Club de ciencia matemático: resumo dunhas xornadas gratamente satisfactorias

Os pasados 28 e 30 de xaneiro, un grupo de 46 alumnos/as con interese polas matemáticas participaron no obradoiro 'Métete coas Mates' do Club de Ciencia do IES Francisco Aguiar. Felicitar tanto ao profesorado pola súa implicación con este noso 1º Club de Ciencia, coma sobre todo ao alumnado que demostrou un grande interese, curiosidade e habilidade.

A primeira sesión adicouse a actividades matemático-manipulativas mediante a construcción dun calendario en forma de dodecaedro personalizado, coma non pode ser doutro xeito, co logo do 800 aniversario de Betanzos e o logo do instituto. Se alguén o desexa pode descargalo aquí.

Tamén se construiu un caleidociclo hexagonal conmemorativo con catro imaxes: o logo do instituto, o logo de Betanzos 800 anos, un recordatorio do noso 1º club de ciencia e unha imaxe da forma orixinal do templete do estanque do retiro do parque do pasatempo, cedida esta última amablemente polos responsables da revista Casa dos Espellos. Podédelo descargar na presentación explicativa enlazada neste mesmo parágrafo.

A maiores, deseñáronse reloxos matemáticos que se instalarán nalgunhas aulas para dar a hora de forma orixinal.

A segunda sesión consistiu nunha exitosa e divertida ' Xincana matemática' onde o alumnado realizou unha competición matemática por equipos.

A todos os participantes, gracias. Vémonos na próxima.

Álbum: Club ciencia 2018-2019 -> Club Ciencia Xaneiro 'Métete coas Mates'