1º ESO

Aprendo Programando con Mapas interactivos do Camiño de Santiago feitos con Scratch e Makey Makey

Chegando xa o fin da nosa andaina no Plan Proxecta Aprendo Programando pasamos ao mundo físico elaborando mapas interactivos con Scratch e Makey Makey.

Con textos orixinais de Julián Ferrer @xiztoria e locucións do alumnado de 1º ESO presentámovos un par de percorridos polos monumentos e a gastronomía do camiño. Para poder executalos sen o mapa interactivo tedes que premer nas teclas e frechas seguintes:

frecha arriba, frecha esquerda, frecha dereita, frecha abaixo, espazo, tecla g (só en monumentos), tecla f, tecla d, tecla s, tecla a

Tede paciencia, xa que cos audios, tardan un chisco en cargar.

Algunha imaxe dos nosos mapas

A maiores de dar o salto A maiores de dar o salto ao mundo físico coas placas Makey Makey, tamén experimentamos un par de proxectos coas BBC Micro:bit facendo un contador de pasos para o camiño e un mapa con luces led que nos serve de guía.

Cal é o día da semana no que máis chove? #enquisa #Meteoescolas

 

As alumnas e alumnos de Matemáticas de 1º ESO estamos a realizar unha enquisa para saber a opinión das familias e do profesorado. 

Necesitamos da vosa colaboración.

É moi sinxeliño: só hai que acceder á ENQUISA e responder a pregunta: cal é para ti o día da semana máis chuvioso?

Moitísimas grazas!

 

Cómo medir la satisfacción del cliente: 5 tips para encuestas de  satisfacción - Sendinblue

 

Sendeirismo por Chelo. # Proxectosdeportivos. #PlanProxecta

O pasado venres 28 de maio o alumnado de 1º B practicou sendeirismo pola contorna do río Mandeo, en Chelo, nunha ruta circular entre Betanzos e Paderne.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Sendeirismo por Chelo

Sendeirismo por Sada

 

O profesor de Educación Física Leonardo Piñeiro organizou catro saídas pola comarca para o alumnado de 1º de ESO, consistentes en rutas de sendeirismo en Fontán (Sada) e a zona de Chelo (Paderne).

As saídas comezaron o día 20 de maio e continuaron onte día 26 de maio; faltan aínda as saídas de mañá día 28 e do martes 1 de xuño.

As fotos pertencen á saída de onte, a de 1º D de ESO.

Álbum: Curso 2020-2021 -> Sendeirismo por Sada

Revista Proyecto Culinario 1º ESO D

En nuestro día a día está muy presente todo lo relacionado con la alimentación, de ahí que este curso los alumnos de 1º ESO hayan trabajado este tema elaborando una revista culinaria en la que tienen cabida recetas muy variadas, entrevistas a cocineros/as, muy especiales, y pequeñas obras literarias muy creativas.
 

OBRADOIRO SOBRE XELA ARIAS

     Hoxe o alumnado de  1º de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado . A actividade, a cargo do colectivo   POLO CORREO DO VENTO, está baseada na súa publicación titulada Liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Pequena biografía de Xela Arias, pertencente á colección “Mulleres galegas” en Lela Edicións.

Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía de Xela Arias acompañando o seu ameno relato  con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas da poeta nacida en Sarria.

 Foi unha actividade moi interesante e proveitosa! 

Álbum: Curso 2020-2021 -> obradoiro Xela Arias

FAUNA MÁXICA / 1º ESO

 
O alumnado de 1º de ESO anda a aprender sobre personaxes da nosa mitoloxía. Tamén leu varios textos da "Fauna máxica" de Álvaro Cunqueiro na súa obra  Escola de menciñeiros. Despois botouse a crear ata compoñer colectivamente este pequeno bestiario. 
Para ver as criaturas inventadas, preme nos nomes do seguinte índice:
 


1. A pillabina

13.A ra que hipnotiza

25.O  gapeiro

 2. O teperés

14. A Eli

26.O paxarefante

3. A lorsa

15.O rapoucho

27.O golficán

4. O loboto

16.O  bolborato

28.O T-Plus

 5. O xiraflante

17.O salburón

29. O guelirpe

6. O escaradentes

18.O raposobot

30.A tigreruga

 7. A pórcava voadora

19.A mantigoxa

31.O porcoruga

8.A pegallada

20.O paticervo

32.O tigrefante

9. O cocho-cacho

21.O xiritigre

33.O cabapato

10. A murmiga

22. O xirafante

34.O puritante

11.O escaratorpe

23. O serpón

35.O ornitotigris

12. O manolinho

24.O paticanfante

36. O hipopanda

 

Actividade física no exterior (IV)

01/06/2021 08:25
01/06/2021 12:00
Etc/GMT+2

O vindeiro día 1 de xuño o grupo de 1ºC de ESO -se o tempo o permitir-, sairá a facer actividade física entre Betanzos e Colantres, pasando por Chelo.

Serie: Lugar de Chelo, rio Mandeo (Betanzos, A Coruña) | Flickr

Distribuir contido