2º Bacharelato

Charla sobre as ABAU da USC

07/01/2024
Etc/GMT+1

Charla sobre as ABAU para alumnado de 2º de BAC.

Visita a Sta. María do Azougue

14/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de Historia da Arte de 2º BAC C visita Sta. María do Azougue, guiados por Julián Ferrer, exprofesor do noso instituto e voluntario na igrexa.

 

 

 

 

Visita a Sta. María do Azougue

13/12/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de Historia da Arte de 2º BAC D visita Sta. María do Azougue, guiados por Julián Ferrer, exprofesor do noso instituto e voluntario na igrexa.

Viaxe cultural a Grecia

21/10/2023
25/10/2023
Etc/GMT+1

25 alumnos e alumnas de Bacharelato participan nunha visita cultural a Grecia, onde percorren Atenas, Delfos, a acrópole de Micenas, o teatro de Epidauro...

Acrópole

Visita guiada ao Pasatempo

11/10/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de Antropoloxía de 2º de Bacharelato participa nunha visita guiada ao Pasatempo.

Obradoiro‐Concerto “Onda Sonora” en conmemoración o Día Europeo das Linguas

26/09/2023
Etc/GMT+1

O alumnado de 2º de Bacharelato asiste a unha sesión que repasa a historia do rap/ hip hop internacional e galego na sala Xulio Cuns.


Organiza o Concello de Betanzos dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña.

Visita guiada ao Betanzos Medieval

 

O pasado 12 de abril, o alumnado da materia de Historia da Música e da Danza realizaron unha visita guiada ao Betanzos Medieval. 

 

Tamén acudiron ao Museo das Mariñas. 

 

Proxección do documental "Dores"

28/04/2023 08:25
28/04/2023 09:45
Etc/GMT+2

Os grupos de 2º de Bacharelato asisten á proxección do documental "Dores", sobre os campos de concentración franquistas. 

 

Dúas entregas máis de "SON AGUIAR", a radio do IES Francisco Aguiar

Comezamos coa radio! Efectivamente, a radio da Biblio xa está funcionando!! Xa son varios os podcast que temos gravado, e... seguimos!! Aquí tedes un podcast improvisado que fixemos  con alumnado de 2ºde Bacharelato, falando, precisamente, diso, da intensidade do curso de 2º de Bacharelato. Fixemos un percorrido polo curso, analizando os aspectos positivos e negativos e consellos para as "xeneracións futuras".  E tamén xa temos dispoñible o que gravamos hoxe no segundo recreo de ESO sobre Mexicanismos.

Non volo perdades!!

Moitísimas grazas ao alumnado pola súa participación. 

E lembrade!! Seguiremos gravando podcast  nos recreos: 
1-3º ESO: 2º recreo dos luns.
4ºESO -BAC: recreo dos venres.
 
Achégate e vive a experiencia da radio! Non te arrepentirás!
 
Alba Alonso. Dinamizadora da Biblio.

Visita ao Museo das Mariñas

12/04/2023
Etc/GMT+2

O alumnado de 2º de Bacharelato, da materia Historia da Música e da Danza, visita o Museo das Mariñas, onde relacionarán a a historia da música coa arte e e a cultura en xeral.

Distribuir contido