1º ESO
Talleres de Intervención Socioeducativa nas aulas
Obradoiro de intervención socioeducativa, enfocado nas drogas legais (alcohol e tabaco), a cargo de Juan Carlos Prados, psicólogo da Unidade de Prevención de Condutas Aditivas do Concello de Betanzos.
- 1º A, de 9:34 a 10:25
- 1ºB, de 10:40 a 11:30
- 1ºC de 12:35 ás 13:25
Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa
Ao longo da mañá do 22 de marzo, o alumnado de 1º de ESO (grupos B e D) visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional.
O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.
O grupo de 1º B visitará o CIEC as tres primeiras horas e 1º D as seguintes tres horas.
Visita ao CIEC, Centro Internacional da Estampa
Ao longo da mañá do 15 de marzo, o alumnado de 1º de ESO (grupos A e C) visitará o CIEC, un centro de formación nas artes plásticas con dimensión internacional.
O obxectivo é promocionar e difundir entre o alumnado as artes plásticas en xeral e a arte gráfica en particular.
O grupo de 1º C visitará o CIEC as tres primeiras horas e 1º A as seguintes tres horas.
Aprendo Programando ''As etapas xeográficas do Camiño Francés a Santiago'' Xacobeo 2021 en 1º da ESO
En Programación 1º da ESO seguimos aprendendo co Camiño de Santiago neste ano Xacobeo 2021 no que non temos máis remedio aínda de percorrer o camiño de xeito virtual.
Para que nos acompañedes e aprendades con nós, creamos uns videoxogos (está mal que a profe o diga pero, son espectaculares!!!) recollidos no estudo de Scratch ao que podedes acceder clicando na imaxe seguinte.
Para xogar selecciona o xogo e preme a bandeira, desprázate coas frechas, recolle cousas positivas e esquiva as negativas que restan vidas. E, moi importante, disfruta das paisaxes e dos cambios que apreciarás nos diferentes tramos do Camiño.
Grazas a Julián Ferrer e ao departamento de Xeografía e Historia por axudarnos a programar esta viaxe!
Nota: se queredes escoitar ''miañar'' o que tedes que xogar é ao ''Gatoregrino'' de David ou o Xogo dos km de Óscar. Se queredes ver uns deseños xeniais, aparte dunha programación impecable, tedes que probar os xogos de Lucía, Judith ou Ángela.
Folerpas de neve. Meteoescolas de Nadal
Enviado por mar o Mar, 19/01/2021 - 13:22Santo Domingo. Plan Proxecta. Proxectos deportivos PDC
Enviado por carlos o Mar, 15/12/2020 - 11:49Diálogos animados, avanzando na Programación e no Camiño. Plan Proxecta: Aprendo Programando Xacobeo 2021
Video Arco da Vella do alumnado e profesorado de Matemáticas 1º ESO #meteoescolas #Todovaisairben
O alumnado de 1º ESO do IES Francisco Aguiar quere compartir con todos vós as súas mensaxes de ánimo e os seus arcos da vella cheos de esperanza feitos durante o confinamento por mor da pandemia do COVID-19. Departamento de Matemáticas do IES Francisco Aguiar
Imaxes dunha inesquecible xornada festiva: Visita dos do Entroido de Samede ao Aguiar
Enviado por Pitusa o Mér, 12/02/2020 - 23:15Este pasado martes 11 recibimos pola trde a un grupo de integrantes da asociación cultural que está a recuperar o Entroido de Samede. Despois dunha charla no salón de actos do centro, despois dunha breve demostración no pavillón do centro, o alumnado de 1º e 2º da ESO case na súa totalidade animáronse a aprender a bailar a 'Muñeira cruzada'.
Grazas a Martín e Alejandro, gaiteiros incansables, e grazas aos integrantes da asociación. Un auténtico pracer.
Premede nas frechas para navegar polas fotografías ou visitade o álbum da actividade na galería fotográfica do centro.
