Radio na Biblio

Entradas relacionadas coa Radio da Biblioteca

Día de Rosalía 2021, recitado de poemas de Rosalía para coñecer e difundir a súa obra. Son Aguiar. Radio na Biblio

Compartimos con todos vos os poemas de Rosalía de Castro recitados por alumnado de 1º BAC e 4º da ESO para conmemorar o seu día, 24 de febreiro.

Grazas aos participantes por prestar voz e sentimento ás palabras da nosa escritora. Grazas por dar voz á nosa lingua e a nosa radio. Grazas tamén a Carme Suárez por esta iniciativa que inclúe 52 poemas dos que non quixo renunciar a ningún, dándolle voz a todo o seu alumnado.

Á pregunta, ''cál foi o recitado que máis che gustou?'', Carme non quixo contestar. Poderías axudarnos tí a decidir cál é o poema máis sentido, a mellor interpretación, ... Envíanos se queres a resposta á nosa conta de correo da biblio.

13 de febreiro: Día mundial da Radio. A radio do noso IES necesita un nome e un logo. Anímate a participar

Hoxe, 13 de febreiro, día mundial da radio, o equipo da Biblioteca convoca o concurso para buscar un nome e un logotipo para a nosa radio.  Animádevos a participar.

radio na biblio

13 de febreiro: Día mundial da Radio. Formación do alumnado Radio na Biblio

Este pasado 11 de febreiro, alumnado de 1º e 4º da ESO das optativas 'Investigación e tratamento da información' e 'TIC' , asistiron a unha iniciación radiofónica a cargo de Sergio Pascual de 'Laboratorio de Radio'.

 

 Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.

Álbum: Actividades 2019-2020 -> Formación do alumnado Radio na Biblio

Formación para o alumnado de ESO1A e TIC 4 ESO a cargo de Laboratorio de Radio

 

radio na biblio

 

Martes 11 de febreiro de 2020.

Na Biblioteca e anexo, dous profesionais de 'Laboratorio de Radio' traballarán co alumnado ESO1A e ESO4TIC. Horarios:

Grupo Horario
ESO 1º A de 8:55 a 10:25
ESO 4º (optativa TIC) de 10:40 a 12:10

 

#Meteoescolas Aguiar, Toleou o tempo? Intro radiofónica e instrumentos feitos en clase de Tecnoloxía

Novas aventuras do equipo de profesoras impulsoras do proxecto Meteoescolas 

Toleou o tempo?

Que o profesorado asiste a unha formación do, tamén novo, proxecto Radio na Biblio, pois aproveitamos e explicamos, nunha breve cuña radiofónica,  os nosos motivos... 

Que os 3º da ESO teñen un anaquiño libre no taller de Tecnoloxía ..., pois que constrúan instrumentos para realizar medicións meteorolóxica.

Achégase bó tempo, a sol xusta e a choiva necesaria, para que maduren os froitos duns, quén sabe, futurxs meteorólogxs.

meteoescolas meteoescolas
meteoescolas meteoescolas

 

 

Distribuir contido