Visita a Sta. María do Azougue

13/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de Historia da Arte de 2º BAC D visita Sta. María do Azougue, guiados por Julián Ferrer, exprofesor do noso instituto e voluntario na igrexa.

Obradoiro de Danza

13/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de Linguaxe e Práctica Musical de 1º de Bacharelato gozou dun obradoiro de danza impartido pola compañía Exire, dentro dun programa ofertado polo concello de Betanzos.

Visita polo Betanzos Medieval

12/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 3º ESOE realiza unha visita polo Betanzos Medieval, acompañados pola súa profesora de música, María Pazos.

Visita ao Mercadona

05/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 2º do Ciclo Superior fixo unha visita ao Mercadona, para aprender como funciona unha grande superficie.

HORA DE LER

17/12/2023 09:32
Europe/Andorra

 



 
Chegamos, ben abrigadiños, ao solsticio de inverno.
E, «por no hacer mudanza en su costumbre», cumprimos a tradición de rememorar as tradicións lendo a Paul Auster, Hans Christian Andersen, Rafael Dieste ou unha antoloxía de microrrelatos, pregando, iso si, que non suceda o augurio de Giselle Aronson.
 **********

SUPUESTO  

   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
   Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

 

Novidades da biblioteca

A Biblioteca non para en decembro. Atentos ás novidades!

 

 

 

HORA DE LER

09/12/2023 22:00
Europe/Andorra

 

Que á calor da lareira recobren vida as travesas da tarima. 

O soño da madeira: volver a ser árbore. 

Aprenderemos iso, e tantas cousas máis, lendo os relatos de Lina Meruane e Carlos Casares. 

O poder da palabra. 

HORA DE LER

03/12/2023 14:16
Europe/Andorra

Ao compás dos ventos de decembro, caen as follas das árbores... 

A mirada que repara na ringleira de letras leva ao lector a pasar páxina cando chega ao punto final.

Mais nós sabemos que a lectura non ten fin..

Música de terror

O pasado mes de octubro, aproveitando a festividade do Samaín, o alumnado de 1º de Bacharelato da materia de Linguaxe e Práctica Musical estivo traballando en clase sobre as características e recursos musicais empregados nas películas de terror. Como proxecto final fixeron e interpretaron as súas propias composicións de música de terror. Este é o resultado. Consello: non escoitar a escuras porque lograron dabondo o obxectivo!

    1   

    2   

    3   

    4   

    5   

HORA DE LER

26/11/2023 12:17
Europe/Andorra

Chaves que abren portas. 

Atravesar o limiar lendo a Yolanda Castaño ou a María Dueñas para acubillarmos ao abrigo das súas palabras.

Distribuir contido