Física e química

A táboa periódica

 

 

 

 

 

Temos instalada no vestíbulo unha táboa periódica interactiva, realizada polo alumnado de 4º de ESO, no marco da materia de Física e Química.

A foto desde logo non lle fai xustiza; hai que vela in situ. O resultado sorprende pola súa potencia didáctica e visual.

Traballos sobre a historia das medidas de distancias. 1º de Bacharelato

 

Os alumnos de Física e Química de 1º de Bacharelato realizaron unha investigación sobre a evolución da medida de lonxitude (distancia), plasmando o seu traballo en carteis cunha liña de tempo. Aquí tedes o magnífico resultado:

 

O mundo dos cristais. #Clube de Ciencia #FísicaeQuímica

Crónica en imaxes dunha tarde nos laboratorios de Física e Química, onde o alumnado do Clube de Ciencia puido descubrir o mundo dos cristais, creando sorprendentes xardíns químicos e xeodos.

Días despois, cada participante puido recoller o resultado do seu traballo.

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 04_O mundo dos cristais

Termoclina #Meteoescolas #toleouotempo #clubdeciencia

Reproducimos o fenómeno da termoclina nun acuario. Cando unha masa de auga ou de aire entra en contacto con outra que ten unha temperatura moi diferente, a zona que as separa chámase termoclina. Experiencia para o plan proxecta #Meteoescolas Toleou o Tempo? e mais para o Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar de Betanzos

Non paramos nin confinados, porque a cabeza non para, e hai profesoras, coma a sempre xenial Olga Blanco que non pode deixar de pensar actividades divertidas para, cando volvades, sorprendervos coa aprendizaxe das ciencias.

Cremas, xabróns e lavalouzas, produccións dos Laboratorios Aguiar®

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club de Ciencia 19-20 -> Xaneiro: Laboratorios Aguiar

Convocatoria das reunións de xaneiro do Club de Ciencia: Laboratorios Aguiar ®

O xoves 23 e o mércores 29 (adíase dende o día 20), temos unha nova e interesante xuntanza do alumnado do 'Club de Ciencia Aguiar'. Nesta ocasión, da mán de Luisa Muíño e Olga Blanco, reunirémonos no laboratorio de Física e Química para facer xabróns, lavalouzas e mesmo pasta dentífrica. Produtos todos eles da marca en vías de rexistro 'LuisOl' dos prestixiosos 'Laboratorios Aguiar ®' Guiñolaboratorios aguiar

Visita á farmacia de Couceiro en Betanzos. Semana da #ciencia e da #tecnoloxía

farmacia

 

 

 

 

O pasado xoves 2 de maio, un grupo de alumnos/as de 1º de bacharelato A, acompañados da súa profesora de Física e Química, Mª Luisa Muíño Rey, realizaron unha visita á farmacia de Couceiro. Este é un lugar singular, querido por todos os betanceiros/as, admirado polos seus visitantes. O establecemento comercial máis antigo de Galicia, sempre na mesma ubicación, a farmacia é un pequeno museo. Agradecémoslle a súa farmacéutica, María Sánchez, a súa dedicación ao guiarnos dende a botica con instrumental antigo e modelos de balanzas, ata o laboratorio, onde aínda hoxe elaboran artesanalmente tratamentos específicos.

 

Charla ' Qué ten que ver a química con nós?' para 1º Bacharelato e 4º de Física e Qímica

Ricardo Riguera Vega

 

Mércores 27 de Febreiro

Charla do programa a ponte co ensino medio da USC. Organizada polos departamentos de Orientación e Física e Química. Destinada a alumnado de Física e Química de 1º de BAC e 4º da ESO.

Correrá a cargo do profesor Ricardo Riguera Vega, catedrático de Química Inorgánica en la USC.

 Actualizamos esta entrada cunhas fotografías desta interesante charla que podedes atopar na galería fotográfica do centro dentro das actividades do curso 18/19.

charla charla charla

 

 

Distribuir contido