Tecnoloxía

#clubdeciencia decembro 'Os leds son para o Nadal'

Convocados obradoiros do club de ciencia para o mércores 4 e xoves 5 de decembro. Pendentes da chegada duns materiais para o obradoiro, que de non producirse, é posible que teña adiadarse para xaneiro. Informaráse nas aulas e nesta web.

abel<

Casos máis comúns de enxeñaría social. Obxecto dixital de aprendizaxe de Daniel Veiga TIC 2º BAC

O alumnado de TIC II está a elaborar consellos de seguridade informática. Este obxecto dixital interactivo, firmado por Daniel Veiga, fálanos da seguridade informática e é útil para calquera usuario.

Preme nos elementos que se moven e aprende de xeito divertido acerca da perigosa e extendida enxeñaría social.

" As palabras técnicas nos idiomas indíxenas" traballo do alumnado de TIN II para o X día da Ciencia en Galego

Quechua Perú"Os alumnos de Tecnoloxía Industrial -II quixemos ver a traslación dalgunhas palabras a dous idiomas indíxenas de amplo uso: quechúa e suajili, adaptando un traballo xa realizado para celebrar o X Día da Ciencia en Galego neste ano 2019.

 

 



indíxenasDespois de realizar o traballo, cremos que a pesar de que o inglés é o idioma tecnolóxico moitos idiomas indíxenas do mundo poden adaptar termos e buscar equivalencias sempre e cando eses idiomas se usen e transmitan tanto como lingua nai como lingua educativa"

 

 

Preme na ligazón para visualizar o noso traballo. Agardamos que sexa do voso interese.

 

Obradoiro de e-textiles na Fundación Barrié 1º BAC TIC

Día para falar de fotografía, moda, historia e futuro. Pequeno obradoiro de iniciación aos e-téxtiles e a moda do futuro.

Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita o álbum dentro da galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> e-textiles con 1º BAC na Fundación Barrié

TECNOLOXÍA ENTRE COSTURAS PARA A MODA DO FUTURO. OBRADOIRO PARA ALUMNADO TIC 1º BAC NA FUNDACIÓN BARRIÉ

Martes 5 de novembro de 2019.

Obradoiro de e-téxtiles na Fundación Barrié dentro das actividades paralelas á exposición do fotógrafo Norman Parkinson.

A actividade combina unha breve visita guiada á exposición (que combina fotografía, moda e historia) e despois unha actividade “de taller” relacionada coas fotografías e ca moda do futuro.

OBXECTIVOS EDUCATIVOS:

- Coñecemento e análise do traballo do fotógrafo  Norman Parkinson.
- Promover a creatividade e o desenvolvemento do pensamento crítico
- Estimular a capacidade plástica e visual.
- Iniciación aos téxtiles e a electrónica para achegarse ás  STEM/  STEAM
- Fomentar a aprendizaxe transversal, activo e significativo a través da arte
- Potenciar as destrezas comunicativas interpersoais.

OBRADOIROS PARA BACHARELATO

Young Velvets

Nesta actividade o particular estilo de  Norman Parkinson será a fonte de inspiración para que os participantes poidan crear un complemento de roupa interactivo ou  wearable.  Tomando como referencia a obra Young  Velvets, os participantes terán a oportunidade de experimentar con novos materiais tales como fíos de electricidade co fin de explorar os potenciais creativos que ofrece a integración da electrónica en téxtiles. Así mesmo, entrarán en contacto con procesos emerxentes de creación que vinculan moda e tecnoloxía. Axudados de dispositivos dixitais desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de, a través da costura, aprender a coser circuítos eléctricos.

Introdución aos e-téxtiles na Fundación Barrié. Exposición de Norman Parkinson

Hoxe, o alumnado de Programación de 1º da ESO, acudiu á Fundación Barrié en A Coruña para realizar un obradoiro e coñecer o traballo do fotógrafo Norman Parkinson. Despois de charlar de fotografía e historia da moda, acudimos ao taller para realizar a que, para moitos, seica foi a súa primeira cita coa costura. Para qué? Para iniciarnos nunha das tendencias que pode vir na moda do futuro, os e-téxtiles . Como esta era só unha iniciación o que fixo cada alumno/a asistente ao obradoiro foi coser unha luz LED nun pequeno anaco de fieltro, para logo comprobar o seu funcionamento e realizar un pequeno programa con Scratch e a controladora MakeyMakey.

Pequena reflexión tras o taller: é interesante que aprendades a empregar a agulla e o fío, poden ser tremendamente útiles e ... non morden Guiño.

Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Brazaletes intelixentes na Fundación Barrié

Brazaletes intelixentes con Scratch e Makey Makey para alumnado de Programación 1º ESO

Luns 28 de outubro de 2019

Obradoiro na Fundación Barrié en A Coruña con motivo da exposición do fotógrafo Norman Parkinson.


brazaletes

Fotografía e moda serán o punto de partida para que os participantes anímense a crear un accesorio de moda interactivo. Tras analizar un dos retratos tomados por Parkinson a Audrey  Hepburn, os participantes  reinterpretarán a súa vestimenta. O obxectivo principal desta actividade é achegar aos participantes as novas tendencias en deseño de roupa  intelixente. Así mesmo, que descubran dunha forma divertida e entretida como  Norman Parkinson evolucionou na súa época as reportaxes de moda. Para iso, terán unha iniciación básica á electrónica e a novas técnicas para a integración da tecnoloxía en téxtiles.  Durante esta actividade desenvolverán as súas habilidades manuais e a súa creatividade, tendo a oportunidade de iniciarse  á técnica da costura.

Axenda telefónica galega por Noelia RC 1º ESO. Despedida ao alumnado de Programación 1º ESO curso 18/19

Nestas alturas de curso toca correxir e despedirse, non podo coma docente deixar de abraiarme por todo o que avanzáchedes dende que comezou o curso. O voso traballo, os vosos debuxos e a vosa creatividade, botareinas en falta e sei que seguerán a medrar cos anos. profeticsbeta@gmail.comOs murmullos e que non sexades capaces de deixar de falar 2 minutos seguidos e, esas sesións de clase sempre a derradeira hora da mañá, cando todos estamos xa coas pilas un pouco baixas, crédeme que non.

Compartimos coma despedida unha das axendas máis orixinais, que vestiu a 'Siri' de galega, que a verdade e que lle senta moi ben.  Pasade bó verán.

Galería fotográfica #clubdeciencia Abril 'Estruturas por todas partes'

Publicamos as fotografías das pasadas reunións do Club de Ciencia Aguiar. Desta volta construimos estruturas de 'sinxelos' corpos xeométricos.

Preme na fotografía e navega coas frechas ou accede ao álbum na galería fotográfica do centro.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Abril 'Estruturas por todas partes'

Abril no Club de Ciencia: 'Estructuras por todas partes'

club ciencia abril

Anotádevos axiña na vosa clase. Haberá dous turnos diferentes, un o xoves 25 e outro o luns 29.

Distribuir contido