Deportes, Música, PAG`s, Chegou aos nosos oídos
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Alumnas de 4º D, campioas de España en K-4
Soubemos que varias das nosas alumnas de 4ºD quedaron campioas de España en K-4 hai unhas semanas.
Estamos moi orgullosas de vós, rapazas!!
Musiqueando 2023
MUSIQUEANDO 2023
O vindeiro xoves 27 de abril o alumnado de 1ºBAC da Materia de Linguaxe e Práctica Musical e de Música de 4º ESO (da profesora Alba Alonso); participarán nun concerto na praza do campo de Betanzos.
Dito concerto terá lugar ás 12:00, e poderán achegarse familiares, veciñ@s, amig@s, e xente de Betanzos para disfrutar de varias actuacións musicais en directo e ao aire libre.
É unha iniciativa a nivel estatal, a través da cal se pretende dar a coñecer o que se está a facer nas aulas de música (con moito nivel neste Centro, por certo!).
Así pois, o 27 de abril máis de 40.000 alumnos e alumnas de toda España sairán ás rúas máis importantes da súa aldea, villa ou cidade para amosar o que se fai na materia de Música.
O IES Francisco Aguiar, participa (por segundo ano consecutivo) en dita proposta. Non volo perdades, esperámosvos!!"
Ruta de sendeirismo por Betanzos (2)
Ruta de sendeirismo polas aforas de Betanzos, para E1C.
Ruta de sendeirismo por Betanzos
Saída de E1A polos arredores de Betanzos.
Visita ao Museo das Mariñas
O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Historia da Música e da Danza, visita o Museo das Mariñas, onde relacionarán a a historia da música coa arte e e a cultura en xeral.
Segunda Xornada do Campionato de Fútbol Sala Feminino
Ao longo da mañá do día 7 de marzo foi a segunda xornada do campeonato de Fútbol Sala feminino, desputada no Pavillón de Monfero. O IES Francisco Aguiar presentouse con dous equipos, na categoría infantil.


Xornada de Fútbol Sala feminino en Monfero
Enviado por carlos o Lun, 23/01/2023 - 18:53
A Consellaría de Educación promove o deporte xuvenil a través do programa "Xogade". Unha das iniciativas consiste na celebración dunhas xornadas dedicadas ao Fútbol Sala feminino.
Na primeira das xornadas, celebrada o pasado 19 de xaneiro, unha selección de alumnas de 2º de ESO do IES Francisco Aguiar participou en varios partidos, na categoría Infantil e Cadete, no Polideportivo de Monfero.
Actividades deportivas. Nadal 2022
Na última semana do trimestre, o Departamento de Educación organizou un torneo de voleibol feminino. Aquí tedes un pequeno vídeo.
Por outro lado, o Departamento de Educación Física organizou tamén un campionato de fútbol sala masculino, do que tamén temos un vídeo.
Deixamos aquí a foto do equipo gañador, 1º C de Bacharelato.
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS: Lucía Mosquera Suárez, Premiada doblemente no Facom Fest
Chegou aos nosos oídos que a nosa [ex] alumna Lucía Mosquera Suárez ven de merecer o Premio á mellor obra de non ficción e a Mención a mellor dirección no Facom Fest pola película documental Onde fomos xuntas, traballo de fin de grao de Lucía e a súa compañeira Marta Alborés Prejigueiro.
Onde fomos xuntas consegue transmitir ao espectador un relato sobre a sensibilidade das persoas que pertencen á xeneración destas novas creadoras: as expectativas, a comprensión do mundo, os diferentes medos, aspiracións e visións da vida deste grupo nado a cabalo entre o século XX e o XXI.
Cinco capítulos para compoñer, a modo de colaxe, un díario íntimo, mediante a xustaposición de vivencias concretas, caracterizan esta obra na que destaca a experimentación visual, patente na súa montaxe.
CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...: JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores».
JAVIER VÁZQUEZ COSTA, «Para vós, jogadores», AGAL, Santiago, 2022, 112 páxinas.
Esta semana recibimos con xúbilo a visita de Javier Vázquez Costa, [ex] alumno do noso IES, que veu a agasallar á nosa biblioteca cun exemplar do seu primeiro libro.
A súa titora do Traballo de Fin de Master, Teresa Moure, ante a excelencia do texto de Javier, Graduado en Ciencias Políticas pola USC, recomendou á editorial a publicación deste ensaio subtitulado As masculinidades nos videojogos.
Dúas observacións finais:
Primeira: nestes momentos Javier está a traballar na empresa NorQuality no Departamento adicado ao deseño de plans de igualdade.
Segunda: a adicatoria (Para el IES Francisco Aguiar por enseñarme tantas cosas permitirme conocer a compas y profes increíbles y por ser la inagotable fuente de sueños y fantasías de tanta gente), non foi obtida a punta de pistola.
Parabéns, Javier!
