25N - Aguiar en negro 2023

25/11/2023
Etc/GMT+1

O venres, alumnado e profesorado do noso centro vestiu de negro para amosar a súa repulsa ante a violencia contra a muller.

Traballemos xuntas por un entorno onde todas poidamos vivir libres de violencias machistas!

 

 Máis fotos pinchando na imaxe

 

Campionato Intercomarcal de Cross escolar en Monfero

O IES Francisco Aguiar presentou equipo feminino e masculino en categoría cadete (2009-2010). Ambos os dous equipos clasificáronse para a fase provincial, que se disputará en Noia no mes de marzo. Os vencedores da proba foron Xiana Seijo e Ángel López. Parabéns!!

 

@Xogade

Pinchade na foto para ver máis fotografías do evento!

Resumo 2ª reunión Andorra

Achegamos información sobre a 2ª reunión da viaxe á neve a Andorra prevista para xaneiro de 2024 para todos aqueles que non puideron asistir (pinchando na imaxe, accédese á presentación).

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: Xesús Fraga, comisario da exposición «As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido».

20/11/2023 21:01
Europe/Andorra
   Mañá martes 21 de novembro será inaugurada no Kiosco Alfonso da Coruña a mostra As xeracións do Monserrat. Memoria emocional da emigración galega ao Reino Unido
   A exposición, organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG), coa colaboración do Concello da Coruña e da Xunta de Galicia, conta co escritor e xornalista Xesús Fraga como comisario deste proxecto, que relata, a través de obxectos e outros documentos, as historias dos seus protagonistas.
   O Montserrat e o seu xemelgo Begoña foron dous barcos da compañía transatlántica que fixeron as travesías entre Galicia e o Reino Unido. Entre 1960 e 1974 viaxaron, seguindo este traxecto, uns 240.000 galegos e galegas. 
 
   O primeiro dos barcos dálle nome á exposición, que traza, desde outro punto de vista, un dos fluxos migratorios menos visibilizados da emigración galega. 
   Fotografías, filmacións, documentos e obxectos náuticos e cotiáns, e outros materiais, permiten  contar as peripecias vitais dos viaxeiros que arribaron, as veces en travesías de ida e volta, en portos galegos e británicos.
   É a memoria emocional de varias xeracións que cambiaron o rumbo das súas vidas e, con elas, tamén o do seu país. 
 
   A mostra estará aberta ata o día 14 de xaneiro.

HORA DE LER #DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

17/11/2023 18:59
Europe/Andorra
 
   O 25 de novembro de 1960 Rafael Leónidas Trujillo, ordenou o cruel asasinato de Minerva, Patria e María Teresa Mirabal, opositoras ao réxime do dictador da República Dominicana. 
   Desde 1981 en moitos países de Latinoamérica elexiron o 25 de novembro para conmemorar o día contra a violencia de xénero. Posteriormente, xa en 1999, a ONU declarou o 25 de novembro Día Internacional para a Eliminación a Violencia contra a Muller, en memoria das irmás Mirabal.
   Entre as nosas suxestións de lectura, unha selección de microrelatos e textos de María Larrea, María Reimóndez, Berta Dávila, Juan Bonilla, Raúl Ariza, María Xosé Queizán e Paula Carballeira.
   

DESCUBRIMOS O MUNDO EMPRESARIAL: VISITA DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS A DA VEIGA (Chantada)

Unha xornada moi enriquecedora na que tivemos a ocasión de mergullarnos no mundo empresarial a través da visita a Da Veiga, que ofreceu ó alumnado dos Ciclos de Comercio e Marketing unha visión integral do proceso produtivo da compañía e unha inmersión nos fundamentos nos que se basea o seu éxito.

Xosé Lois Llamazares, Coordinador Xeral de Da Veiga, revelounos os elementos esenciais na creación da empresa e a misión e valores que a impulsan, destacando o compromiso coa contorna, a  sostenibilidade e a innovación. Ademais, achegounos información técnica dos seus desafíos e logros mais recentes.

Posteriormente realizamos un pormenorizado detallado polas instalacións, onde observamos cada fase do proceso produtivo, destacando os rigorosos estándares de calidade e a eficiencia na produción.
Con esta experiencia Da Veiga amósasenos como un exemplo inspirador de éxito empresarial que motiva ó alumnado a traballar pola excelencia nas súas futuras carreiras profesionais.

Día internacional da filosofía.


(Pincha na imaxe para acceder á galería)

O día 16 de novembro celebramos o Día Internacional da Filosofía reinterpretando o "Símil da caverna" de Platón.

 

 

ENCONTRO CON BRAIS LAMELA

16/11/2023 10:43
Europe/Andorra

 

 

 

 

 


 

O próximo mércores 22 de novembro gozaremos coa visita de Brais Lamela ao noso IES. 

Falará coas lectoras e os lectores do Club de Lectura de Adultos sobre a súa magnífica ópera prima.

Ninguén queda mereceu o Premio da Crítica 2023. 

Publicada por Euseino en xuño de 2022, ante a demanda dos lectores, non deixa de ser reimpresa: en setembro alcanzou a novena edición, un fito para calquera libro publicado en España, canto máis para un libro publicado en Galicia. 

Xa foi traduciada ao catalán e tamén ao español (cuatro lunas).

2ª Reunión Viaxe a Andorra

21/11/2023 17:15
Etc/GMT+1

 

Unha vez recibidas todas as solicitudes de participación na viaxe á neve (Andorra) de alumnado de 3º da ESO, convócase aos proxenitores a unha segunda reunión para revisar a información e aclarar dúbidas.

 

 

HORA DE LER #DÍA DAS LIBRARÍAS

12/11/2023 19:53
Europe/Andorra

 

Esta é a ilustración coa que a artista peruana Issa Watanabe homenaxeou as librarías o pasado sábado 11.

 

Os camiñantes do seu magnífico (e multipremiado) álbum ilustrado Migrantes (Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2019), atoparon un momento na súa peregrinación para ler. 

Non podemos descartar que non estean a ler fábulas: esas historias breves protagonizadas por animais das que se desprenden ensinanzas morais. 

Unha ensinanza posible: que os proclamados animais racionais resultan inexactamente xenerosos nos seus autodiagnósticos.

Distribuir contido