Documentos do centro e impresos do Alumnado

Axudas para a adquisición de material escolar

Foi publicada a convocatoria para a solicitude de axudas públicas para a adquisición de material escolar.

O prazo para a presentación remata o martes 22 de xuño de 2021.

No caso do alumnado que repita 4º de ESO poderá ser presentada a solicitude no prazo de 1 mes dende a formalización da matrícula.

O alumnado que se incorpore ao centro docente procedente de fóra de Galiciaou dun centro situado en Galicia pero non sostido con fondos públicos, poderá presentar a solicitude no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía telemática na aplicación informática “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Tamén se poden presentar presencialmente no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para máis información, ver documento anexo.

 

Alumnado admitido para o curso 2021/22

Transcorrido o prazo marcado ao efecto, informamos que todas as solicitudes de admisión para o próximo ano académico 2021/2022, tanto para cursar ESO como Bacharelato, foron admitidas

Página de inicio | Servicio de Acceso, Admisión y Permanencia

Alumnado admitido para o curso 2021/2022

Todas as solicitudes de admisión para o próximo ano académico 2021/2022 presentadas neste centro, tanto para cursar ESO como Bacharelato, están admitidas provisionalmente.

O 14 de maio publicarase a lista definitiva de alumnado admitido.

Aberto o proceso de admisión de novo alumnado para curso 2021/2022

 

 

No vindeiro luns, día 1 de marzo, ábrese o prazo para solicitar a admisión do novo alumnado para o próximo curso.

O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 1 de marzo e remata o 22 de marzo.

Queda ao dispor das persoas interesadas o modelo de solicitude de admisión e mais as instrucións (ver anexos).

Plan de Continxencia do IES Francisco Aguiar

Poñemos ao dispor da comunidade educativa o noso Plan de Continxencia (ver anexo), onde se establecen as medidas en caso de suspensión da actividade lectiva, as medidas para facer efectivo o ensino a distancia e os supostos de reactivación da actividade lectiva presencial, de conformidade coas instrucións da autoridade sanitaria.

Transporte Escolar. Autorización especial para uso de transporte e rutas.

Solicitude de autorización especial para o alumnado da ESO que desexa empregar o transporte escolar  cando a distancia entre o domicilio familiar e o IES sexa maior de 1 Km e  menor de 2 Km e para alumnado de BAC.

(enlace)

 

Rutas para o Transporte escolar

(enlace)

Distribuir contido