Matemáticas

Obradoiro de Enxeñería de caminos para os 3ºESO

O vindeiro martes 9 de abril, obradoiros organizados polo departamento de matemáticas en colaboración coa escola técnica superior de enxeñería de camiños, canais e portos.

caminos

Os obradoiros terán unha duración de dúas sesións de clase e, terán lugar no aula ordinaria do grupo.

Os horarios da actividade son:

 

Grupo Horario
3º C
de 8:45 a 10:25
3º B de 10:40 a 12:20
3º D
de 12:35 a 14:15
3º A
de 16:20 a 18:00

Club de ciencia matemático: resumo dunhas xornadas gratamente satisfactorias

Os pasados 28 e 30 de xaneiro, un grupo de 46 alumnos/as con interese polas matemáticas participaron no obradoiro 'Métete coas Mates' do Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar. Felicitar tanto ao profesorado pola súa implicación con este noso 1º Club de Ciencia, coma sobre todo ao alumnado que demostrou un grande interese, curiosidade e habilidade.

A primeira sesión adicouse a actividades matemático-manipulativas mediante a construcción dun calendario en forma de dodecaedro personalizado, coma non pode ser doutro xeito, co logo do 800 aniversario de Betanzos e o logo do instituto. Se alguén o desexa pode descargalo aquí.

Tamén se construiu un caleidociclo hexagonal conmemorativo con catro imaxes: o logo do instituto, o logo de Betanzos 800 anos, un recordatorio do noso 1º club de ciencia e unha imaxe da forma orixinal do templete do estanque do retiro do parque do pasatempo, cedida esta última amablemente polos responsables da revista Casa dos Espellos. Podédelo descargar na presentación explicativa enlazada neste mesmo parágrafo.

A maiores, deseñáronse reloxos matemáticos que se instalarán nalgunhas aulas para dar a hora de forma orixinal.

A segunda sesión consistiu nunha exitosa e divertida ' Xincana matemática' onde o alumnado realizou unha competición matemática por equipos.

A todos os participantes, gracias. Vémonos na próxima.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Xaneiro 'Métete coas Mates'

Próximo obradoiro do club de ciencia 'Métete coas mates'

Anunciamos o título e datas do vindeiro obradoiro do club de ciencia. Lembrade que podedes pertencer ao club e asistir a todos os obradoiros ou anotarvos nas plantillas que haberá nas corcheiras de cada aula a obradoiros puntuais. 

Este mes de xaneiro, para combatir a friaxe...club ciencia mates

Obradoiro organizado polo Departamento de Matemáticas con divertidas actividades intelectuales e manipulativas relacionadas co mundo matemático.

Os días 28 e 30 de Xaneiro en horario de 16:20 a 18:00

Algún dos contidos:

Presentación 'Caleidociclo Aguiar'

 

Chegou aos nosos oídos: Ana Ruiz triathleta solidaria

 

ana ruiz triathlon

O pasado 15 de Setembro, a profesora de Matemáticas e Matemáticas Bilingue, Ana Ruiz non só acadou o reto de rematar o IV VertiAtlon Solidario de Baiona, senon que conseguiu subir ao podio coma 2ª clasificada na súa categoría.

Parabéns, Ana polos teus éxitos deportivos.

Aviso alumnado sección Bilingüe Matemáticas 3º e 4º da ESO

mate

 

 

 

 

Infórmase ao alumnado da sección bilingüe de matemáticas de que NON compre libro de texto en castelán. O centro proporcionaralles un libro de texto en inglés.

 

 

 

 

Premios. Esopías 2018

A maxia do enigmático número “pi” trasladada ao mundo da creación literaria...iso veñen sendo as esopías. Colla vostede unha idea ou historia interesante que quere contar. Axuste o seu relato á estrutura numérica do número “pi” ( xa saben tres catorce dezaseis) e “voilá” acaba de construir vostede unha esopía. Así contado un podería agardar que as tales esopías son auténticos enxendros pero o certo é que os nosos alumnso e alumnas amosan unha capacidade para adecuar fondo e forma auténticamente encomiable. O resultado un feixe de esopías de grande cualidade poética. Parabéns

3º día da Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

 

Mércores 25 de abril. Estamos xa no ecuador da VII Semana da Ciencia e da Tecnoloxía.

Moitos proxectos, xa perfectamente axustados, funcionan sen nengún problema: Arduinos ou Raspberry... OK

O xogo de xincanas, trivials ou procuras na biblio segue a dar unha nota de frenesí investigador ás actividades.

As nosas alumnas fortalecen as súas capacidades expositoras contando aos compañeiros dosutros cursos fazañas de mulleres científicas.

Recibimos, ledos, a visita dunha compañeira docente no Cruz do Sar de Bergondo, nai de ex alumna e grande investigadora das primeras mulleres que se adicaron á matemática en Galicia. Recibimos a Matilde Ríos que impartirá a súa conferencia no Salón de Actos.

Por se alguén empeza a notar síntomas de esgotamento por tanta actividade... Soporte Vital Básico. 

Que a forza nos acompañe!

 

 

Sección bilingüe en Navantia. 24.IV.2018

O martes 24 de abril a  sección bilingüe de matemáticas en 3º e 4º da ESO visita as instalación de Navantia en Ferrol.

Coñecer o mundo do mar e da construcción marítima da man dos expertos, e con explicacións en inglés, é o plan que os alumnos e alumnas da nosa sección bilingüe teñen para este martes. Completarán a xornada cunha visita a Pontedeume. Estarán, en todo momento, acompañados polos seus profesores Elvira Charlín e José Antonio Varela.

O Aguiar na XII Feira Matemática

Un ano máis os nosos alumnos (nun grupo cercano a 20 persoas) desprazanse, o sábado 7, ata A Coruña para particioar na Feira Matemñatica. estarán acompañados polos profesores José Antonio Varela e Diego Félix Armesto.

Dende o ano 2000 celébrase en España o 12 de maio como Día Escolar das Matemáticas e en Agapema, na Zona de A Coruña, celebrámolo dun xeito especial, cunha FEIRA MATEMÁTICA.

O lema deste ano para o Día Escolar das Matemáticas é "Matemáticas electorais"l.

A celebración, adicada a todas as etapas do ensino, consiste nunha Feira na que cada Centro, cada profesor, cada grupo de alumnos pode expoñer, vender, mercar unha ou máis propostas didácticas ou actividades entre as que considere oportuno.

Este ano a XII FEIRA MATEMÁTICA celebrámola o 7 de abril, sábado, no Hall de Proa de PALEXCO, dende as 11 h ata as 19 h.

Convocamos tamén tres concursos: de Fotografía Matemática, de Matmonólogos e de Esopías. Para participar nestes concursos, teredes que entrar no MATEBLOG, que estará aberto para o envío de obras ata o 31 de marzo. Os concursos están abertos a todos os que queiran participar, sexan estudantes de calquer nivel, profesores ou calqueira que o desexe. (Ver premiados no concurso do ano pasado)

 

Chegou aos nosos oídos...Guido I. Novoa e o concurso "Explícoche matemáticas 2.0"

 

Chegou aos nosos oídos...grazas ao aprezado ex alumno Guido ignacio Novoa, a convocatoria dun interesante concurso: "Explícoche matemáticas 2.0". 

 

Explícoche matemáticas 2.0 é un concurso que convoca a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, que xa vai pola súa sétima edición, cuxo obxectivo é promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas e estimular a creatividade do alumnado cos medios audiovisuais.

 

Pode participar o alumnado das universidades públicas de todo o Estado español de todas as titulacións de grao, mestrado e doutoramento, así como alumnado de 3º e 4º da ESO e de bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia e comunidades limítrofes en grupos cun máximo de tres estudantes dirixidos por un profesor ou profesora.

O obxecto de Explícoche Matemáticas 2.0 son vídeos nos que se aborde un tema relacionado coas matemáticas, ben desde un punto de vista formal (definición dun concepto, un teorema, idea intuitiva e/ou aplicación),ou ben, cun carácterdivulgador, reflectindo como se utilizan as matemáticas na vida cotiá, na cultura, na arte ou na sociedade. Os vídeos deben ter unha duración de entre 1:30 e 2:30 minutos e vehicularse en galego. E poderán utilizar calquera recurso multimedia, audiovisual ou artístico.

O prazo para presentar os vídeos remata o 6 de abril de 2018, para o cal os concursantes deberán subilo a unha canle de Youtube e achegar o URL do vídeo, os datos de contacto, informe e autorizacións a <zmatdeca@usc.es> e ao enderezo físico do Decanato da Facultade de Matemáticas

 

Hai catro premios. Un para a categoría A (alumnado da ESO e de bacharelato) e dous para a categoría B (graos, por unha banda, e mestrado e doutoramento pola outra), dotados con 200 euros cada un. E un cuarto premio de 100 euros para o premio mellor valorado polos internautas.

Consulta as bases do certame para este curso 2017-2018!

 

Distribuir contido