Mediación Escolar

Mediación Escolar

Obradoiros de costura

16/04/2024
Etc/GMT+1

O equipo de mediación organizou dous obradoiros de costura, aproveitando a dotación de Polos Creativos, os días 16, 23 e 30 de abril.

SOLICITUDES

Se tes algún conflito cunha persoa que non logras resolver polo motivo que sexa ou coñeces a alguén que estea nesta situación, non dubides en solicitar axuda ao Equipo de Mediación: son compañeiros e compañeiras que mediarán para que as dúas partes implicadas atopen unha solución que beneficie a ambas.

Para avisar dunha situación conflitiva onde podamos axudar, tanto se es parte implicados coma se non:

  1. Cobre a solicitude que podes descargar desde aquí ou recoller no caixetín que hay xunto ao cristal de conserxería do edificio da Biblioteca.

  2. Deposita a solicitude de intervención cuberta no Buzón de mediación.

  3. Envía un correo electrónico a mediacioniesfranciscoaguiar@gmail.com indicando os datos que aparecen no documento adxunto.

Participantes do Equipo de Mediación - Curso 23/24

Os membros actuais do Equipo de Mediación son:

Alumnado:
Profesorado:

 

Comezos

No curso 2020-2021 impulsados polo Departamento de Orientación e guiados por Ramón Ferreño, un grupo de profesores e profesoras empezamos a formarnos en Mediación Escolar creando no curso 21-22 o Equipo de Mediación do IES Francisco Aguiar. Integrámolo docentes de distintos departamentos e alumnado de distintos cursos para favorecer unha boa convivencia e axudar a resolver pequenos conflitos.

O curso 21/22 tanto os docentes como o alumnado participamos en varias sesións de formación en Mediación Escolar e o ano pasado, unha parte das mediadoras e dos mediadores xunto co novas incorporacións ao equipo completaron a súa formación como Alumnado axudante.

Obradoiro Mediación - Concello de Betanzos

20/12/2023
Etc/GMT+1

Alumnado que forma parte do grupo de Mediación do noso instituto participa, xunto con mediadores do IES As Mariñas, nun obradoiro no Espazo Xove de Betanzos organizado por Aventeira.

Comeza a andar o servizo de mediación escolar

O IES Francisco Aguiar conta xa cun equipo de mediación escolar, que axudará a resolver algúns dos conflitos no centro, contribuindo á mellora da convivencia.

 Fotos do equipo e dos espazos aquí

Distribuir contido