Matemáticas
PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS 2022-23_Dpto. Matemáticas
Programación Matemáticas_2º, 4º ESO e 2º BAC
Programacións Matemáticas_1º, 3º ESO e 1º BAC
Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I_1º BAC
Addendas derivadas da Orde 27 se decembro de 2022 que modifica a Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022-2023
Proxecto Competencial_1º e 3º ESO
METEOESCOLAS: CLIMOGRAMAS
O alumnado de 1ºESO fixo os climogramas asociados ás recollidas de datos feitas na estación meteorolóxica do centro, dende o 6 de febreiro ó 19 de marzo. Os climogramas recollen os datos semanais das precipitacións, das temperatúras máximas e mínimas de cada día de cada unha das semanas das que se recolleron os datos.
A continuación podemos ver tres exemplos dos climogramas feitos polo alumnado.
METEOESCOLAS: PAPAVENTOS
O alumnado de proxecto competencial está a indagar sobre a construción dos papaventos. Como resultado do seu proxecto, fixeron os seguintes podcast na radio do IES Francisco Aguiar onde poñen en relación a construción dos papaventos e a meteoroloxía, e que podemos escoitar a continuación:
Podcast 1: https://www.ivoox.com/cometas-audios-mp3_rf_110306535_1.html
O alumnado de 3ºESO ofrécevos unha alternativa para esta finde... voar un papaventos. Pero como se manteñen no aire?
Eles explícannolo.
Podcast 2: https://www.ivoox.com/segundo-podcast-sobre-cometas-audios-mp3_rf_110306762_1.html
Despois de teren traballado todo o curso cos papaventos chegou o momento, temos que voalas... pero onde?
O alumnado de 1ºB fixo ese traballo de investigación por vos.
Podcast 3: https://www.ivoox.com/cometas-3-audios-mp3_rf_110306931_1.html
Os nosos compañeiros/as de 1A tentaron saír a volar os seus papaventos feitos en proxecto competencial.
Ainda que tiñan o lugar, grazas ao noso segundo podcast sucedeu o inimaxinable...
As condicións metereolóxicas non nos acompañaron. Isto fíxolles reflexionar sobre o tempo e as catástrofes que este provoca co que decidiron facer este último podcast.
The weather in As Mariñas
The Wheather in As mariñas: esta actividade foi realizada por alumnado de 1°ESO na materia de Inglés.
Aproveitando a introdución do futuro will/won't característico, entre outras cousas, das prediccións, e o vocabulario relacionado co tempo (weather), realizamos por grupos unha investigación do tempo na comarca de As Mariñas.
Primeiro adicámonos a coñecer os diferentes concellos pertencentes a dita comarca e a investigar sobre as temperaturas medias, as precipitacións, etc.
Unha vez tivemos esta información puxémonos a sintentizar a información e a elaborar os posters.
Actividade de Meteoescolas . 2º ESO A
O alumnado de 2°ESO A fixo unha tarefa de búsqueda de información sobre magnitudes relacionadas coa Meteoroloxía. O resultado final foi a creación de carteis informativos de Meteoescolas que están colgados no corredor da entrada do IES Francisco Aguiar.
Roteiro Literario por Guitiriz [SUSPENDIDA]
Os grupos de 2B/C visitan Guitiriz, onde realizarán un roteiro literario pola localidade a cargo do alumnado do IES Poeta Díaz Castro.
Olimpíada matemática
Tres dos nosos alumnos de 2º ESO participan na Olimpíada matemática, que se celebra na Facultade de ciencias da Educación.
Desembalaxe do material de "Polos Creativos"
Enviado por carlos o Xov, 13/04/2023 - 20:00Club de ciencia e Meteoescolas: crónica da actividade de iniciación á astronomía
O pasado 31 de xaneiro tivo lugar un obradoiro de iniciación á astronomía no IES Francisco Aguiar, organizado conxuntamente entre o profesorado do Club de Ciencia e do Proxecto MeteoEscolas. A súa posta en práctica tivo dúas fases diferenciadas: a primeira, na aula de informática, na que o alumnado aprendeu a evolución do concepto de gravidade desde a antiga Grecia até a actualidade; repasáronse os principais movementos da Terra para despois aprender a orientarse, guiándonos polo Sol durante o día e polos demais astros pola noite. Aprendemos, tamén, a situar as principais constelacións do ceo de inverno. A segunda parte do obradoiro consistiu nunha observación no patio do instituto, facendo uso dun telescopio e duns prismáticos prestados polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Así, puidemos ver os cráteres da Lúa aproveitando o cuarto crecente que había ese día, enfocamos cara a Xúpiter e vimos as catro lúas galileanas, tal e como as descubriu Galileo no século XVII. Ademais, aprendimos a orientarnos situando a estrela polar e o resto de constelacións circunpolares.
