Física e química

Coñecer o Gas Natural pode ser divertido? FUNGASTIC

“Durante anos, un equipo de científicos traballou en segredo para desenvolver unha fórmula coa que satisfacer a nosa necesidade enerxética sen alterar a disponibilidade de recursos naturais. Pero repentinamente abandonan o laboratorio deixando unha inquedante mensaxe no que piden axuda para protexer a súa investigación e dala a coñecer ao mundo… ¿Seremos capaces de axudalos?”

Nos vindeiros 21, 22 e 23 de marzo o noso alumnado de 3º e 4º da ESO terá a oportunidade de descubrir algúns dos secretos máis apaixoantes e tamén os máis divertidos do Gas Natural.

Cada grupo disporá dunha clase para achegarse a estes coñecementos coa axuda  dos monitores da Fundación Gas Natural Fenosa. Eles serán os encargados de guiar ao noso alumnado cunha serie de actividades participativas e de descubremento para coñecer este importante recurso enerxético. Trátase dunha actividade participativa que aplica técnicas de deducción e incorpora ferramentas dixitales de realidade virtual e realidade aumentada e desenvolve as intelixencias múltiples do alumnado.

Velai o programa de actividades para estes tres días de remate de trimestre.

 

Mércores 21

Xoves 22

Venres 23

2ª hora
9.35 / 10.25

ESO 3º B

UPOL 3

 

ESO 4º C

UPOL 3

 

ESO 3º A

UPOL 3

 

4ª hora
11.30 / 12.20

ESO 3º C

UPOL 3

 

ESO 4º D

UPOL 3

 

ESO 4º A

UPOL 3

 

6ª hora
13.25 /14.15

ESO 4º B

UPOL 3

 

ESO 3º D

UPOL 3

 

 

Completando ( humildemente) equipamentos

As necesidades económicas dun instituto da idade do noso adoitan dirixir os presupostos e investimentos principalmente cara a cuestións de mantemento e reparacións. Algo que non parece ter moi en conta a administración cando atende principalmente ao número de alumnos e descuida o número de edificios que ocupamos, a súa idade...Porén, de cando en vez, temos a satisfación de anunciar algún investimento como o que agora nos ocupa.

 

Dende hai tempo era unha vella reclamación do laboratorio de Química dispoñer dunha campana extratora de gases. Este equipamento é fundamental para a realización de moitos experimentos químicos e, por fin, podemos dicir que xa a temos.

Agora, cuidadín!

Vista á central de Endesa As Pontes

O martes 7 de febreiro, os Departamentos de Física e Química e de Tecnoloxía  visitarán un ano máis as instalacións de ENDESA en As Pontes.

 Coordinados por Luisa Muiño e Juan M. Neira os alumnos de Física de 2º BAC e de Tecnoloxía Industrial de 1º BAC ocuparán toda a mañá nesta interesante visita.

Alba Fernandez falará sobre astrofísica ao alumnado de BAC

 

Sobre buratos negros, cuásares e púlsares, e as ferramentas que usan os astrofísicos para analizar e visualizar os datos que observan.

 

O venres 16 de decembro, no Aguiar, falaremos de Astrofísica. 

 

A ex alumna do Aguiar, Alba Fernández Barral falará aos alumnos de física de 1º e 2º BAC.  

 

Isto é posible pola súa grande xenerosidade ao cedernos o seu tempo,  e porque Alba forma parte dun grupo de catro  estudantes de doctorado do Grupo de Astropartículas de IFAE (Institut de Física d’Altes Energies ): Alba Fernández, Daniel Guberman, Leyre Nogués y Quim Palacio.  Quim busca materia oscura, Leyre estuda se a velocidade da luz é constante, Daniel analiza se unha remanente de supernova emite Raios Gamma ou non, e Alba observa un sistema binario dun burato negro e unha estrela . 

 

 

 

Este xoven equipo ten creada unha interesante aplicación, "Cazadores de Rayos Gamma" para achegar aos estudiantes de Secundaria á observación e ao estudo dos fenómenos máis violentos do Cosmos. A idea do proxecto xurde como ampliación das actividades educativas para estudantes de secundaria organizadas nos últimos años. A aplicación desenvolveuse íntegramente en IFAE con axuda de colaboradores externos e está baseado en software libre.

 

Grazas a Alba poderemos coñecer de primeira man a  astrofísica de moi alta enerxía, unha grande desconocida se a comparamos con la astronomía óptica. Os instrumentos que usa – os telescopios Cherenkov – son distintos e tamén os procesos que estuda, é dicir, os eventos máis enerxéticos e extremos do Universo. Porén en España hai unha grande comunidade científica arededor dos telescopios MAGIC instalados no Observatorio o "Roque de los Muchachos" na isla de La Palma, e que actualmente son instrumentos líderes na detección de Rayos Gamma. Además, en La Palma comezouse a construir o primeiro telescopio da sede norte do Cherenkov Telescope Array (CTA), un observatorio astronómico internacional adicado á astrofísica de moi alta energía. 

 

 

Máis información: http://www.cazadoresderayosgamma.com/

Visita á exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" (30.IX.2016)

O venres 30 de setembro un numeroso grupo de alumnos e alumnas de Bacharel, os que cursan as materias de Tecnoloxía en 1º e de Física en 2º, tiveron a honra de abrir a temporada de visitas didácticas no presente curso no IES Francisco Aguiar.

Desta volta tratábase dunha saída para achegarse cara a unha exposición-obradoiro que baixo o título "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" tiña lugar no Centro Ágora de A Coruña. Estiveron acompañados polos seus respectivos profesores de Física (Mª Luisa Muiño) Tecnoloxía (Juan M. Neira).

Nela atoparon módulos de experiencias para explorar diversos aspectos do tema tratado:

-Módulos de experiencias que exploran la ciencia y la tecnología que gira alrededor de la Luz y que podemos clasificar bajo los siguientes epígrafes.

Luz e informática. Programas explicativos
Sundials o Relojes de Sol. Código de barras. Leyendo y creando códigos de barras de diversos tipos. Espejos, gafas. Números y colores. Google cardboards para ver realidad virtual, realidad aumentada y 3D.

Luz y tecnología

Puertas de luz láser. Fotografía a alta velocidad. Luz y Arduino: 10 ejemplos. Luz y robótica e informática con EV3. Robot que sigue una determinada línea con el sensor de luz. Movimiento con potencia proporcional a la intensidad de la luz que recibe. Moverse hacia la luz...

Luz y Arte

Ideas sobre la visión y la percepción del color que marcaron todo un siglo del arte pictórico. Ilusiones ópticas. Anamorfismo.

Luz y Astronomía

Sextante, medida de la Tierra de Eratóstenes, cartel gigante de Historia de la Astronomía

Luz y Geometría

Viaje hacia el infinito, multiplicador de imágenes, periscopio, caleidoscopio...

Luz y Matemáticas

El principio de Fermat, medir las alturas con espejos (Euclides), medir con luz, simetrías con espejos, caleidoscopios poliédricos...

Luz y cultura. Las festividades anuales celtas, Día y noche, los dioses del Sol y de la Luz...

Luz y percepción. Varios experimentos están relacionados con el funcionamiento del ojo, de cómo este recoge la luz y la procesa. Otros tratan la visión tridimensional y su simulación a partir de figuras bidimensionales.

 

Luz y física. Experimentos de Newton, la espectroscopia, los discos CD y DVD con lectura láser, los láseres, la luz coherente, onda y partícula, los agujeros negros, relatividad y luz, etc.

Visita á exposición "A Ciencia e a Tecnología da Luz". 27 novembro 2015

Mañá viaxeira a que nos agarda neste 27 de novembro no Aguiar.

Viaxeira e ilustrada!

En primeiro lugar  referirémonos á visita didáctica do alumnado de Física de 2º BAC e de Robótica de 1º BAC.

Acompañados polos seus profesores Luísa Muiño e Juan M. Neira poderán disfrutar, neste "Ano Internacional da Luz" dunha exposición no Museo Provincial de Lugo que leva por título "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz"


 

 

Remate da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía

Os experimentos de química, os montaxes de electropneumatica e corrente alterna, o robot MoWay completaron a xornada final na Sermana da Ciencia e conforme pasaron os días as expliicacións foron afinando máis e os aparatos funcionando mellor.

A Yincana seguiu movendo polos andeis e corridores a rapazadas ansiosas de resolver anigmas matemáticos. A exposición da reservas da biosfera seguíu recibindo visitas ...

Pero a estrela indiscutible da xornada final foi a impresión en 3D.  Priemiro foi unha conferencia a cargo de Rubén Fernández Sotelo. Posteriormnete ao ongo da mañá desenvolvéronse  obradoiros para poñer en práctica o escoitado impartido polo profesor Xosé Rodríguez .  Obradoiros que amosaron cando menos dúas cousas, o grande interese suscitado no alumnado polo tema, e que ás veces a tecnoloxía non funciona tan exáctamente como a teoría.  Tan é así que o luns 20 volven de novo para intentar poñer en funcionamento a impresora 3D.

Cuarta xornada da IV Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. Xoves 16

Pasado xa o Ecuador da nosa Semana as diversas actividades vanse axustando  sendo coñecidas por un número cada vez máis garnde de alumnos.

O xoves continuaremos coas sensacións de física e expèrimentos de Química, unha nova rolda da apaixoante yincana matemática,  voltarán as experiencias coa enerxía solar ( anuncian o cocinado dunha soupa).

Volveran as experiencias biolóxicas das árbores, o corazón corazón e as tecnolóxicas dos motores de corrente alterna, electropneumática, robot MoWay....

E no primeiro recreo a reñida competición de coches seguedores de liñas.

Distribuir contido