Ciclos formativos

A importancia dos Primeiros Auxilios coa Cruz Vermella de Betanzos

O 12 de abril os alumnos de 1º curso de Marketing e Publicidade tiveron un taller destinado a enriquecer os seus coñecementos e habilidades no ámbito dos primeiros auxilios, co fin de que sexan quen de actuar de forma efectiva en situación de emerxencia.

Durante a primeira parte da sesión, afondamos nos fundamentos teóricos dos primeiros auxilios, abordando conceptos clave relacionados coa identificación de riscos, as causas dos accidentes e os procedementos adecuados para abordar cada tipo de situación de emerxencia.

 

A segunda parte do taller, de natureza totalmente práctica, proporcionounos a oportunidade de poñer en práctica os coñecementos teóricos nun entorno simulado de situacións de emerxencia. Neste contexto, os estudantes enfrontáronse a escenarios simulados de feridos inconscientes que requirían reanimación cardiopulmonar e soporte vital básico. Ademais, abordáronse situación de atragoamento e comprobamos como realizar adecuadamente a manobra de Heimlich para desobstruír as vías respiratorias.

Agradecemos á Cruz Vermella de Betanzos a súa colaboración e dedicación na formación dos nosos estudantes neste aspecto crucial para a seguridade e o benestar da comunidade.

Visita a Maruxas de Nata

14/12/2023
Etc/GMT+1

O departamento do Ciclo Superior organizou unha nova visita empresarial. Desta volta, á empresa Maruxas de Nata, en San Sadurniño.

Visita ao Mercadona

05/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 2º do Ciclo Superior fixo unha visita ao Mercadona, para aprender como funciona unha grande superficie.

Visita guiada polo Porto da Coruña

28/11/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 2º do Ciclo Superior e o de Empresa e Deseño de Negocio de 2º de Bacharelato fixeron unha visita guiada polo Porto da Coruña.

Visita á empresa Daveiga + Balneario de Guitiriz

13/11/2023
Etc/GMT+1

O noso alumnado do ciclo visitou a empresa Daveiga e o Balneario de Guitiriz.

DESCUBRIMOS O MUNDO EMPRESARIAL: VISITA DO ALUMNADO DE CICLOS FORMATIVOS A DA VEIGA (Chantada)

Unha xornada moi enriquecedora na que tivemos a ocasión de mergullarnos no mundo empresarial a través da visita a Da Veiga, que ofreceu ó alumnado dos Ciclos de Comercio e Marketing unha visión integral do proceso produtivo da compañía e unha inmersión nos fundamentos nos que se basea o seu éxito.

Xosé Lois Llamazares, Coordinador Xeral de Da Veiga, revelounos os elementos esenciais na creación da empresa e a misión e valores que a impulsan, destacando o compromiso coa contorna, a  sostenibilidade e a innovación. Ademais, achegounos información técnica dos seus desafíos e logros mais recentes.

Posteriormente realizamos un pormenorizado detallado polas instalacións, onde observamos cada fase do proceso produtivo, destacando os rigorosos estándares de calidade e a eficiencia na produción.
Con esta experiencia Da Veiga amósasenos como un exemplo inspirador de éxito empresarial que motiva ó alumnado a traballar pola excelencia nas súas futuras carreiras profesionais.

Percorridos por Betanzos

Ao longo dos meses de setembro e outubro, o alumnado de 1º CS Márketing e Publicidade e 2º CS Xestión de Vendas e Espazos Comerciais fixo diversos roteiros por Betanzos para coñecer a contorna. Estas actividades enmárcanse dentro do proxecto de dinamización lingüística DinamizaBE, que busca a dinamización turística e comercial da zona.

O noso agradecemento a Elena Carro, técnica de Turismo do Concello de Betanzos, por guiarnos durante os percorridos.

   

Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (3)

02/10/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “Betanzos en feminino e artistas”

Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (2)

25/09/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “Betanzos monumental e modernista”.

Visita guiada para alumnado do Ciclo Superior (1)

18/09/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior participan nunha visita guiada a Betanzos: “A promoción do turismo no concello de Betanzos”.

Distribuir contido