Impresos de matrícula
IMPRESOS DE MATRÍCULA. Curso 2024-25
Impresos para consulta, non válidos para formalizar a matrícula
3ºESO - 3º PDC | 4º ESO - 4º PDC | 1º BAC | 2º BAC |
Os impresos de matrícula entragaranse ao alumnado de ESO e 1º Bac xunto co boletín de cualificacións o día 25 de xuño ás 13:30 na aula de referencia.
Para alumnado de nova incorporación, poderán recoller o impreso na secretaría do centro a partires do día 24 de xuño.
INFORMACIÓN, DATAS E QUENDAS MATRÍCULAS
Non esquezan achegar tamén a documentación especificada neste documento.
Xunto ao impreso de matrícula, hai que entregar cubertos tamén os seguintes anexos:
ANEXO 1 Á MATRÍCULA: FOLLA DE AUTORIZACIÓNS.
ANEXO 2 Á MATRÍCULA: AUTORIZACIÓN FAMILIAR PARA A RECOLLIDA NO CENTRO.
ANEXO 3 Á MATRÍCULA: AUTORIZACIÓN PARA A SAÍDA DO ALUMNADO DE BACHARELATO, MENOR DE IDADE, EN HORARIO ESCOLAR.
O alumnado de bacharelato que esea interesao en SOLICITAR O USO EXCEPCIONAL DE TRANSPORTE debe presentar tamén este documento
PRAZO DE ADMISIÓN ORDINARIA PARA ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS
PROCESO MATRICULACIÓN para o curso 24-25
MATRÍCULA – Curso 24-25 |
Tras a avaliación final ordinaria da ESO (extraordinaria de Bac) e a entrega de notas, unha vez coñecidos os resultados académicos obtidos no curso 2023/2024, comezará o período de Matrícula para todo o alumnado, promocione ou non. Unha vez realizada a matrícula, só en circunstancias excepcionais e por causas totalmente xustificadas, poderá ser solicitada algunha modificación nas materias escollidas. Estas solicitudes serán estudadas e resoltas pola Dirección do centro. A impartición das materias elixidas está condicionada a que haxa un mínimo de alumnado (5 para materias troncais e 10 para optativas) e ás posibilidades organizativas do Centro. Para a adxudicación de optativas terase en conta, ademais da continuidade de estudos ou posibles incompatibilidades por materias cursadas anteriormente, a nota media do curso anterior e comezando polas matrículas entregadas en tempo e forma.. Para a sección bilingüe, serán as cualificacións obtidas en inglés e nas materias propias da sección. O alumnado e as familias poderán consultar calquera dúbida, sobre a elección de materias optativas e itinerarios, ao Departamento de Orientación, á Xefatura de Estudos ou á Dirección do centro. |
DATAS MATRICULACIÓN para o curso 22-23
DATAS DE MATRÍCULA |
|
Para cursar 2º BAC |
27 de xuño |
Para cursar 1º BAC |
28 de xuño |
Para cursar 4º ESO |
29 de xuño |
Para cursar 3º ESO |
30 de xuño |
Para cursar 2º ESO |
1 de xullo |
Para cursar 1º ESO |
4 de xullo |
*Admisión CSXVEC: non hai información
En horario de 9 a 14 horas