Lingua Galega e Literatura

OBRADOIRO SOBRE XELA ARIAS

     Hoxe o alumnado de  1º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado . A actividade, a cargo do colectivo   POLO CORREO DO VENTO, está baseada na súa publicación titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias, pertencente á colección “Mulleres galegas” en Lela Edicións.

Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía de Xela Arias acompañando o seu ameno relato  con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas da poeta nacida en Sarria.

 Foi unha actividade moi interesante e proveitosa! 

Álbum: /Curso 2020-2021 -> obradoiro Xela Arias

FAUNA MÁXICA / 1º ESO

 
O alumnado de 1º de ESO anda a aprender sobre personaxes da nosa mitoloxía. Tamén leu varios textos da "Fauna máxica" de Álvaro Cunqueiro na súa obra  Escola de menciñeiros. Despois botouse a crear ata compoñer colectivamente este pequeno bestiario. 
Para ver as criaturas inventadas, preme nos nomes do seguinte índice:
 


1. A pillabina

13.A ra que hipnotiza

25.O  gapeiro

 2. O teperés

14. A Eli

26.O paxarefante

3. A lorsa

15.O rapoucho

27.O golficán

4. O loboto

16.O  bolborato

28.O T-Plus

 5. O xiraflante

17.O salburón

29. O guelirpe

6. O escaradentes

18.O raposobot

30.A tigreruga

 7. A pórcava voadora

19.A mantigoxa

31.O porcoruga

8.A pegallada

20.O paticervo

32.O tigrefante

9. O cocho-cacho

21.O xiritigre

33.O cabapato

10. A murmiga

22. O xirafante

34.O puritante

11.O escaratorpe

23. O serpón

35.O ornitotigris

12. O manolinho

24.O paticanfante

36. O hipopanda

 

Xela Arias: liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Contacontos ilustrado

12/05/2021 07:35
12/05/2021 09:20
Etc/GMT+2

Para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2021 "Correo polo Vento" (Carlos Taboada e Enrique Mauricio) virán ao instituto para realizar unha actividade de contacontos ilustrado, para os grupos de 1º A e 1º C de ESO.

A actividade quere dar a coñecer a figura da autora homenaxeada e está baseada no libro de Correo polo Vento sobre esta poeta, ilustrado por Tania Solla e editado por Lela Edicións.

Na actividade, Correo Polo Vento narra oralmente a biografía de Xela Arias. A narración acompáñase de música e por medio da ilustración, rematando cun obradoiro de debuxo no que se farán caricaturas da poeta nacida en Sarria.

O contacontos ilustrado divídese en tres bloques e desenvolve unha temática didáctica (neste caso, a vida de Xela Arias) de xeito lúdico.

 

Obradoiro de Escrita Creativa (2)

21/04/2021 09:45
21/04/2021 11:25
Etc/GMT+2

O día 21 de abril é a quenda de 1º D de Bacharelato: asistirán a un obradoiro de escrita narrativa, organizado polo Departamento de Dinamización Lingüística.

 

Obradoiro de Escrita Creativa

19/04/2021 10:35
19/04/2021 12:15
Etc/GMT+2

O vindeiro 19 de abril o grupo de 1º E de Bacharelato asistirá a un obradoiro de escrita creativa, organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística.

Visita virtual á editorial de poesía "Medulia"

23/03/2021 08:25
23/03/2021 09:15
Etc/GMT+2

O Departamento de Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar organiza para o grupo de 1º D de Bacharelato unha visita virtual á editorial de poesía "Medulia", co obxec tivo de dar a coñercer a forma de traballar dunha editorial de poesía.

MEDULIA, editorial galega, privada e independente, ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicado, continúa apoiando o seu desenvolvemento e promoción, sempre no propósito de dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia.

 

Chegou aos nosos oídos...publicación de Lidia Gómez sobre o galego e a linguaxe da xente nova

Chegou aos nosos oídos.... que Lidia Gomez, lingüista, ex alumna do Aguiar  publica o seu Traballo de fin de Master sobre o galego e a linguaxe da rapazada.

O paso da educación primaria á secundaria e mais o comezo da vida laboral son dous momentos chave nas mudas lingüísticas da mocidade en prexuízo do uso do galego. Así o conclúe un traballo de Lidia Gómez Martínez publicado no último número de Cadernos de Lingua, unha análise das narrativas biográficas de dezasete mozos e mozas galegas nas que estes contan e interpretan as súas experiencias vitais arredor da lingua. (RAG)

Así nolo explica Lidia nunha entrevista na radio galega.

https://www.crtvg.es/rg/podcast/diario-cultural-diario-cultural-do-dia-09-03-2021-4859818?t=74

 

Pica na imaxe da revista ou no arquivo adxunto para ler o traballo aparecido en Cadernos da Lingua da Real Academia Galega

 

PARABÉNS para Lidia!

Día de Rosalía 2021, recitado de poemas de Rosalía para coñecer e difundir a súa obra. Son Aguiar. Radio na Biblio

Compartimos con todos vos os poemas de Rosalía de Castro recitados por alumnado de 1º BAC e 4º da ESO para conmemorar o seu día, 24 de febreiro.

Grazas aos participantes por prestar voz e sentimento ás palabras da nosa escritora. Grazas por dar voz á nosa lingua e a nosa radio. Grazas tamén a Carme Suárez por esta iniciativa que inclúe 52 poemas dos que non quixo renunciar a ningún, dándolle voz a todo o seu alumnado.

Á pregunta, ''cál foi o recitado que máis che gustou?'', Carme non quixo contestar. Poderías axudarnos tí a decidir cál é o poema máis sentido, a mellor interpretación, ... Envíanos se queres a resposta á nosa conta de correo da biblio.

24 de febreiro, día de Rosalía

 

Mañá, 24 de febreiro, cúmprense 184 anos do nacemento da nosa maior poeta, Rosalía Castro.

O alumnado de Lingua Galega e Literatura dos grupos de 3ºA e 3ºB fixo un vídeo cos seus poemas recitados para celebrar o

Día de Rosalía.

 

Distribuir contido