Asesoría ADIX
Rede Galega de Educación Dixital
Enviado por Pitusa o Mér, 17/11/2021 - 22:18Centro asesor da Rede Galega de Educación Dixital
Asesora ADIX : Mª del Carmen Núñez Faraldo
contacto: adix3.coruna4@edu.xunta.gal
Teléfono ADIX: 881 960 188
Documento guía e Recomendacións de AMTEGA para a elaboración do Plan Dixital de Centro
Enviado por Pitusa o Ven, 27/05/2022 - 12:34Xa está disponíble para os coordinadores de Plan Dixital dos centros educativos o documento guión para a elaboración do Plan Dixital dos centros. Tamén tedes á vosa disposición un documento de AMTEGA con información para realizar o devandito Plan Dixital.
En concreto, neste documento detállanse as definicións de Infraestructura dixital, Equipamento e Servizos Dixitais Educativos que reproduzo a continuación.
Infraestrutura dixital:
– Por infraestrutura dixital enténdese o conxunto de actuacións impulsadas pola administración para dotar aos centros educativos públicos das condicións de conectividade tanto internas como externas, necesarias para o desenvolvemento do seu labor, nomeadamente:
– Infraestrutura de datos (conectividade a internet).
– Infraestrutura de voz (telefonía).
– Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede.
– Ante calquera necesidade de mellora da infraestrutura do centro ou actuación a este nivel, é preciso enviar unha solicitude a través da Unidade de Atención a Centros (UAC) que será avaliada polo departamento técnico responsable.
Equipamento
– Por equipamento enténdese o conxunto de dispositivos tecnolóxicos cos que conta o centro para o desenvolvemento das funcións docentes.
ofesional.
Servizos dixitais educativos.
– Dentro destes servizos dixitais educativos corporativos entendemos aqueles que facilitan a xestión docente como pode ser o correo, a páxina web do centro, a aula virtual, espazoAbalar (con todas as súas funcionalidades e aplicacións), contidos educativos, agueiro e o desenvolvemento de proxectos corporativos como pode ser E-Dixgal.
Materiais para a formación sobre a elaboración dun Plan de Acción
Enviado por Pitusa o Mér, 20/04/2022 - 10:38Na seguinte páxina de Agueiro poderedes atopar os materiais recomendados para, a partires do DAFO realizado nos centros, priorizar obxectivos e elaborar táboas con obxectivos SMART para o Plan de Acción. Este Plan de Acción será un dos contidos centrais do Plan Dixital 1.0 dos centros educativos.
Test CDD (Competencia Dixital Docente) do 8 ao 28 de febreiro disponible en Fprofe (videotitorial e explicación)
Do 8 ao 28 de febreiro está disponíble para todos os docentes de Galicia o test CDD (Competencia Dixital Docente) en FProfe.
O test estará accesible a todos os docentes de centros sostidos con fondos públicos de Galicia. É un test común a todos os centros e todos os niveis educativos, e ten o seu xermen nun test válido a nivel Europeo.
Se premes na imaxe podes acceder a un videotitorial sobre cómo realizar o test na Comunidade Galega.
Axuda ADIX SELFIE para centros
Enviado por Pitusa o Mar, 23/11/2021 - 10:20Compartimos con todos vós está páxina con videotitoriais e documentación sobre a aplicación SELFIE.
Preme na imaxe para acceder ao recurso.