Normalización Lingüística

ALDAOLADO. Lucía Aldao e María Lado outra vez no Aguiar. 4.IV.2018

Un ano máis, grazas ás xestións do Equipo de Normalización ( que coordina o compañeiro Xan Munín) e do Departamento de Lingua Galega, podemos contar no noso instituto coa presenza de Lucía Aldao e María Lado.

Como sempre, traen un espectáculo no que combinan maxistralmente carretadas de humor, con boa musica, poesía, relato e por riba de todo, moito amor e respeto pola lingua.

A actividade terá lugar no noso Salón de Actos durante a 4ª hora de clase. Estará destinado ao alumnado de 3º da ESO

PARABÉNS PARA ELAS POLO SEU TRABALLO...

E PARA NÓS QUE PODEMOS DISFRUTALO UN ANO MÁIS!

Chegou aos nosos oídos...Guido I. Novoa e o concurso "Explícoche matemáticas 2.0"

 

Chegou aos nosos oídos...grazas ao aprezado ex alumno Guido ignacio Novoa, a convocatoria dun interesante concurso: "Explícoche matemáticas 2.0". 

 

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa sétima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

 

Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación),ou ben, cun carácterdivulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade. Os vídeos deben ter unha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos e vehicularse en galego. E poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

O prazo para presentar os vídeos remata o 6 de abril de 2018, para o cal os concursantes deberán subilo a unha canle de Youtube e achegar o URL do vídeo, os datos de contacto, informe e autorizacións a <zmatdeca@usc.es> e ao enderezo físico do Decanato da Facultade de Matemáticas

 

Hai catro premios. Un para a categoría A (alumnado da ESO e de bacharelato) e dous para a categoría B (graos, por unha banda, e mestrado e doutoramento pola outra), dotados con 200 euros cada un. E un cuarto premio de 100 euros para o premio mellor valorado polos internautas.

Consulta as bases do certame para este curso 2017-2018!

 

Chegou aos nosos oídos....SOCIOLINGVISTIČEN RAZVOJ GALICIJE: Zgodovinski pregled in sedanjost de Lucía Díaz Vilariño.

Chegou aos nosos oídos... (e ningún día mellor que un 13 de decembro para dalo a coñecer) que a nosa querida ex do Aguiar, Lucía Díaz Vilariño, ven de impartir (o pasado mes de novembro) unha comunicación na Facultade de Hispánicas de Ljubljana (Eslovenia) co suxestivo título de : SOCIOLINGVISTIČEN RAZVOJ GALICIJE:Zgodovinski pregled in sedanjost. Que podería traducirse, para entendermonos, por "Desenvolvemento Sociolingüístico de Galicia". Un bo pretexto para falar_de e reflexionar_sobre Galicia.

Deste xeito presentábase a súa intervención en facebook:

DESARROLLO SOCIOLINGÜÍSTICO DE GALICIA: 

Aproximación histórica hasta la actualidad

Jueves 30 de noviembre a las 17.10, aula 13

 

El último día de noviembre les invitamos a conocer Galicia. Se realizará una aproximación cultural, social y lingüística tanto a la Galicia histórica como a la Galicia actual. Se expondrán las características de esta nación de España, así como su desarrollo a través de los siglos, ligado íntimamente al desarrollo social del gallego. Se presentarán, asimismo, las bases del nacionalismo actual gallego. Finalmente se expondrá el papel actual de la lengua en la sociedad y se ejemplificarán ciertas diferencias con otras lenguas romances.

 

 

Lucía Díaz, graduada en Traducción e Interpretación por la Universidad de Vigo, está actualmente trabajando como auxiliar de conversación en Ljubljana en Jezikovna zadruga Soglasnik. Está cursando, asimismo, un Máster en Traducción Audiovisual en la Universidad de Cádiz que le permitirá especializarse en dicho campo. Ha trabajado como traductora para distintas asociaciones benéficas entre otros, traduciendo del inglés al español y al gallego.

 

E ista a crónica que a propia Lucía facíanos para esta web: 

 

Foi unha charla na Facultade de Hispánicas da Universidade de Ljubljana.

 

A profe de Cultura e Civilización pediume se podía presentar Galicia e o que fixen foi presentar as cidades e o camiño, despois falar un pouco do desenvolvemento sociolingüístico de Galicia (como se comportou o galego e a sociedade galega a traves dos seculos).

 

Despois presentei un pouco a situacion actual (falantes, diglosia, etc) e unha comparación co castelan e co portugués.

 

Un pouco variado, pero creo que lles gustou!

 

A nos, dende logo,  teríanos encantado poder asistir.

Seica cando veña de vacacións, ao cheiriño da tortilla e o caldo de mamá...Guiño

poderiamos escoitala no noso espectacular Salón_de_Actos_con_columna_centrada

 

bd. BAN-DE Revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar. Ano X

(enlace coa revista picando na imaxe)

 

10 anos publicando nun instituto de xeito ininterrumpido unha revista xa é toda unha proeza. Se, por riba, a revista é de banda deseñada roza xa a pura utopía.

Pero o certo é que non hai nada de utópico.

O Aguiar pode sacar dende hai dez anos a revista "bd" ...

  • Grazas ao impulso inicial de Uxía López Meirama  dende a Biblioteca  e co apoio de xente tan importante neste eido como Miguel Anxo Prado.
  • Ao Departamento de Educación Plástica que estivo sempre detrás do proxecto. Varios profesores e profesoras ao longo de varios anos e, sempre como fío conductor  e constante animador,  o profesor José Manuel Rey Bao.
  • Ao equipo da biblioteca que insisiste nas súas propostas de lectura de banda deseñada e mesmo é quen de traer ata o instituto a autores como David Rubín, Paco Roca, Kim e Altarriba  ou  Miguel Gallardo.  
  • A dez xeracións de alumnos e alumnas que sostiveron co seu traballo este proxecto, algunhas  (Sarela Lorenzo) premiadas en importantes certames. Este ano, na décima entrega de "bd": Ana Castro, María Dans, Alexia Fernández, Yasmín Pernas, Carmen Yáñez, Cristina Otero, Laura Rosende, Raquel Rosón, Mencía rey, Andrea e María Bugallo, Carmen Cartelle, Susana Fernández, Miriam Michaelsen, Diego de la Fuente, Manuel Lendoiro, Camila Ros e Delia Vázquez. 

 

 

 

PARABÉNS POR FACER REALIDADE A UTOPÍA!

 

Obradoiro de Radio. As letras galegas de Carlos Casares 15.V.2017

A colaboración entre o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística, que dirixe Xan Munín,  e o Concello de Betanzos ,dan como resultado a celebración no noso Instituto dun obradoiro de radio. Terá lugar o 15 de maio en plena conmemoración da semana da Letras Galegas. 

Un ano máis o alumnado de 1º da ESO terá a magnífica oportunidade de disfrutar e aprender sobre a persoa homenaxeada nas Letras Galegas e facelo de xeito que sexa tamén un achegamento ao mundo da radio da man de Lucía Abarrategui ( ex do Aguiar) e Sergio Pascual.

 

Retrincos de Castelao. Representación teatral na Aula de Cultura.

Grazas á colaboración da Deputación Provincial e do Concello de Betanzos, mañá 23 de novembro  cerca de 120 dos nosos alumnos e alumnas terán a oportunidade de asistir a unha representación teatral que terá lugar na Aula de Cultura do Edificio Liceo de Betanzos a partir das 12.30. Participará nesta representación o alumnado de 4º da ESO e da materia de Literatura Galega do século XX en 2º BAC,  acompañados por varios dos seus profesores de Lingua e Literatura Galega e Historia. 

Trátase da obra que presenta Culturactiva co título "Retrincos de Castelao", dirixida por Diego Rey e protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei. "A través dun texto de Diego Rey, no que teñen cabida cinco historias e unha ducia de debuxos dramatizados de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a obra fai un percorrido por algúns dos textos e viñetas deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo, ofréce- nnos un mosaico composto de retrincos dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces."

 

BAN-DE. O noveno número da nosa revista de banda deseñada

Non é doado manter a publicación dunha revista escolar durante varios anos. Menos aínda se dita revista está orientada a un campo tan específico como é a banda deseñada.

No Aguiar, grazas ao traballo combinado do Equipo de Normalización Lingüística, do Departamento de Educación Plástica e Visual e  mais dos alumnos que cada ano participan co seu entusiasmo, podemos dicir que xa levamos publicados 9 números de BD.Ban-De, a  revista de banda deseñada do IES Francisco Aguiar.

(premer neste enlace para mirar o número 9 de BD.Ban-De)

 

.


  

SIXA FAMILIAS

                                Enlace coa páxina web antiga NOVO NÚMERO DE TELÉFONO: 881 960 165

 

CURSO 2017-2018

Calendario Escolar 2017-2018 (enlace)

 

                enlace Abalar picar na imaxe                            

Nova celebración do Obradoiro de Creación Literaria. 8 de abril 2016

O venres  8 de abril volve a ter lugar no noso Instituto  un Obradoiro de Creación Literaria.

Novamente en conxunción co Concello de Betanzos, o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística ofrecen ao alumnado de 1º BAC a posibilidade de disfrutar coa creación literaria.

Xincana para conmemorar o Día de Rosalía

imaxe de Sabela Arias

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar en colaboración co do Concello de Betanzos organiza para o alumnado de 1º BAC unha xincana para conmemorar o 24 de febreiro o Día de Rosalía.

A actividade terá lugar no Polideportivo do Instituto en dúas quendas:  Na 2ª e 3ª hora participarán os alumnos e alumnas dos grupos A, B e C. Nas horas 5ª e 6ª serán os grupos D e E. 

Distribuir contido