Retrincos de Castelao. Representación teatral na Aula de Cultura.

Grazas á colaboración da Deputación Provincial e do Concello de Betanzos, mañá 23 de novembro  cerca de 120 dos nosos alumnos e alumnas terán a oportunidade de asistir a unha representación teatral que terá lugar na Aula de Cultura do Edificio Liceo de Betanzos a partir das 12.30. Participará nesta representación o alumnado de 4º da ESO e da materia de Literatura Galega do século XX en 2º BAC,  acompañados por varios dos seus profesores de Lingua e Literatura Galega e Historia. 

Trátase da obra que presenta Culturactiva co título "Retrincos de Castelao", dirixida por Diego Rey e protagonizada por Isabel Risco e Fran Rei. "A través dun texto de Diego Rey, no que teñen cabida cinco historias e unha ducia de debuxos dramatizados de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, a obra fai un percorrido por algúns dos textos e viñetas deste intelectual, achegándonos a súa enxeñosa e fascinante forma de ver a Galiza do seu tempo, ofréce- nnos un mosaico composto de retrincos dunha realidade galega atemporal, que nos antecede e nos outorga raíces."