Normalización Lingüística
OBRADOIRO SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN
O alumnado de 1º e 2º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado. A actividade, a cargo do colectivo POLO CORREO DO VENTO , está baseada na súa publicación titulada De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán de Lela Edicións. Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía do autor acompañando o seu eno relato con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas de Florencio Delgado Gurriarán .
Contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán
Polo Correo do Vento tráenos o día 23 de maio o seu contacontos sobre Florencio Delgado Gurriarán. A actividade está dirixida a 1º de ESO e dous grupos de 2º de ESO.
Obradoiro de Narrativa en lingua galega (II)
O 21 de abril o grupo de E4C asistirá a un obradoiro de narrativa en lingua galega, a cargo da empresa cultural "Apiario".
Obradoiro de Narrativa en lingua galega
O 20 de abril os grupos de E2D e E3A asistirán a un obradoiro de narrativa en lingua galega, a cargo da empresa cultural "Apiario".
Bicos con Lingua, teatro na Sala Xulio Cuns
Os grupos de 1º C, D e E acudirán ao espectáculo teatral "Bicos con lingua", na sala Xulio Cuns, no marco da semana dedicada no noso centro a conmemorar a grande escritora galega e universal Rosalía Castro.
OBRADOIRO SOBRE XELA ARIAS
Enviado por belen o Mér, 12/05/2021 - 11:09Hoxe o alumnado de 1º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado . A actividade, a cargo do colectivo POLO CORREO DO VENTO, está baseada na súa publicación titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias, pertencente á colección “Mulleres galegas” en Lela Edicións.
Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía de Xela Arias acompañando o seu ameno relato con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas da poeta nacida en Sarria.
Foi unha actividade moi interesante e proveitosa!
Xela Arias: liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Contacontos ilustrado
Para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2021 "Correo polo Vento" (Carlos Taboada e Enrique Mauricio) virán ao instituto para realizar unha actividade de contacontos ilustrado, para os grupos de 1º A e 1º C de ESO.
A actividade quere dar a coñecer a figura da autora homenaxeada e está baseada no libro de Correo polo Vento sobre esta poeta, ilustrado por Tania Solla e editado por Lela Edicións.
Na actividade, Correo Polo Vento narra oralmente a biografía de Xela Arias. A narración acompáñase de música e por medio da ilustración, rematando cun obradoiro de debuxo no que se farán caricaturas da poeta nacida en Sarria.
O contacontos ilustrado divídese en tres bloques e desenvolve unha temática didáctica (neste caso, a vida de Xela Arias) de xeito lúdico.
Obradoiro de Escrita Creativa (2)
O día 21 de abril é a quenda de 1º D de Bacharelato: asistirán a un obradoiro de escrita narrativa, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística.
Obradoiro de Escrita Creativa
O vindeiro 19 de abril o grupo de 1º E de Bacharelato asistirá a un obradoiro de escrita creativa, organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.
