Intercambio escolar co Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna (Siena.Italia)

Á penas recuperados da "viaxe clásica" a Atenas,  un novo grupo de alumnos e alumnas de 4º da ESO embárcanse nunha nova saída cultural.Nesta ocasión, trátase do tradicional intercambio anual con Italia.

Seremos acollidos pola nosa amable colega Lucia Papini, profesora de inglés no Liceo Artístico Duccio di Buoninsegna de Siena.  O ano pasado xa tivemos a ocasión de facer un intercambio con este mesmo Liceo resultando unha viaxe excepcional.

Agardamos que, desta volta, sexa igualmente maravillosa e formativa para os quince alumnos e alumnas que vivirán esta experiencia acompañados polas profesoras Lucía Sáez Baquedano e Elvira Castro Otero.

No seu plan de viaxe inclúese a asistencia a algunhas clases do Liceo, actividade deportiva e visitas tan apetecibles como as que farán á cidade de Florencia, Montepulciano, Pienza e , por suposto, unha visita intensiva a Siena: á catedral, ás contradas.... Agardamos contar coas súas crónicas para mantervos informados.

 Algo do que poderán disfrutar....                                                                   A Piazza do Campo de Siena coa Mangia ( torre del Comune)

Os participantes da pasada edición deste intercambio en Bolonia        ¿Seica, un betanceiro(Andrade) en Siena?