Actividades
Proxecto Terra 2021/2022
Enviado por carlos o Lun, 13/06/2022 - 11:29Visita ao Muncyt de 3º de ESO
O pasado martes 21 de decembro o alumnado de 3º ESO visitou o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología ( MUNCYT) na Coruña.
O departamento de Tecnoloxía organizou dúas quendas durante a mañá, cada unha de cincuenta alumnos e alumnas.
A visita constaba dun obradoiro de Nanotecnoloxía (onde tamén realizaron esferificacións con alginto sódico e cloruro cálcico) e un percorrido guiado por algunhas exposicións do museo, con especial interese polas salas dedicadas ás inventoras e inventores españois.
Charla sobre a saúde na era poscovid, no Espazo Xove de Betanzos
O día 17 de decembro os grupos de 4º de ESO visitarán o Espazo Xove para recibir unha charla impartida pola psicóloga clínica Sara Purcell Sobrino orientada á saúde mental na era poscovid.
Iniciación ás carreiras de orientación
Os grupos de 1º de ESO sairán do instituto e realizarán actividade deportiva na controna do Pasatempo.
Búscase iniciar o alumnado nas carreiras de orientación e ensinar a interpretar mapas, escalas, simboloxía, etc.
Galicia Gamer - Charlas e conferencias con creadores galegos de videoxogos
O alumnado de 2ºC de ESO da materia de Programación acudirá ao evento Galicia Gamer no Espazo Xove.
Album fotográfico do Día da Filosofía
Enviado por carlos o Xov, 18/11/2021 - 13:13Saída de 2º de Ciclo Superior
O alumnado de 2º ano do Ciclo Formativo de Xestión de Vendas saiu onte a dar un paseo formativo polo centro urbano de Betanzos para coñecer a realidade do tecido comercial da vila.
O grupo visitou o mercado de produtos ecolóxicos, de tempada e tamén o mercado de abastos.
O obxectivo é que o alumnado coñeza e poña en valor a importancia que ten o comercio local e de proximidade, que promove unha economía máis sostible, xusta e equilibrada e contribúe a soster e mellorar a rendibilidade económica da vila.
Visita ao Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT)
O martes 21 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 3º de ESO visitará en dúas quendas o Museo de Ciencia e Tecnoloxía, na Coruña.
Conferencia "A lingua galega: unha oportunidade"
No Día Europeo das Linguas (28 de setembro), o filólogo Manuel Núñez Singala visitará as aulas de 1º de Bacharelato D e E para dar unha conferencia sobre as oportunidades que ofrece a nosa lingua.
Exposición no Liceo das fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO (curso 2021/22)
Entre os días 5 e 29 de outubro o edificio Liceo de Betanzos acollerá unha exposición coas fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO no curso 2020/21.
Animamos a toda a comunidade educativa a visitar a exposición e admirar as fotos realizadas polo alumnado.
