Alba Fernandez falará sobre astrofísica ao alumnado de BAC
Sobre buratos negros, cuásares e púlsares, e as ferramentas que usan os astrofísicos para analizar e visualizar os datos que observan.
O venres 16 de decembro, no Aguiar, falaremos de Astrofísica.
A ex alumna do Aguiar, Alba Fernández Barral falará aos alumnos de física de 1º e 2º BAC.
Isto é posible pola súa grande xenerosidade ao cedernos o seu tempo, e porque Alba forma parte dun grupo de catro estudantes de doctorado do Grupo de Astropartículas de IFAE (Institut de Física d’Altes Energies ): Alba Fernández, Daniel Guberman, Leyre Nogués y Quim Palacio. Quim busca materia oscura, Leyre estuda se a velocidade da luz é constante, Daniel analiza se unha remanente de supernova emite Raios Gamma ou non, e Alba observa un sistema binario dun burato negro e unha estrela .
Este xoven equipo ten creada unha interesante aplicación, "Cazadores de Rayos Gamma" para achegar aos estudiantes de Secundaria á observación e ao estudo dos fenómenos máis violentos do Cosmos. A idea do proxecto xurde como ampliación das actividades educativas para estudantes de secundaria organizadas nos últimos años. A aplicación desenvolveuse íntegramente en IFAE con axuda de colaboradores externos e está baseado en software libre.
Grazas a Alba poderemos coñecer de primeira man a astrofísica de moi alta enerxía, unha grande desconocida se a comparamos con la astronomía óptica. Os instrumentos que usa – os telescopios Cherenkov – son distintos e tamén os procesos que estuda, é dicir, os eventos máis enerxéticos e extremos do Universo. Porén en España hai unha grande comunidade científica arededor dos telescopios MAGIC instalados no Observatorio o "Roque de los Muchachos" na isla de La Palma, e que actualmente son instrumentos líderes na detección de Rayos Gamma. Además, en La Palma comezouse a construir o primeiro telescopio da sede norte do Cherenkov Telescope Array (CTA), un observatorio astronómico internacional adicado á astrofísica de moi alta energía.
Máis información: http://www.cazadoresderayosgamma.com/