponda, segundo se especifica a continuación. Alí serán chamados por orde de lista polo seu titor ou titora, que acompañará o grupo á súa aula e realizará a presentación. Durante o resto da xornada, cumprirase con normalidade o horario lectivo

OFICINA PRESENCIAL NO MES DE AGOSTO

31/07/2023 11:54
Europe/Andorra

 


 

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: Samuel Román Vara, Director de fotografía e de postproducción de Toxos

14/07/2023 08:53
Europe/Andorra

O noso exalumno Samuel Román Vara forma parte do equipo técnico (director de fotografía e posproducción que está a rodar a curtametraxe Toxos, "un versión gallega actualizada de Los cinco", dirixido por Jaqueline Reimúndez Rey. 

 

 Rocío Ramos, La Voz de Galicia, 13 de julio de 2023.

Parabéns, Samuel!

Distribuir contido