Tecnoloxía

O titorial do xogo dos km. Aprendo programando as etapas xeográficas do camiño de Santiago, xa está disponíble coma REA no Espazo Abalar

Da colaboración sempre saen mellores proxectos. Este pequeno traballo conxunto dos departamentos de Tecnoloxía e Xeografía e Historia quixemos compartilo abertamente dentro do repositorio de REA (recursos educativos abertos) do Espazo Abalar.

Podedes acceder á páxina do proxecto se premedes na imaxe, ou directamente ao recurso premendo aquí.

xogokmabalar

 

Graciñas Julián por toda a axuda e colaboración.  

Meteoescolas TIC: Climogramas con LibreOffice Calc

Dentro do traballo en Ofimática follas de Cálculo con LibreOffice Calc, os de 1º BAC TIC fixemos coma exercizo a elaboración dunha gráfica tipo climograma. 

Para seguir os nosos pasos podes consultar o titorial que se liga aquí.


Tamén compartimos neste pdf algúns exemplos dos resultados do noso traballo:

 

Introducción á Intelixencia Artificial en TIC II . De falar coas máquinas ás noticias "fake"

Dentro do marco de internet e a creación de contidos web, este curso decidímonos a probar e investigar acerca da Intelixencia Artificial, dende falar coas máquinas ata a fabricación de ''Fake News''. O proxecto concluiría co entrenamento e proba do noso propio Chatbot, que realizamos con IBM Watson en Scratch 3 dentro do proxecto MLK (Machine Learning for Kids).

Lamentablemente, o programa non nos deixa compartir o noso traballo, pero sí podemos ensinar un video exemplo do resultado, falar acerca do proceso de aprendizaxe e compartir unhas pequenas instantáneas que reflexan o traballo realizado.

Comezamos o noso percorrido investigando acerca da historia da intelixencia artificial, centrándonos nos chatbot. Logo buscamos alternativas para poder realizar un propio. 

 

Presentación orixinal de Laura G.O. 2º BAC TIC II

Aprendimos neste proceso cómo podemos facer para identificar as Fake News realizando o test que se liga na imaxe seguinte:

deep fake

Recomendámovos esta actividade, xa que non chega con contrastar ás informacións en diferentes fontes, senon que o desenvolvemento do espíritu crítico vai ser imprescindible na sociedade que comeza co desenvolvemento da IA.

 Un exemplo dos Chatbot creados, dos máis traballados e do que mellor funcionou é o Chatbot que che ensina a xogar ao Xadrez de Diego R. do que podedes ver o seu funcionamento no seguinte vídeo:

 

Álbum: /Curso 2020-2021 -> Iniciación á IA: Creación dun Chatbot en Scratch 3.0

"Meteoprogramación" actividades de recollida de datos con placas programables

Unha das actividades desenvoltas no Club de Ciencia de Abril tén relación coa recollida de datos con dúas placas de prototipado/robótica programables mediante linguaxes de bloques.

Con estes dispositivos realizaremos dous tipos de medicións con:

Navegade polas ligazóns para acceder á documentación e instruccións de ámbos os dous proxectos.

Pontes 2º ESO álbume na galería fotográfica dos autores das maquetas (grupos A e B de momento)

Recén inaugurada a flamante primeira fase da exposición de proxectos 2º ESO ''Pontes: acurtando distancias'', chegou o momento de visibilizar ás enxeñeiras e aos arquitectos (e viceversa) que construiron estas pequenas obras de arte. 

Velaquí a galería fotográfica de, de momento, 2º A e B. 

Álbum: /Curso 2020-2021 -> Proxecto Tecno 2º ESO Estructuras: Pontes: acurtando distancias

Prácticas modelado 3D Blender TIC 1º BAC

A falta de la práctica final, estas son algunas de las pequeñas creaciones que nosticsbeta sirvieron para aprender y modelar en 3D con el programa de software libre Blender. 

Álbum: /Curso 2020-2021 -> Prácticas Modelado 3D TICI1ºBAC

Carreira a Santiago, outro proxecto dos 1º ESO neste Xacobeo 2021

Compartimos convosco unha pequena idea dunha carreira de dispares peregrinos para chegar a Santiago de Compostela. 

 

Estudo en Scratch

Preme na imaxe para acceder ao estudo en Scratch.

@ticsbeta

Autopsia tecnolóxica (V)

 Con esta última autopsia tecnolóxica, feita por Antón Patiño, pechamos a serie dedicada á disección de aparellos da nosa vida cotiá, realizada na materia de Tecnoloxía industrial.

 

Autopsia tecnolóxica (IV)

 

Neste video podedes ver a autopsia tecnolóxica dun dron, realizada polo noso alumno de 1º de Bacharelato Daniel Méndez.

Distribuir contido