Escolares
24 febreiro. 180 aniversario de Rosalía
Malia ter elixido este día 24 como festivo no noso centro, hai xente no Instituto que non descansa para facernos lembrar cada esta conmemoración: este ano 180 do nacemento de Rosalía de Castro.
Con esta iniciativa, que encheu de sentidos as escaleiras de acceso ás aulas, e os taboleiros cos caligramas, Rosalía estará aínda máis presente no Aguiar.
Parabéns pola iniciativa ao ENDL, Biblioteca, Departamento de Galego e Departamento ded Educación Plástica
Calendario de actividades. Semana do 23 ao 27 de novembro
Luns 23 Ábrese o prazo para o concurso de tweets (Chíos!) de Nadal |
Martes 24 Enchemos o Instituto de leons e leoas. Mediodía de Club de Lectura para a ESO |
Martes 24 Charla ao alumnado de ESO 4º e BAC 1º sobre o Banco de Alimentos e a súa iniciativa solidaria |
Mércores 25 Inauguración na Biblioteca da exposición de sombreiros pola festa das Catherinettes |
Mércores 25 Sumámonos á iniciativa da ONU contra a violencia de xénero pintando de laranxa o Instituto. Traballo sobre a exposición de carteis "Cartas de Amor" |
Venres 27 Alumnado de 1º e 2º BAC visitarán en Lugo a exposición "A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz" |
Venres 27 Con alumnado de ESO 3º, organizada polo Dpto. Educación Plástica e Visual: Visita á Casa_Museo Casares Quiroga (sede actual da exposición "Betanzos Histórico" realizada polo alumnado do IES Francisco Aguiar); Taller na Fundación Luís Seoane |
SEGUNDA SEMANA DA CIENCIA E A TECNOLOXÍA
II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía
Celebrada do 29 de abril ao 3 de maio de 2013
Por segundo ano consecutivo celebrouse no Instituto esta Semana, coa que se quere fomentar a cultura científica dos nosos alumnos e motivalos na aprendizaxe das ciencias e a tecnoloxía.
Esta actividade foi organizada polos profesores Luísa Muíño (Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), colaborando Emilio Duque ( Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) e na elaboración do cartel os alumnos de María del Carmen Núñez Faraldo (Departamento de Tecnoloxía).
Preparamos nas semanas anteriores a alumnos voluntarios que actuaron como monitores e foron os auténticos protagonistas destas xornadas, tanto na realización como na explicación dunha serie de proxectos e experimentos aos compañeiros doutros niveles, facendo que a semana fora amena e educativa á vez. As experiencias resultaron atractivas tanto para os alumnos/as que as realizaron como para os que as recibiron.
Todo este traballo completouse con dúas conferencias. Na primeira, con Paulino Gasalla, responsable do área de Astronomía e Contaminación Lumínica da “Sociedade Galega de Historia Natural” de Ferrol, efectuamos unha imaxinativa viaxe espacial. Saíndo da Terra nunha hipotética nave percorremos o Sistema Solar, visitando todos os planetas, os seus satélites, asteroides, planetoides, cometas, etc, para despois entrar na Vía Láctea onde visitamos estrelas, nebulosas, supernovas, novas, cúmulos abertos, cúmulos pechados, nacemento de estrelas, galaxias satélites, galaxias do Grupo Local, e penetramos no Espazo Profundo, onde atopamos grandes galaxias, choques galácticos, cúmulos de galaxias, cuasares e así ata chegar aos confíns do Universo Coñecido.
Na segunda, Antonio Sanduende Otero, responsable do Departamento de Servizos Enerxéticos na empresa Punto de Solucións de Enxeñería Galega, S.L.L. e Consultor de Enerxías Renovables e Eficiencia Enerxética, falou da enerxía solar térmica e fotovoltaica e as súas aplicacións prácticas.
Os proxectos e ensaios realizados podedes velos resumidos brevemente no seguinte arquivo:
II Semana da Ciencia e a Tecnoloxía
Do 29 de Abril ao 3 de Maio de 2013
Por segundo ano consecutivo vaise a celebrar no Centro a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía, organizada polos profesores Mª Luisa Muíño, Juan Neira e Emilio Duque.
Levaranse a cabo demostracións do funcionamiento de distintos proxectos de Tecnoloxía e de fornos solares, experimentos nos laboratorios de Física e Bioloxía, e as conferencias “Unha viaxe espacial” por Paulino Gasalla e "A enerxía solar e as súas aplicacións prácticas" por Antonio Sanduende.
Pódese consultar o programa no ficheiro adxunto.
Concurso escolar: reciclaxe de cartuchos de impresora
Por iniciativa dos profesores Luisa Muíño e Juan Neira, o Instituto participa este ano no Concurso Escolar “Reciclaxe de cartuchos de Impresora”, có fin de conseguir:
-
Una educación desde as bases, na recuperación de produtos que poden volver a ser reutilizados, o que supón un aforro de materias primas, enerxético e por suposto económico.
-
Crear unha concienciación social na nosa contorna, evitando que estes produtos acaben contaminando o medio ambiente.
O obxectivo é recoller o maior número posible de cartuchos de tinta e láser que posteriormente se enviarán a un centro de reciclaxe, có que se reducirá a cantidade de residuos, contribuiremos a reducir a contaminación e aforraranse recursos ao medio ambiente. A empresa non só paga cada cartucho entregado senón que concede puntos, premiando aos Centros que recollan máis cartuchos cunha compensación económica. Os cartos estarán destinados a adquirir algún aparello que permita recargar baterías (usadas no centro) a partir de enerxía solar ou complementar equipos informáticos antigos que se poden poñer a funcionar alongando a súa vida útil.
Todos podedes participar. Traede os cartuchos baleiros das impresoras e depositádeos nas caixas dos puntos de recollida distribuídos polo Instituto (diante da sala de profesores do Edificio Principal e nas dúas Conserxerías).
PRIMEIRA SEMANA DE CIENCIA E DA TECNOLOXÍA
I Semana da Ciencia e a Tecnoloxía
Celebrada do 24 ao 27 de abril de 2012
Este curso celebrouse esta Semana organizada polos profesores Luísa Muiño
( Departamento de Física e Química) e Juan Neira (Departamento de Tecnoloxía), coa colaboración de Emilio Duque (Departamento de Bioloxía e Xeoloxía) e María del Carmen Núñez Faraldo (Tecnoloxía).
O máis importante foi a participación dos alumnos voluntarios de 3º. 4º ESO e 1º de Bacharelato que prepararon e realizaron proxectos, experimentos e ensaios que amosaron aos seus compañeiros de instituto durante estes catro días. Todo este traballo complementouse cunha conferencia científica sobre as aplicacións en Medicina das radiacións .
Os proxectos e ensaios podedes velos resumidos brevemente no seguinte arquivo:
I Semana da Ciencia e da Tecnoloxía
Do 24 ao 27 de Abril de 2012
Os profesores Mª Luisa Muíño e Juan Neira, organizan por primeira vez no centro, a Semana da Ciencia e a Tecnoloxía. Levaránse acabo demostracións guiadas do funcionamiento de distintos proxectos de Tecnoloxía, experimentos no laboratorio de Física e Química, ensaios de xenética no laboratorio de Bioloxía, e a conferencia “Bases científicas das probas de detección por imaxe en Medicina” por Cristina Lois Gómez Doutora en Ciencias Físicas.
Consulta e descarga o programa nos ficheiros adxuntos de esta entrada.
Tamén podes ver os carteles feitos polos alumnos de informática con motivo de este evento.
