Fotografía en curso

Saída fotográfica 3º ESO - Cores na cidade

 

Nos últimos días de maio, os alumnos e alumnas de 3º de ESO saíron facer fotografías por Betanzos adiante, no marco da materia de Plástica e baixo a supervisión do profesor José Manuel Rey.

As fotos do alumnado reflicten as cores da cidade de Betanzos.

 

Álbum: Curso 22-23 -> Cores na cidade

Bases do Safari Fotopoético 2023

 

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2023

https://www.facebook.com/biblioteca.franciscoaguiar

 

 

 

 

A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca á comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a Francisco Fernández del Riego.

 

Rexerase polas seguintes bases:

 

1.Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex- alumnos e ex-alumnas.

 

2.O safari fotopoético desenvolverase entre o 17 de abril e o 12 de maio do presente ano 2023.

 

3.O venres 12 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.

 

4.As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.

 

5.As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nunha pequena escolma de Francisco Fernández del Riego.

 

6.O texto elixido debe aparecer integrado na propia imaxe.

 

7.As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (preferiblemente JPEG), nun soporte pendrive na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca:

bibliofranciscoaguiar@gmail.com

 

8.O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.

 

9.O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, un membro do equipo da Biblioteca, e dous profesores/as dos Departamentos de Lingua Galega e Ed. Plástica.

 

10.Os traballos presentados avaliaranse conforme aos seguintes criterios: 40% pola calidade e orixinalidade da imaxe

40% pola adaptación do texto á imaxe elixida

20% polo enxeño e creatividade na inserción do texto (ubicación, tipografía...)

 

FRASES DE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO QUE PODEN INCLUÍRSE NO FOTOSAFARI

  • Cos ollos do noso esprito.
  • Galicia no espello.
  • Un país e unha cultura.
  • Letras do noso tempo.
  • A pegada das viaxes.
  • Camiño andado.
  • O río do tempo.
  • Desde a miña fiestra.
  • Palabras a eito.
  • Na espera do amigo.

Exposición das Balconadas

 

 

   Finalmente será o próximo mércores 28 de setembro ás 19:30 o día da inauguración da exposición fotográfica Balconadas, composta polas fotos realizadas, baixo o liderado de Xosé Manuel Rey Bao, polo alumnado de Plástica de 3º de ESO (Curso 2021/2022).

Sala de Exposicións do Edificio Liceo de Betanzos.

O horario de visitas é o seguinte:

De luns a venres, de 10 a 14 e de 19 a 20 h.

Sábado, de 11:30 a 14 horas e de 18 horas as 22 horas.

 
   Aínda que xa estamos afeitos á excelencia dos seus traballos, este vídeo realizado por Julián Ferrer, ademais de animar á visita da exposición, resulta ser unha curtametraxe necesaria que permite (e mesmo demanda) varios visionados.

Visita á Zona Monumental de Betanzos

01/02/2022 06:45
01/02/2022 08:25
Etc/GMT+2

O vindeiro martes día 1, entre 9 e as 10:30, o alumnado da materia de Educación Plástica visitará a zona vella de Betanzos no marco do Plan Proxecta.

 

Exposición no Liceo das fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO (curso 2021/22)

04/10/2021 22:00
29/10/2021 21:59
Etc/GMT+2

Fotografías e información de edificio del archivo(liceo) en Betanzos,  Rincones del mundo

 

Entre os días 5 e 29 de outubro o edificio Liceo de Betanzos acollerá unha exposición coas fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO no curso 2020/21.

Animamos a toda a comunidade educativa a visitar a exposición e admirar as fotos realizadas polo alumnado.

 

 

Saída fotográfica (IV). #Fotografía en curso.

28/05/2021 06:45
28/05/2021 12:15
Etc/GMT+2

 

O vindeiro día venres 28 de maio o alumnado de 3º A fará unha saída fotográfica por Betanzos, no marco do Programa "Fotografía en curso", incluído no Plan Proxecta e coordinado polo profesor J.M. Rey Bao.

 

Saída fotográfica (III). #Fotografía en curso.

27/05/2021 06:45
27/05/2021 12:15
Etc/GMT+2

O vindeiro día xoves 27 de maio o alumnado de 3º D fará unha saída fotográfica por Betanzos, no marco do Programa "Fotografía en curso", incluído no Plan Proxecta e coordinado polo profesor J.M. Rey Bao.

Saída fotográfica (II). #Fotografía en curso.

09/06/2021 06:45
09/06/2021 12:15
Etc/GMT+2

O vindeiro día mércores 26 de maio o alumnado de 3º B fará unha saída fotográfica por Betanzos, no marco do Programa "Fotografía en curso", incluído no Plan Proxecta e coordinado polo profesor J.M. Rey Bao.

Saída fotográfica. #Fotografía en curso.

25/05/2021 06:45
25/05/2021 12:15
Etc/GMT+2

O vindeiro día martes 25 de maio o alumnado de 3º C fará unha saída fotográfica por BEtanzos, no marco do Programa "Fotografía en curso", incluído no Plan Proxecta e coordinado polo profesor J.M. Rey Bao.

 

 

Espazo e Luz, fotografías orixinais do alumnado de 3º da ESO de EPVA

Agora que ''xa se lle nota aos días'', que a luz enche os espazos ,aínda baleiros, das rúas,  que a primaveira asoma tímidamente en pequenas xemas nas ramas das árbores .... compartimos con todos vós a visión do 'Espazo e Luz' do alumnado de 3º da ESO en EPVA con J.M. Rey Bao.

Distribuir contido