PROCESO MATRICULACIÓN para o curso 22-23

13/06/2022 23:00
Europe/Madrid

MATRÍCULA – Curso 22-23

Tras a avaliación final ordinaria da ESO (extraordinaria de Bac) e a entrega de notas, unha vez coñecidos os resultados académicos obtidos no curso 2021/2022, comezará o período de Matrícula para todo o alumnado, promocione ou non (este ano non hai matrículas en setembro)

Unha vez realizada a matrícula, só en circunstancias excepcionais e por causas totalmente xustificadas, poderá ser solicitada algunha modificación nas materias escollidas. Estas solicitudes serán estudadas e resoltas pola Dirección do centro.

A impartición das materias elixidas está condicionada a que haxa un mínimo de alumnado (5 para  materias troncais e 10 para optativas) e ás posibilidades organizativas do Centro.

Para a adxudicación de optativas terase en conta, ademais da continuidade de estudos ou posibles incompatibilidades por materias cursadas anteriormente, a orde de chegada o día asignado.

Para a sección bilingüe, serán as cualificacións obtidas en inglés e nas materias propias da sección.

O alumnado e as familias poderán consultar calquera dúbida, sobre a elección de materias optativas e itinerarios, ao Departamento de Orientación, á Xefatura de Estudos ou á Dirección do centro.