Animación á lectura
HORA DE LER
Que á calor da lareira recobren vida as travesas da tarima.
O soño da madeira: volver a ser árbore.
Aprenderemos iso, e tantas cousas máis, lendo os relatos de Lina Meruane e Carlos Casares.
O poder da palabra.
HORA DE LER
Chaves que abren portas.
Atravesar o limiar lendo a Yolanda Castaño ou a María Dueñas para acubillarmos ao abrigo das súas palabras.
ENCONTRO CON BRAIS LAMELA
HORA DE LER
HORA DE LER
Son moitos os motivos polos que achegarmos á plataforma 9 ¾™ da estación de King's Cross. Probablemente os nosos lectores viaxeiros no estean a ler no xornal ningunha nova sobre o encontro de Harry coa familia Weasley ou sobre a maldición de Voldemort.
Tampouco algún dos relatos londinenses de Doris Lessing ou un dos relatos de Xesús Fraga recollidos do seu particular A-Z.
Ou si?
HORA DE LER
No cumio da rolda de actividades posibles que imaxinou Cinta Vidal, quedou a hora de ler.
Entre as suxestións de lectura, os relatos de Maggie O'Farrell e Medos Romero.
HORA DE LER
Basta pechar os ollos
para que o ulido do iodo e das algas
rolde o nariz.
Aínda recorda a bronceada pel o tacto da area,
pero outros tempos,
os da nostalxia?,
son chegados...
HORA DE LER?
Hora de ler?
Aínda que os nosos pés pisen as baldosas das aulas, son moitas as cabezas que están a pensar nos graos de area que esperan nas praias.
Por iso, para pechar esta última semana de Hora de ler, que mellores suxestións de lectura que un poema da artista multidisciplinar Sol Mariño e os relatos A veces en verano de Lucia Berlin e Lectura de un verano de Bernard Malamud.
HORA DE LER
Ter nas mans os relatos de Miguel-Anxo Murado ou Juan Gómez Bárcena co convencemento de que estamos en tránsito, pero sabendo que ler nunca nos fará invisibles.
HORA DE LER
Ler: vivir nos libros para aprender a apurar a vida ante «el olvido que seremos»
Entre as suxestións desta semana, os relatos de Inma López Silva e Mónica Sánchez e un poema de Billy Collins.
