Manzaneda - 2023
Éxito da Estadía en Manzaneda de 85 alumn@s de 1º da ESO, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, coa colaboración de profesorado do Departamento de Educación Física. Durante os tres días, puideron gozar de actividades coma parque multiaventura, tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...
Podedes ver máis fotos no Instagram do IES!
HORA DE LER #DÍA DAS BIBLIOTECAS
O próximo martes conmemórase o Día das Bibliotecas.
#DíaDasBibliotecas
#TecendoComunidades
Nalgunha das bibliotecas da contorna, tamén na Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, será doado atopar relatos que movan á inspiración para participar no Concurso de [Micro]Relatos de Terror.
CONCURSO DE [MICRO]RELATOS DE TERROR
O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza, como en cursos anteriores, un concurso de relatos (ou microrrelatos) con temática de terror.
HORA DE LER #DÍA DAS ESCRITORAS
O martes 17 de outubro conmemórase o día das escritoras.
Na ilustración de Fernando Vicente, Edith Wharton, Kate Chopin, Anaïs Nin, Jean Rhys, Katherine Mansfield e Flannery O'Connor. Estas autoras da órbita anglosaxona e outras seguro que serviron de estímulo á creación ás nosas autoras: Amaia Tomé, Berta Manteiga, Julia Nieto Mantiñán, Raquel Vázquez, Sara Parga Pérez e Valentina Sánchez Silva.
Viaxe cultural a Grecia
25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...
Estadía en Manzaneda
Alumnado de 1º da ESO participa nunha estadía en Manzaneda, na que goza de diferentes actividades coma tiro con arco, orientación, vivacs, slackline, rutas de sendeirismo, primeiros auxilios...
Visita á cova do Rei Cintolo
Alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e de Xeoloxía de 2º de Bacharelato toman parte nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Todas as fotos aquí.
Gañadora do concurso do logo do Club de Ciencia Aguiar
Xa temos logo gañador para o Club de Ciencia!
Paula Fernández Rey, alumna de 2º ESO B, fixo esta proposta, que resultou elixida por unanimidade.
Pronto veredes o logo nas diferentes actividades e produtos que xurdan desta magnífica iniciativa! |
HORA DE LER [In memoriam Jesús Núñez]
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »