Tecnoloxía

Pontes levadizas. Proxecto de Tecnoloxía 2º ESO

Estamos xa a finais do curso. Nestes días tan apurados o alumnado de 2º da ESO está a rematar os seus proxectos de pontes levadizas. A verdade é que están funcionando moi ben e quedando moi xeitosas. Noraboa.

Preme en calquera das imaxes para a acceder a galería de imaxes das pontes.

pontes levadizas

 

 

Imaxe e Son. Videopoemas 2018

Publicamos os videopoemas realizados polo alumnado de Imaxe e Son e seleccionados como finalistas na II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María convocado pola Casa Museo de Manuel María. 

 

Orixinal de María Corral e Iara Obelar.

 

Orixinal de Samuel Román e Oscar Lagares.

 

 

Concurso Videopoemas convocado pola Casa Museo de Manuel María. Dous finalistas do Aguiar.

O sábado 19 de Maio asistimos á entrega dos premios da II edición do Concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María convocado pola Casa Museo de Manuel María. Os de Imaxe e Son do Aguiar levamos o orgullo de ter dous videopoemas entre os finalistas "Máis ve que o meu corazón" de María Corral e Iara Obelar e "O foguete" de Samuel Román e Oscar Lagares. 

maria e iara

O noso agradecemento á organización pola convocatoria destes premios e por unha ceremonia entrañable na que nos sentimos xa premiados. Parabéns a todos os participantes que realizaron unhas magníficas curtas, dun altísimo nivel, demostrando sen dúbida, que hai futuro no audiovisual galego.

Podcast (fragmentos) do alumnado de Imaxe e Son

En Imaxe e Son, tamén traballamos ca radio e os podcast. Nestas datas, andamos en 2º de Bacharelato, bastante atarefados, polo que nunca fumos quén aínda de levar a cabo un programa completo. Non obstante, os alumnos e alumnas entregan guións radiofónicos e pequenos fragmentos que demostran que, sen dúbida, hai talento.

Publicamos, para que escoitedes,aquí dous pequenos fragmentos, un do curso 16-17 e outro do 17-18. Agardamos sexan do voso agrado.

radio imaxe e son

Homenaxe a Leonard Cohen, por Lucía Mosquera e Fresa Shepard.

Curso 2016-2017

https://www.ivoox.com/25934379

Radio Aguiar no aire, firmado por María Corral e Iara Obelar.

Curso 2017-2018

https://www.ivoox.com/25934458

Nota: No programa Radio Aguiar, as locutoras deberían decir alumnos nominados ao premio de videopoemas no canto de alumnos gañadores. Excusáde, ás veces, a emoción nos pode.

aluman 8.V.2018

Un ano máis o alumnado de 4º da ESO poderá visitar unha das empresas punteiras de Galicia:Alumán

"especializado en el diseño y ejecución de grandes proyectos de fachadas de edificios en aluminio,...Aluman tiene en la actualidad un volumen de encargos de 200.000 metros cuadrados de fachadas en ejecución en todo el mundo, un tercio de los cuales están en BélgicaFrancia y el Reino Unido. La compañía se ha expandido, además, a Colombia y Panamá. La firma se dedica también al equipamiento comercial. En la actualidad tiene en ejecución 900 habitaciones en hoteles de lujo para cadenas como Hilton, Ritz y Four Seasons, entre otras."

Acompañados pola profesora Carmen Núñez, partirán a las 9,30 para regresar arredor das 13.30. 

Brañas de Valga. 3.V.2018

E completando actividade ,  o Departamento de Tecnoloxía ofrece ao alumnado de 2º da ESO ( desta volta, 3.V.2018,  os dos grupos C e D) participar na visita  á Aula da Natureza e Museo Etnográfico de Brañas de Valga en Mesía. 

Coñecer este espectacular espazo natural tan veciño,  e participar na actividade de fabricación con barro será un modo magnífico de achegar ao noso alumnado a esta tecnoloxía que está nas orixes da propia historia do ser humano dende o periodo neolítico. 

O alumnado estará acompañado na actividade polos profesores Manuel López (Tecnoloxía) e Pepe Valverde (Educación Física)

Brañas de Valga. 24.IV.2018

Un ano máis,  o Departamento de Tecnoloxía ofrece ao alumnado de 2º da ESO ( desta volta, 24.IV.2018,  os dos grupos A e B) participar na visita  á Aula da Natureza e Museo Etnográfico de Brañas de Valga en Mesía. 

Coñecer este espectacular espazo natural tan veciño,  e participar na actividade de fabricación con barro será un modo magnífico de achegar ao noso alumnado a esta tecnoloxía que está nas orixes da propia historia do ser humano dende o periodo neolítico. 

O alumnado estará acompañado na actividade polas profesoras Carmen Núñez (Tecnoloxía) e Delfina Ruibal (Xeografía e Historia)

Conspiración, premeditación e reiteración. VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. DÍA 1º.

IMOS ALÁ!

O luns 23 de abril daremos comezo a unha tolemia para a que non temos disculpa ningunha.

1.- Porque todo o que revolucionará o noso instituto nestes días non é froito da improvisación senón dunha "conspiración" no traballo previo de moitos compañeiros e alumnos durante o curso e, frenéticamente, nas derradeiras semanas.

 

2.- Porque a Semana da Ciencia e da Tecnoloxía é un caso grave de reiteración "delictiva". Imos xa pola VIIª edición e aquela inciativa que naceu do entusiasmo e traballo de Luisa Muiño, Carmen Núñez,  Juan M. Neira e Emilio Duque no mes de abril de 2012, foi medrando ata abranguer a un número crecente de profesores e departamentos do noso instituto.  Este ano, dende o Departamento de Linguas Clásicas ou o de Relixión, aos de Bioloxía, Física ou Tecnoloxía, pasando por Educación Plástica, Lingua Galega entre outros.

3.- Porque a participación protagonista do alumnado e a coordinación de moitos profesores suxire unha asociación premeditada para producir o efecto de revolucionar o centro coa ciencia e a tecnoloxía.

Prometemos...non enmendarmonos!

 

 

 

 

A nosa Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no diario La Opinión

El Francisco Aguiar celebrará del 23 al 27 su Semana de Ciencia con 70 actividades

Redacción | Betanzos 21.04.2018 | 01:26

 

El instituto Francisco Aguiar de Betanzos festejará su VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía la próxima semana, del 23 al 27 de abril, con un abultadísimo programa de actividades, casi 70 en cinco días. El objetivo es acercar la ciencia y tecnología a los alumnos de una forma lúdica.

 

El tema central este año es la mujer en la ciencia, con charlas de la profesora Matilde Ríos sobre mujeres matemáticas, además de otras preparadas por alumnos de cuarto, y unas impartidas por expertas como Begoña Bernardo, presidenta de la Asociación Véspera de Nada, desde la perspectiva del ecofeminismo.

 

Las actividades están coordinadas por los profesores del centro pero son los alumnos los que las realizan y actúan como instructores y relatores.

En esta Semana de Ciencia se celebrarán gimcanas matemáticas, juegos, experimentos con campos magnéticos giratorios y con alarmas antirrobo, además de realizarse montajes de electropneumática, construcción de hipercubos, trabajos con impresoras 3D o proyectos automatizados con Arduino.

 

 

Otros departamentos del instituto que no son de ciencia también participan, como los de lenguas. Organizan por ejemplo concursos literarios sobre el número Pi. Habrá también concursos de microrrelatos y exposiciones sobre mujeres científicas.

 

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2018/04/21/francisco-aguiar-celebrara-23-27/1283911.html

VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía. 23 a 27 de abril. 2018

Cartel deseñado por Alexia Fernández (4º ESO)

Xa está en marcha a conta atrás para a VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía no noso instituto.

En arquivo adxunto (enlace) se pode consultar a distribución de actividades, experimentos, xogos, conferencias... que compoñen a nosa proposta diste ano. E o "leitmotiv" de todas elas: a muller no mundo da ciencia e da tecnoloxía. 

 

 


arquivo adxunto (enlace)

 

 

Distribuir contido