Taboleiro
Listaxe alumnado de ESO e BAC autorizado excepcionalmente para o uso do transporte escolar gratuito curso 2019-20
Preme nas ligazóns ou nos logotipos das distintas compañías de transporte para consultar o alumnado de ESO e de BAC, autorizado excepcionalmente para o uso do transporte escolar gratuito no curso 2019-20 por compañía e parada.
![]() |
![]() |
![]() |
Autobuses Arriva | Autobuses Gilsanz | Autobuses Rivas |
INICIO DO CURSO ESCOLAR 2019-2020
A presentación do alumnado terá lugar os días 16 e 17 de setembro segundo o seguinte horario:
LUNS 16 de setembro. Presentación de Bacharelato e Ciclo Superior Xestión de Vendas e Espazos Comerciais.
HORA | CURSO |
11:00 | 2º BACHARELATO |
11:30 | 1º BACHARELATO |
12:00 | CICLO SUPERIOR (1º E 2º) |
MARTES 17 de setembro. Presentación da ESO de 11:00 a 13:00.
HORA | CURSO |
11:00 | 1ºESO |
11:30 | 2ºESO |
12:00 | 3ºESO |
12:30 | 4ºESO |
HORARIO DE AUTOBUSES
O servicio de autobuses recollerá o martes 17 ao alumnado da ESO nas súas paradas habituais para chegar ao instituto ás 11:00.
Ao rematar as presentacións ás 13:00 levarán de volta ao alumnado as súas paradas.
Importante: o mércores 4 ás 15:00 publicaránse no SIXA as cualificacións da convocatoria de setembro. A matrícula se formalizará o xoves 5
O vindeiro mércores 4 de setembro de 2019 ás 15:00, publicaranse no SIXA as cualificacións obtidas polo alumnado na convocatoria extraordinaria de setembro. |
A matrícula formalizarase o xoves 5 de setembro en horario de 9:00 a 14:00
Os impresos de matrícula poden solicitarse no centro ou descargar desta web na entrada anterior.
O alumnado poderá recoller os boletíns de cualificacións da man dos seus titores o xoves ás 10:00
Horarios de revisión de exames xoves 5 setembro preme para descargar o documento adxunto.
Matrícula Setembro ESO e BAC Curso 2019-2020
DATA DE MATRÍCULA setembro
(en horario de 9:00 a 14:00 horas): Día 5 de Setembro
DOCUMENTACIÓN a entregar o día de matrícula:
1º ESO |
2º ESO |
3º, 4º ESO |
1º BACH |
2º BACH |
O alumnado que se matricule para 3º - 4º de ESO e 1º - 2º de BAC, deberá presentar unha fotocopia do impreso de matrícula para ser selada e numerada. |
|||||
do centro |
Novos |
do centro |
Novos |
do centro |
Novos |
do centro |
Novos |
do centro |
Novos |
|
X |
X |
X |
X |
X |
X |
X |
X |
X |
X |
Impreso de matrícula, debidamente cuberto. |
|
|
|
|
X |
X |
X |
X |
X |
X |
Impreso de abono do Seguro Escolar, unha vez efectuado o ingreso na entidade bancaria que se indica no mesmo. |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
1 |
Fotografía tamaño carnet, co nome e apelidos por detrás |
|
X |
|
X |
En 4º |
X |
|
X |
|
X |
Fotocopia do DNI ou do Libro de Familia |
|
X |
|
X |
|
X |
|
X |
|
X |
Fotocopia da tarxeta sanitaria. |
|
X |
|
X |
|
X |
|
X |
|
X |
Certificado de estudos expedido polo centro de procedencia con código Xade.(Non é necesario para o alumnado procedente do Colexio “Francisco Vales Villamarín”) |
IMPRESOS DE MATRÍCULA: Pode descargar e imprimir os impresos de matrícula ou solicitalos na conserxería do Centro
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
1º/2ºESO | 3ºESO | 4º ESO | 1º BAC | 2º BAC |
AVISO:
Os alumnos de Betanzos con distancia do domicilio familiar ó centro menor de 2 Km. (Chatarrería 1, Chatarrería 2, Castro, Refugio, As Cascas e Bellavista) que queiran facer uso do transporte escolar teñen que presentar solicitude (a recoller en Secretaría) para que a Consellería lles autorice. (Para a ESO o prazo remata o 30 de setembro).
Así mesmo, os alumnos de Bacharelato poderán solicitar autorización para a utilización do uso do transporte escolar gratuíto (sempre a e cando existan prazas libres) ata o 30 de setembro.
Aberto o prazo de solicitude de becas e axudas ao estudo para alumnado de niveis postobligatorios do Ministerio de Educación e Formación Profesional curso 2019/2020
Abriuse prazo para acceder ás becas ou axudas ao estudo para ensinos postobligatorios do Ministerio de Educación Cultura e Deporte.
Toda a información desta convocatoria pódese consultar no portal:
Prazo de presentación: Desde o 1 de agosto ata o 1 de outubro de 2019
A solicitude preséntase mediante formulario on-line a través da páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Prazo de devolución dos libros de texto para alumnado con asignaturas pendentes para setembro: ata o día 5 de setembro
O prazo para devolver os libros de texto para o alumnado con asignaturas pendentes en Setembro remata o vindeiro 5 de setembro. | ![]() |
Información importante probas ABAU convocatoria xullo 2019
PROBAS ACCESO UNIVERSIDADE (ABAU) ALUMNADO BACHARELATO - xullo 2019
MATRÍCULA:
Día 26 de xuño: Comprobar en Secretaría impreso de prematrícula ABAU.
Día 27 de xuño: Matrícula en Secretaría das probas de acceso e solicitude título Bacharelato (Ten que realizarase única e obrigatoriamente este día).
Documentos necesarios:
- Impresos de matrícula (a recoller en conserxería) debidamente cubertos e aboando as taxas en entidade bancaria : 63,67 € (Para familia numerosa 31,84 €)
- Solicitar o título de Bacharelato aboando as taxas en entidade bancaria : 51,65 € (Para familia numerosa: 25,85 €)
- 2 fotocopias e orixinal do D.N.I. ou pasaporte no caso de estranxeiros (para compulsar).
Día 04 de xullo: Comprobar en Secretaría listados de matrícula.
No momento da matrícula no centro, xerarase unha solicitude de conta de usuario para poder acceder a NERTA (aplicación informática de xestión de acceso ao sistema universitario de Galicia) automáticamente. O alumnado recibirá na súa conta de correo electrónico información cos pasos a seguir para completar a activación da conta de usuario solicitada. Todas as contas de usuario de NERTA xestionaranse de maneira independiente na aplicación https://www.edu.xunta.es/contausuario, nesta aplicación o alumnado poderá activar a conta, cambiar o contrasinal, bloquear a conta, etc.
As incidencias que poidan xurdir relativas a esta aplicación deberán dirixirse á Unidade de Atención a Centros (UAC) no teléfono 881 99 77 01 - 902905445
Unha vez teñas activada a túa conta, para entrar na aplicación introduce o teu usuarío (ueXXXX) e contrasinal, unha vez identificado como usuario, aparecerá o menú da aplicación : NERTA— Xestión do acceso ao sistema Universitario de Galicia.
EXAMES:
Probas:
Os exames terán lugar os días 10, 11 e 12 de xulto, segundo o horario indicado no Anexo II I.
Lugar:
Facultade de Informática - Campus de Elviña (Comisión Delegada n° 6) - Tfno.: 981/16.70.00 — Extensión 2409
CUALIFICACIÓNS:
Publicación das notas:
Faranse públicas en Internet o día 18 de xullo a partir das 20:00 h.
Entrega das tarxetas de cualificación:
O día 19 de xullo na Secretaría do instituto.
Enderezos web para a xestión e información relacionada con selectividade e matrícula Universidade:
CiUG: http://ciug.gal
Nerta: www.edu.xunta.es/nerta
AVISO: A EMPRESA GILSANZ PON GRATIS UN AUTOBÚS PARA IR ÓS EXAMES (SÓ A IDA), HAI QUE ANOTARSE EN SECRETARIA.
Betanzos, a 18 de xuño de 2019
Publicadas as cualificacións de Xuño no SIXA familias
![]() |
Xa están publicadas as cualificacións de Xuño en SIXA familias. Prema na ligazón ou na imaxe para acceder ao servizo web e autenticarse co seu usuario e contrasinal. Mañá, 26/06/2019 ás 10:30 os titores entregarán as cualificacións en papel aos alumnos/as. Por rematar o contrato do transporte coa Xunta, non haberá servizo de autobuses. O alumnado que non poida asistir mañá poderá recoller os boletíns na conserxería do centro no horario de apertura de vacacións. |
