Animación á lectura
HORA DE LER
Incluída no Proxecto lector do Centro, HORA DE LER é unha das actividades pensadas para promocionar o hábito de lectura entre o noso alumnado.
Esta actividade consiste en dedicar os quince primeiros minutos das clases do alumnado de ESO, segundo o calendario que será divulgado semanalmente na web do centro, á lectura na aula (silenciosa e individual, colectiva e en voz alta, a gusto de cadaquén).
Transmitir o pracer por ler é parte da nosa responsabilidade. Cando lemos con entusiasmo os textos que nos gustan, provocamos interese e transmitimos emoción pola lectura.
Na Hora de ler ten cabida calquera tipo de texto (non só os textos literarios) que os docentes considere motivador, interesante, fermoso...
A partir da semana vindeira comezaremos a publicar na páxina web do centro (e en Alto Risco , o blog da Biblio) o calendario e as suxestións semanais de lectura. Lecturas, por suposto, abertas a toda a comunidade educativa.
O equipo da biblioteca.
Xela Arias: liberdade, solidariedade e amor pola lingua. Contacontos ilustrado
Para celebrar o Día das Letras Galegas do ano 2021 "Correo polo Vento" (Carlos Taboada e Enrique Mauricio) virán ao instituto para realizar unha actividade de contacontos ilustrado, para os grupos de 1º A e 1º C de ESO.
A actividade quere dar a coñecer a figura da autora homenaxeada e está baseada no libro de Correo polo Vento sobre esta poeta, ilustrado por Tania Solla e editado por Lela Edicións.
Na actividade, Correo Polo Vento narra oralmente a biografía de Xela Arias. A narración acompáñase de música e por medio da ilustración, rematando cun obradoiro de debuxo no que se farán caricaturas da poeta nacida en Sarria.
O contacontos ilustrado divídese en tres bloques e desenvolve unha temática didáctica (neste caso, a vida de Xela Arias) de xeito lúdico.
Visita virtual á editorial de poesía "Medulia"
O Departamento de Normalización Lingüística do IES Francisco Aguiar organiza para o grupo de 1º D de Bacharelato unha visita virtual á editorial de poesía "Medulia", co obxec tivo de dar a coñercer a forma de traballar dunha editorial de poesía.
MEDULIA, editorial galega, privada e independente, ofrece unha asistencia integral, tanto literaria como xurídica, a calquera autor/a que lle confíe o seu manuscrito desde o momento da entrega ata a publicación. E despois de publicado, continúa apoiando o seu desenvolvemento e promoción, sempre no propósito de dotar a cada obra da maior visibilidade e transcendencia.
HORA DE LER
O pintor hiperrealista Matthew Grabelsky leva anos pintando óleos nos que metamorfosea os corpos de mulleres e homes co implante da cabeza dun animal. Da serie de cadros inspirada nos lectores do metro de NYC, escollemos a que ilustra o cartel desta semana tan atípica de entroido.
O tenro rapaz (ou rapaz-tenreiro?) non está a ler, como podemos facer nós, a Clarice Lispector, Xosé Miranda e Antonio Reigosa ou Carlos Casares.
***
HORA DE LER
13ª Semana
[1ª Sesión]
HORA DE LER
12ª Semana
[6ª Sesión]
HORA DE LER
10ª Semana
[4ª Sesión]
Cantas veces ler permite habitar outro espazo, tanto ou máis real que o das nosas vidas.
Pode ser que algún lector, grazas a estes relatos, se adentre nos mundos debuxados por Ray Bradbury e Manuel Rivas.
Videocríticas 4º ESO (2ª entrega do 2020)
Compartimos convosco a opinión de Javier que recomenda a lectura de 'O sol do verán' de Carlos Casares.
HORA DE LER
9ª Semana
[3ª Sesión]
morriña: substantivo feminino Sentimento e estado de ánimo melancólico e depresivo, en particular o causado pola nostalxia da terra.
Sentía moita morriña no estranxeiro. Nos días de chuvia éntrame a morriña
Nos días de chuvia éntranos a morriña de emular ao neniño que debuxa Jimmy Liao tumbado entre follas de pradairo, carballo e castiñeiro.
Aínda tan lonxe desa luminosidade e desas cores, chéganos o pulo para comezar a ler a Berta Dávila e Dylan Thomas.
Videocríticas do alumnado de 4ºESO (1ª parte)
Esta é a primeira das videocríticas que o alumnado de 4º da ESO fixo na materia de Lingua Galega e Literatura. Conteñen unha suxerencia lectora para este Nadal: 'O Corazón de Xúpiter' de Ledicia Costas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »
