Latín

Mosaicos con motivos de Betanzos do alumnado de Cultura Clásica

Fotografías dos alumnos de 3º e 4º de ESO que realizaron fermosísimos mosaicos coa supervisión da súa profesora Teresa Iglesias. Parabéns a tod@s!

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Mosaicos Cultura Clásica 3ºESO e Latín 4º ESO

Visita a exposición 'Miradas do Imperio' no edificio Liceo Venres 29 de Marzo

29/03/2019 11:30
Etc/GMT+1

 

exposición miradas do imperio

O alumnado de latín de 4º ESO visita a exposición das pinturas de emperadores e emperatrices de Roma deseñada por Alfredo Erias ' Miradas do Imperio'. No edificio Liceo de Betanzos de 11:30 a 12:20

IMAXES DA VIAXE CULTURAL VIGO_CIES_BAIONA

DÍA 1. VIGO

Visitando o xacemento arqueolóxico "Salinae" , salinas de época romana en Vigo.

Casa Quiñones. O centro histórico da cidade olívica

Parque arqueolóxico de O Castro.

DÍA 2. ILLAS CÍES

Fundidos trala primeira camiñata !

A paisaxe que xustifica o esforzo.

O xélido_reparador baño de regreso  

DÍA 3. BAIONA_COMPOSTELA_BETANZOS

Prohibido tomarse unhas pintas na reprodución da Pinta!

 

GRAZAS aos alumnos organizadores.

Grazas a Mónica e Rosina! 

LVCVS AVGVSTI. Descubrir o próximo... e aos próximos

O venres 17 de novembro un grupo de case corenta alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO, desafiando fríos, chegaron a vella capital dun dos "conventus" da "gallaecia" romana, Lvcvs Avgvsti

Guiados polas expertas, e máis que coñecedoras, indicacións do arqueólogo Felipe Arias descubrimos... o próximo. A marabilla do mundo romano perto da nosa casa vivindo situacións, problemas e reaccións nos que podiamos vernos retratados no século XXI:

  • Que a globalización xa era parte daquel mundo: Impresionantes superficies de mosaicos con formas e temas que poderíamos atopar igualmente en Túnez o en Emerita (Badajoz). Deuses e heroes que transitan por igual Braccara(Portugal) ou Barcino(Barcelona), Lucus ou Roma.
  • Que a integración tamén era un problema_reto para sociedades como a romana e a galaica que tiveron que convivir ata formar algo que só pode chamarse,con propiedade galaico-romano. Coñecimos, pola súa ara funeraria,  a unha "peluqueira_maquilladora" de nome grego ( tivo que resultar ben exótica esta grega no Lvcvs dos primeiros séculos)
  • Que tamén no mundo romano había quen procuraba que a memoria doutros desaparecese, mesmo borrando os seus nomes das pedras, "damnatio memoriae".
  • Que nun mundo como o actual (no que se fabrican productos para que duren pouco)sorprende que no mundo antigo se soubese deseñar e construir obras que aínda hoxe nos deixan coa boca aberta pola durabilidade. Unha muralla de 18 séculos deseñada para que drene perfectamente a auga que lle poidese chover por riba.

 

 

  • Que ao longo de miles de anos hai lugares que manteñen unha especie de atracción que os fai importantes ao longo do tempo. Nun momento da historia é o culto a Mitra,  e séculos despois case o mesmo lugar acolle o culto a Cristo "sol invictus". 
  • Que o labor do arqueólogo é ben difícil. Con poucos datos terá decidir se estamos diante dunha piscina para bautizar cristiáns ou de parte dunha terma, seica  "frigidarium" ou "tepidarium"

 

E claro,  posto que  unha saída didáctica é tamén unha experiencia de convivencia diferente (en canto a espazos e tempos) ao da escola, puidemos descubrir:

A resistencia ao frío dalgunha rapaza que non sabía das condicións climáticas de Lugo... ou pensaba que tiñan a calefacción acesa polas rúas

Que hai quen calza zapatillas ON e OFF.

Que alguns/nhas non poden pasar por unha tenda de roupa (Zara sen ir máis lonxe) sen lle botar unha ollada  (aínda que se retrasen un chisco na hora de encontro fixada)

Que algunhas representacións artísticas (coma as dos querubíns) poden dar a algúns tanta grima como unha pelicula gore.

Que a música de Bollywood que escoita Fatema (e imaxina bailada ao "bangladesh style"),  cando a escoita Fernanda (hai poucos meses chegada de Sudamérica) só pode imaxinala... bailada como unha samba! 

 

 

Pois si...en LVCVS AVGVSTI, descubrimos o próximo e aos próximos!

 

 

 

Viaxe clásico: Roma. Iniciamos a programación de viaxes culturais no IES Francisco Aguiar.

 

Como cada ano,(dende que o recordado Sebastián Buedo Jimenez (Sebas) e a profesora Rafaela Villalba iniciaran esta fermosa tradición) o Instituto Francisco Aguiar comeza a programación anual de saídas culturais embárcandose nunha viaxe ao mundo clásico.

Malia que nos últimos anos foi Grecia o destino preferido distas viaxes, no presente curso retórnase a mirada cara ao mundo clásico latino cunha visita, entre os días 22 e 29 de setembro, á Cidade Eterna, Roma.

28 rapaces e rapazas de 1º e 2º da Bacharelato, acompañados polas profesoras Rafaela Villalba e Mª José Pereira percorrerán foros e coliseos, galerías e museos, estreitas rúas e avenidas para empaparse de canto transmite esta fermosísima cidade.

 

Desexámoslles unha memorable viaxe.... e agardamos as súas crónicas.

Emocionado recordo para o noso compañeiro Sebastián Buedo

 

Pasou xa un ano do falecemento do noso compañeiro Sebastián(Sebas) Buedo Jiménez.

O vindeiro sábado, 19 de outubro,  terá lugar unha misa de aniversario  na súa memoria. Celebrarase na Igrexa nova de Santa Cruz

( Oleiros) ás 18 hs. 

 

Omne tulit punctum qui miscuit utile dulci.
(Q. Horatius Flaccus, Epistula ad Pisones, 343)

Fotos Sicilia-Roma 2012

Xa están na galería fotográfica a selección de fotos da viaxe a Sicilia-Roma. Preme na imaxe para acceder directamente ao albúm.

sicilia-romaImaxe cambiada a petición popular feita nos  comentarios dos implicados Guiño.

Viaxe a Sicilia e Roma

Do 16 ao 22 de Febreiro de 2012

sicilia-roma

 

 

Organizado polo departamento de Latín, 17 alumnos/as de 4º da ESO e 1ª de Bacharelato realizarán, acompañados por D. Sebastián Buedo e Dona Carmen Rama Faya, unha viaxe cultural a Sicilia e Roma.

Distribuir contido