Animación á lectura
HORA DE LER
#lecturasnaxanela 23 de abril Día Internacional do libro
Enviado por Pitusa o Xov, 23/04/2020 - 08:24Outros anos, unha das actividades coas que preparábamos no Aguiar o día do libro, era pedir ao noso alumnado fotos súas e das súas lecturas. Enchíamos os corredores do centro con elas. Este atípico curso, tivemos que darlle a volta á tortilla, e ser maioritariamente os profesores, os que vos fixéramos chegar as nosas fotos lendo. Porque a compañía dos libros pode axudar a sobrelevar o confinamento, e porque bótasevos en falta.
Gracias a todos os compañeiros, ex-compañeiros, ex-alumnado e alumnado que nos achegou a súa foto lectora. E tí, alumno/a que fixeches unha e aínda non puideches achegárnola, non o dubides, sempre é tempo de facelo, aínda que xa pasara o día.
Preme na imaxe e navega coas frechas ou visita o álbum na galería fotográfica do centro.
HORA DE LER
22ª SEMANA [4ª SESIÓN]
Sobre mulleres, ciencia e cómic, incluimos tamén unha recomendación en forma de cómic con licencia creative commons: 'Mujeres científicas' da ilustradora Raquel García Ulldemolins, Este tebeo, de 32 páxinas, pode descargarse en formato pdf en resolución media (9Mb) ou en alta resolución (41Mb).
HORA DE LER
Entroido, antroido, entroito... son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
Videocrítica 'Palabras envelenadas' de Maite Carranza por Eva de 4º ESO
Continuamos o capítulo de videocríticas de literatura en galego que o alumnado de 4º da ESO está a facer ca súa profesora Carmen Suárez. Hoxe tócalle o turno a Eva que nos recomenda a lectura de 'Palabras envelenadas' de Maite Carranza.
Video crítica 'Kafka e a boneca viaxeira' de Jordi Sierra i Fabra por Misma alumna de 4º de ESO
O departamento de Lingua Galega e Literatura, da man de Carmen Suárez, sorpréndenos este curso coa realización de videocríticas co alumnado. Os alumnos/as recomendan aos seus amigos e ao público en xeral, lecturas que eles mesmos desfrutaron.
Hoxe queremos facer público o traballo de Misma que, con moita naturalidade e soltura, comparte con nós a súa impresión acerca de 'Kafka e a boneca viaxeira' de Jordi Sierra i Fabra
HORA DE LER
HORA DE LER
17ª SEMANA [5ª SESIÓN]
Johannes Veermer no seu óleo Brieflezend meisje bij het venster plasma con toda a sutileza o momento no que a rapaza está a ler a carta. O que contempla o cadro tamén pode ver como a luz penetra na estancia reflectindo o rostro da lectora nos cristais.
Esta semana os nosos lectores poden atopar esa superposición de planos nos relatos de Raquel Vázquez e Anxos Sumai.
HORA DE LER
14ª SEMANA [2ª SESIÓN]
HORA DE LER
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »
