Club de ciencia

Club de Ciencia - Corte coa Mr. Beam


Nesta ocasión o departamento de tecnoloxía do IES Francisco Aguiar ven de rematar unha actividade realizada co alumnado de 1º da ESO.

Durante dúas sesións, deseñaron un calendario-puzzle chamado "un puzzle ó día", que consiste nun calendario universal no que están representados os nomes dos meses xunto cos días do 1 ó 31 e que a maiores consta de oito pezas dun puzzle deseñadas de tal xeito que a colocación estratéxica das pezas ten que ocultar todos os meses e os números de día agás o mes e o día da data actual. Deste xeito o calendario-puzzle ofrece un desafío diario de como colocar as 8 pezas do puzzle para amosar só a data do día, o que se traduce en 365 desafíos ó ano.


O alumnado deseñou e decorou cadanseu calendario que logo foi gravado e cortado utilizando cartón reciclado e a cortadora láser dos Polos Creativos.

Álbum: / Curso 2023-2024 -> Club Ciencia Tecnoloxía

Club de Ciencia - Corte coa Mr. Beam

26/02/2024
Etc/GMT+1

O profesorado de tecnoloxía oferta un taller de cortado láser coa Mr. Beam para a rapazada pertencente ao Club de Ciencia.

Obradoiro de Iniciación á Astronomía

23/01/2024
Etc/GMT+1

O pasado 23 de xaneiro tivo lugar o Obradoiro de Iniciación á Astronomía, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas.

O alumnado recibiu unha charla acerca da evolución do concepto de gravidade ao longo da historia e dos principais movementos da Terra, aclarando cales causan as estacións e por que estas dependen do hemisferio no que se estea. Ademais, traballáronse nocións básicas de orientación, constelacións, eclipses e mitoloxía.

Non se puido levar a cabo a observación posterior ao non se teren dado as condicións meteorolóxicas adecuadas.

1ª Reunión Club de Ciencia Aguiar

30/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de 1º e 2º da ESO foron ata o río e realizaron medicións de ph, nitratos, osíxeno, temperatura...
De igual modo, observaron a fauna e analizaron o seu papel como bioindicadores.


#proxecto_rios
@cienciaaguiar

Visita á cova do Rei Cintolo

17/10/2023
Etc/GMT+1

Alumnado de Cultura Científica de 1º de Bacharelato e de Xeoloxía de 2º de Bacharelato toman parte nunha visita guiada á Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Todas as fotos aquí.

Eco-regata na ría de Betanzos

16/09/2023
Etc/GMT+1

O sábado 16 de setembro, alumnado de Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 2° BAC participaron na Eco-regata na ría de Betanzos para a recollida de lixo na marisma.

 

Gañadora do concurso do logo do Club de Ciencia Aguiar

 

Xa temos logo gañador para o Club de Ciencia!

 

Paula Fernández Rey, alumna de 2º ESO B, fixo esta proposta, que resultou elixida por unanimidade.

 

Pronto veredes o logo nas diferentes actividades e produtos que xurdan desta magnífica iniciativa!

Club de Ciencias: Proxecto Ríos

Acercámonos ao río Pelamios (aldea das Carañas) para facer un estudo da súa calidade biolóxica, fisicoquímica e hidromorfolóxica no tramo baixo.

Antes de saír aproveitamos para explicar o programa con placas de Arduíno que realizou o alumnado de Tecnoloxía de 1ºBAC para automatizar o mantemento do nivel da auga do estanque do xardín.

Álbum: Curso 22-23 -> Club de Ciencia. Proxecto Ríos

Club de Ciencia - Química

O Club de Ciencia realizou o mes de abril dúas novas sesións, dedicadas á Química.

Álbum: Curso 22-23 -> Club de Ciencia - Química (abril 2023)
Distribuir contido