2º Bacharelato

Martes 21 maio entrega de notas de 2º de BAC e charla de dirección e orientación acerca das probas de ABAU

O martes 21 será o día de entrega de notas ao alumnado de 2º de BAC, será de 11:00 a 11:15. Posteriormente, ás 12:00 haberá unha charla informativa acerca das probas ABAU a cargo de dirección e departamento de Orientación.

Na charla se informará acerca das normas de ABAU e o rexistro na aplicación NERTA.

 

Adrián Vázquez Rodriguez terceiro clasificado no Concurso Parnaso 2019 a nivel nacional

SEECComprácenos compartir convosco esta boa nova. O noso alumno Adrián Agustín Vázquez quedou terceiro clasificado no certame nacional da proba Parnaso acadando a puntuación de 9. Para o seu profesor, Francisco Calaza e para toda a comunidade do 'Aguiar' este feito é motivo dun profundo orgullo. Parabéns 

Adrián Vázquez Rodriguez gañador do Concurso Parnaso 2019 na Sección de Galicia

A SEECGalicia (Sección Galega da Sociedade Española de Estudos Clásicos ) ven de comunicarnos que o noso alumno , Adrián Agustín Vázquez Rodriguez, foi o ganador do Concurso Parnaso 2019 na Sección de Galicia e pasará, polo tanto, a participar na fase estatal do concurso. Reciban os parabéns o ganador e o seu profesor José Francisco Calaza Fernández.

proba parnaso

 

Crónica da pasada charla do CITIUS por Adrián Vázquez 2ºBAC

Charla Interactiva CITIUS

crónica de Adrián Vázquez Rico 2º BAC TICII


O día 8 de Abril tivemos a honra de recibir no noso centro a Alberto, Manuel, e Purificación, unhos enxeñeiros infromáticos que viñeron dende o CITIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) de Santiago para darnos unha conferencia sobre a Intelixencia Artificial e a Computación Evolutiva moi amena e interesante.

Primeiro ámbolos tres se presentaron e nos contaron algunhas das labores que levaban a cabo neste centro como por exemplo:

A continuaión nos formularon a seguinte pregunta: Que é a intelixencia artificial?
E tras varias respostas de algúns alumnos  ( e coa súa axuda claro) demos composto unha definición de este concepto: La inteligencia artificial ( IA) es la simulación de procesos de inteligencia humana por parte de máquinas, especialmente sistemas informáticos. Estos procesos incluyen el aprendizaje (la adquisición de información y reglas para el uso de la información), el razonamiento (usando las reglas para llegar a conclusiones aproximadas o definitivas) y la autocorrección.

Despois Manuel nos falou dos diferentes tipos de IA que existen:

  • Sistemas que pensan como humanos: automatizan actividades como a toma de decisións, a resolución de problemas e o aprendizaxe, método polo que a través de unha clasificación  de errores e acertos vai evolucionando. Un exemplo son as redes neuronales artificiais.
  • Sistemas que actúan como humanos: tratase de computadoras que realizan tarefas de forma similar a como o fan as persoas. É o caso dos robots.
  • Sistemas que pensan racionalmente: intentan emular o pensamento lóxico racional dos humanos, é dicir, se investiga cómo lograr que as máquinas poidan percibir, razonar e actuar en consecuencia. Os sistemas expertos  englobanse neste grupo.
  • Sistemas que actúan racionalmente: idealmente, son aqueles que tratan de imitar de maneira racional o comportamiento humano, como os axentes intelixentes.


Despois nos mostraron como evolucionaban diferentes obxectos ( primeiro un coche e despois persoas) ante diferentes situación a través demutacións no sea GEN.
Enlace ás probas con coches que permitía modificar o tamaño das rodas,peso e outros aspectos: https://rednuht.org/genetic_cars_2/ 
Con persoas, das que podíamos modificar aspectos como a distancia do paso: https://rednuht.org/genetic_walkers/

Visita a Santiago de Compostela do alumnado de Historia da Arte de 2º de Bacharelato

O vindeiro martes 23 de abril, o alumnado de Historia da Arte acude á capital de Galicia para, acompañados dos profesores de Historia: Xosé Luis Mosquera e Julián Ferrer, visitar 'O Pórtico da Gloria' e o Museo do Pobo Galego entre outros.

visita compostela

Visita a de Heus Coruña planta de producción de penso para gando para alumnado de TI2º BAC e Robótica 1º BAC

O vindeiro martes 9 de abril, organizado por Juan Neira do Departamento de Tecnoloxía. Visita ás instalacións de de Heus en San Pedro de Nós para observar automatización da producción e procesos de fabricación. Asiste o alumnado de Tecnoloxía Industrial II de 2º de BAC e Robótica de 1º BAC.

O horario estimado da saída e chegada é de 10:30 a 11:45

de heus de heus

Charla/Obradoiro "Computación evolutiva" para alumnado de TIC II 2º de Bacharelato dentro da programa "A ponte entre o Ensino Medio e a USC"

 

 

O vindeiro luns 8  abril, obradoiro de "Computación evolutiva" para alumnado de TIC 2BAC, no aula de Informática 1, de 9:35 a 11:15 a cargo de Alberto Bugarín Diz.

Organizada polos departamentos de Orientación e Tecnoloxía, dentro do programa 'A Ponte' da Universidade de Santiago de Compostela.

 

 

Imaxes da participación do noso alumnado da olimpiada de traducción de textos clásicos.

Álbum: Actividades 2018-2019 -> Participación na olimpiada de traducción de textos clásicos
Distribuir contido