Club de ciencia

O mundo dos cristais. #Clube de Ciencia #FísicaeQuímica

Crónica en imaxes dunha tarde nos laboratorios de Física e Química, onde o alumnado do Clube de Ciencia puido descubrir o mundo dos cristais, creando sorprendentes xardíns químicos e xeodos.

Días despois, cada participante puido recoller o resultado do seu traballo.

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> O mundo dos cristais

Entrega de premios da Xincana Matemática. E novo reto!

Esta mañá foron entregados os premios ás alumnas e alumnos participantes da Xincana Matemática, unha actividade organizada polo Club de Ciencias.

Parabéns, rapazas! Ben feito, rapaces!

 

Atréveste co novo reto?

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> Entrega de premios da Xincana Matemática

Rapaces e rapazas gañadoras da Xincana Matemática. #Clubedeciencias

Logo da deliberación do xurado da xincana matemática do 21 de abril, queremos felicitar a parella gañadora e tamén aos e ás finalistas e agradecer, tamén, ás persoas colaboradoras de 4º ESO e a todas as persoas participantes.

Esperamos que disfrutasen coas probas e retos aos que se enfrontaron.

 

            1º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:

Adrián Grandal

Arón Bascoy

            2º PREMIO PARA A PARELLA FORMADA POR:

Henrique Barreiro
Manuel Santoro

            3º PREMIO PARA A PAREJA FORMADA POR:

Celia Sánchez
Joanna Martínez

Deixámosvos novamente o vínculo á Galería fotográfica Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 03_Abril_Xincana Matemática: Meteoescolas incluido e… por fin a SOLUCIÓN ao reto proposto a todo o alumnado da ESO.

 

 

A vindeira semana haberá outro reto, para seguir activando neuronas…

 

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 03_Abril_Xincana Matemática: Meteoescolas incluído

Club de ciencia e Meteoescolas: crónica en imaxes e vídeo dunha tarde científico-tecnolóxico-matemática

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 03_Abril_Xincana Matemática: Meteoescolas incluído

"Meteoprogramación" actividades de recollida de datos con placas programables

Unha das actividades desenvoltas no Club de Ciencia de Abril tén relación coa recollida de datos con dúas placas de prototipado/robótica programables mediante linguaxes de bloques.

Con estes dispositivos realizaremos dous tipos de medicións con:

Navegade polas ligazóns para acceder á documentación e instruccións de ámbos os dous proxectos.

'Luces de Nadal', obradoiro clásico xa, do departamento de Tecnoloxía para o Club de Ciencia. Galería fotográfica

Onte celebramos unha nova xuntanza do noso Club de Ciencia onde, como vén sendo xa tradición, xogamos coas luces LED para iluminar os nosos corazóns neste solisticio de inverno.

O resultado foi unha tarde máis que interesante onde fixemos tarxetas de nadal con papercircuits e programamos aneis e tiras LED con mBlock e mesmo Arduino.

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 02_Decembro_Luces de Nadal

CLUB DE CIENCIAS NOVEMBRO 2020

Álbum: Club de Ciencia 2020-21 -> 01-Novembro_ Un mundo invisible

CLUB DE CIENCIAS

25/11/2020 19:29
Europe/Andorra

XOVES 26 DE NOVEMBRO

Descubrindo un mundo invisible

Laboratorio de Bioloxía Xeoloxía

16:30

Aforo limitado condicionado polo protocolo

 

Distribuir contido