INTERCAMBIOS /Complementarias

Intercambio co Liceo Scientífico de Siena 2018. A Galería de fotos aumenta.

San Gimigniano

Quedan poucos días xa, e temos gañas de que volten, pero mentres os do Intercambio con Siena seguen a enviar imaxes demostrativas de que, non só están ben, senon que o están a pasar estupendamente.

Desfrutade do que queda, e boa viaxe de volta.


Intercambio co Liceo Scientífico de Siena 2018

Siena

Comezan a chegar noticias e interesantes imaxes (que iremos publicando na Galería do centro) dos participantes do Intercambio co Liceo Scientífico de Siena en Italia.

Polo que parece, todos están a disfrutar dunha cálida (calda) acollida por parte dos nosos compañeiros de Italia e mesmo polo país enteiro.

Coma se amosa nunha das imaxes, compartimos o gusto pola boa gastronomía, e coma aquí na Galicia, polo porquiño, do que aproveitamos todo.

Desfrutade moito desta calda acollida polos nosos curmáns, xa que parece que pon por ahí:

CALDA É BONA

siena2 siena3

Intercambio co Liceo Scientifico de Siena 2018

siena 18

 

 

 

 

Do 25 de setembro até o 2 de outubro realizarase a 2ª parte do intercambio co Liceo Scientifico "Galileo Galilei" de Siena(Italia). Alumnado de 2º de Bacharelato viaxará acompañado por Julián Ferrer e Carmen Suárez.

 

 

 

 

Chorando por un intercambio que está a piques de rematar.

07-10-2014.

Como cando imos deixando no prato o mellor bocado para o final ... Do mesmo xeito o intercambio co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna está rematar. Para última visita... a da cidade de Florencia. Bágoas de emoción ante tanta beleza ( o famoso síndrome Stendhal)

 

08-10-2014.

Derradeiro día. Madrugón de rigor,  bágoas de despedida, promesas de recordo eterno e cita para o segundo trimestre cando chegue o momento de recibir aos seneses en Betanzos. A media tarde chegada ao aeroporto da Coruña... máis bágoas e clásicas peticións de comida tradicional ( "mamá, papá, hoxe para cear tortilla de patata"). Relato (versión para pais e nais ) do intercambio.

 

09-10-2014.

A volta ao Insti. Bágoas de emoción e reencontro. Relato ( versión coleguis) do intercambio. 8.45. Primeira hora. Galego para os de 4º A, Educación Ético-Cívica para os de B, Mates para os de C.

"Volver a empezar" ( pero cos petos cheos de experiencias e persoas inesquecibles)

Primeiras imaxes do Intercambio co Liceo de Siena

1.X.2014. Nunha Bolonia nebulosa, primeiro contacto con Italia de camiño a Siena

 

2.X.2014. Liceo Duccio di Buoninsegna. O grupo ao completo. ¡Seneses e betanceiros, que queredes!

 2.X.2014 Remata o primeiro día. A Piazza del Campo comeza  o seu embruxo

Intercambio escolar co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna (Siena.Italia)

Á penas recuperados da "viaxe clásica" a Atenas,  un novo grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO embárcanse nunha nova saída cultural.Nesta ocasión, trátase do tradicional intercambio anual con Italia.

Seremos acollidos pola nosa amable colega Lucia Papini, profesora de inglés no Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena.  O ano pasado xa tivemos a ocasión de facer un intercambio con este mesmo Liceo resultando unha viaxe excepcional.

Agardamos que, desta volta, sexa igualmente maravillosa e formativa para os quince alumnos e alumnas que vivirán esta experiencia acompañados polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Elvira Castro Otero.

No seu plan de viaxe inclúese a asistencia a algunhas clases do Liceo, actividade deportiva e visitas tan apetecibles como as que farán á cidade de Florencia, Montepulciano, Pienza e , por suposto, unha visita intensiva a Siena: á catedral, ás contradas.... Agardamos contar coas súas crónicas para mantervos informados.

 Algo do que poderán disfrutar....                                                                   A Piazza do Campo de Siena coa Mangia ( torre del Comune)

Os participantes da pasada edición deste intercambio en Bolonia        ¿Seica, un betanceiro(Andrade) en Siena?

 

 

Visita do Intercambio de Siena ao CIEC

Sábado 5 abril. Os alumnos do Liceo Duccio di Buoninsegna  visitan o Centro Internacional de Estampa Contemporánea e realizan unha práctica de estampado con punta seca.

 

A viaxe ao sur galego do Intercambio sienés. Nebbia e pioggia

Máis inclemente non puido ser o día que pasamos no sur de Galicia cos compañeiros do Liceo Duccio di Buoninsegna. Nin sequera nos permitíu realizar a prevista visita ao Castro de Santa Trega.

No seu lugar percorremos as encantadoras rúas de Baiona ( máis o serían con menos frío e choiva, pero...) Alí seguía a carabela recén chegada das américas ( que vedes ao fondo á esquerda da imaxe)

Tanta inclemencia, choiva e fríoGuay.... levounos a unha das más características tendas das murallas de ValençaInocente

NOTA

 O noso agradecemento a Catuxa Gómez, reporteira gráfica de Barrio Sésamo,  polas imaxes

Intercambio co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena

Logo de que un grupo de 19 alumnos e alumnas visitaran en setembro a cidade de Siena nun produtivo intercambio co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna, tocaba ao IES Francisco Aguiar recibir ao alumnado diste Liceo toscano.Pois ben...xa están entre nos.

O primeiro día tocou recepción no Instituto, charla en inglés sobre o Camiño de Santiago a cargo de Catuxa Gómez e Laura Antón.  E para repoñer forzas, e prepararse para o resto da mañá,  desgustación de chocolate con churros.

De seguido visita guiada ao casco antigo de Betanzos... para rematar cunha recepción por parte do Concelleiro de Cultura  do Concello de Betanzos. A tarde, de convivencia coas familias españolas .

E mañá.... longa pero prometedora viaxe ata o Castro de Santa Trega e Valença do Minho

 O sábado, á mañá, actividade no Centro Internacional de Estampa Contemporánea (CIEC) . Pola tarde, con permiso da autoridade( que xa temos) e se o tempo non o impide ( crociamo il dito) concerto no Palco da Música a cargo de "Los Inesperados".

 

Plan de Prevención de Drogodependencias no Ámbito Municipal

 

Durante os meses de febreiro e marzo  o noso Instituto volverá a participar no Plan Prevención de Drogodependencias dende o Ámbito Municipal, experiencia que se vén desenvolvendo no Concello de Betanzos dende o ano 2002.

O Instituto leva xa varios anos colaborando  e mañá comeza unha nova edición deste programa premiado en varios foros.

Durante os meses en que terán lugar as sesións, todos os grupos da ESO terán ocasión de participar, en dúas sesións cada un, dirixidas por Juan Carlos Prado, traballador da Concellería de Servicios Sociais e Sanidade do Concello de Betanzos.


Distribuir contido